07 dezembro 2006

MÚSICA E INTELIXENCIA ARTIFICIAL A TRAVÉS DO ORDENADOR

María Lagoa Jamardo

Un ordenador é un sistema dixital capaz de procesar datos a partir dun grupo de instruccións, denominado programa. En resumo, o ordenador é unha dualidade entre hardware (parte física) e software (parte lóxica).

EDSAC foi o nome que se lle deu ao primeiro ordenador do mundo, que foi desenvolvido na Universidade de Cambrige polo equipo de Maurice V.Wilkis, posto en marcha en Abril de 1949.

Desde a invención dos ordenadores moitos compositores probaron modelos matemáticos que foron pensados para incorporar procesos de composición musical, tales como os sistemas combinatorios, que conseguiron crear unha música interesante e desde entón avanzaouse moito na utilización de formalismos matemáticos e modelos de computación na composición.


Boulez e os traballos estocásticos de Xenakis son uns exemplos excepcionais. A música culturalmente nunca foi tan complexa coma nestes momentos. Os cambios prodúcense a unha velocidade moi grande. A estética non evoluciona tan rápido como os avances tecnolóxicos. Vivimos nunha sociedade high- tech, que é a do Século XXI. A teoría non contempla os novos sintetizadores e as vías que inventamos para traballar co sonido: usar o ordenador como un asistente na composición dunha peza de música.

O ordenador toma unha idea xeral e desenvovle partituras ou ben audio grabado. Os
sonidos resultantes non teñen a calidade artística inherente ao talento humano, pero sen duda son un interesante grupo de notas.

Etiquetas: , ,

ARBITRAXE ELECTRÓNICA NO FÚTBOL

María Jesús Lafuente Campos

O fútbol, que manexa cantidades inxentes de diñeiro, fixo ata o momento pequenos escarceos e incursións no mundo da tecnoloxía, pero aíndaa se resiste a adoptala con todas as consecuencias e parece decidido a vivir de costas ás posibilidades que lle ofrece o progreso técnico.


Porén, dou algúns pasos, e os árbitros foron os seus principias protagonistas e beneficiarios. A utilización destes adiantos é ben sinxela, afórrase tempo e gañaríanse moitas comodidades na labor anterior e posterior a cada partido. O árbitro sempre leva o ordenador de bolsillo para recibir tódolos datos necesarios para abrir o acta. Antes do partido, o árbitro encende o ordenador de bolsillo e aparécelle a hora, o día, o lugar e os equipos de encontro.



Cando o árbitro chega ao estadio, non ten máis que pulsar sobre o dorsal dos xogadores titulares e suplentes e aparécelle na pantalla as 11 camisetas de cada equipo. Cando ocorre algunha incidencia durante o encontro, xa sexa unha tarxeta, un gol ou un cambio de colexiado, non ten máis que pulsar sobre o dorsal do xogador e escoller no menú o tipo de incidencia.

Etiquetas:

04 dezembro 2006

O APAGÓN ANALÓXICO

Daniel Barral de Jesús

A televisión dixital terrestre é un sistema de difusión que utiliza a tecnoloxía para a transmisión da imaxe, o son e servizos interactivos ou de acceso á sociedade da información.
En 2010 a programación televisiva emitirase unicamente en formato
dixital
, o que requirirá adaptarse e suporá certos beneficios:

* Aproveitamento do espectro radioeléctrico (maior número de canles).
* Maior calidade de imaxe e son.
* Maior interactividade.
* Mezclar sinais dixitais con sinais doutro tipo posibilitando o subministro de novos servizos a través dunha mesma rede, así como aplicacións multimedia.
* O
TDT
tamén permite formatos mellorados de vídeo (panorámico ou 16:9), así como un son dixital multicanal/multilingüe, son dixital Dolby 5.1 e subtítulos en diversas linguas.
* O TDT posibilita o acceso a
servizos interactivos
baseados no estándar MHP (Multimedia Home Platform): guías electrónicas de programación (EPG), enquisas, concursos, etc.

A televisión por ondas hercianas, cabo ou satélite ten, cada unha delas, un papel a desempeñar no futuro. O TDT carece do
ancho de banda do cabo
(que é a cantidade máxima de datos que poden pasar por un camiño de comunicación nun momento dado: canto maior sexa o ancho de banda máis datos poderán circular por ela en cada segundo), ou da universalidade do satélite (que chega a calquera punto da superficie terrestre) pero pode ser recibida de forma portátil e móbil, ten unha capacidade de cobertura de case o 100% e o seu custe de adaptación é mínimo. O TDT, a diferencia da televisión dixital satelital e por cabo, emiten as 24horas do día en aberto e as canles son totalmente gratuítas.



A implantación de
Redes de Frecuencia Única
(XFU), permite que a frecuencia dun único canal múltiple de televisión dixital terrestre se poida repetir en varios transmisores dunha mesma zona xeográfica.

Na altura de 2006, o 38% dos fogares tiñan acceso á televisión dixital vía satélite, o 24,2% polo cabo e o 22,3% a través da TDT.

Etiquetas:

01 dezembro 2006

O QUE HAI DETRÁS DAS CÁMARAS DE TELEVISIÓN

Andrea Tilves Fernández

Todo o mundo estamos acostumbrados a ver os
programas de TV sen saber cantas persoas hai detrás das cámaras. So vemos aos presentadores. Pero detrás de todo iso están os productores, guionistas, presentadores, maquillaxe e perruquería, iluminadores (os eléctricos), técnicos de sonido (os sonoros), realizadores,directores artísticos, rexedores, directores, xefes e axudantes. Se queres saber quen son, a qué se adican estes profesionais, cales son as súas aportacións no resultado final... Atención todos previdos...¡Dentro!



Funcións:

Productores: Consiste en dirixir a organización do programa. Tamén seleccionan ideas, controlan o presuposto e coordinan o equipo de realizacións e direccións.Tamén realizan as tarefas de campo, contratacións, citación e control dos elementos de grabacións. Na grabación propiamente dita non soe haber interferencia por parte da cadea televisiva, a pesar de que é frecuente que a emisora conte na
gravación cun productor delegado coa súa función.

Realizador: a sua labor primordial céntrase na representación do texto. Ten a responsabilidade da posta en escea, dividir os actores, decidir o tratamento visual e sonoro, determinala planificación, seleccionar o material grabado e supervisar a edición do programa. A sua figura equivale a do director de cine.

Focos: Os focos que se utilizan tanto para o público como para o presentador son focos que dan calor. Sobre 20 focos mais o menos os que hai no teito.

Etiquetas:

O AIRBAG PARA MOTOS :

Victoria Sanmarco Dieste

Honda lanza o primeiro
airbag para motos. As probas consistiron en estrelar sendas motos (unha con airbag e a outra sen el) a 72 km/ h, contra o lateral dun vw sarna. O piloto da moto sen airbag sufriría (a pesar do casco) lesións craneais que poderían chegar a ser incompatibles coa vida.


Polo contrario, se fose coa outra moto probada ( a mesma
Honda Goldwing pero con airbag) as súas posibilidades de supervivencia serían mayores.

O airbag non puido evitar o impacto contra o coche, pero conseguiu aminoralo o suficiente para que o piloto non perdese a vida. O conductor do coche saliría prácticamente ileso, a excepción dunha posible fractura á altura da cadeira. Saliu xa en outubro de este ano.

O airbag está pregado dentro dun falso depósito, situado entre o asento e o manillar da moto, susto diante do piloto.

Este módulo incluye, ademáis do airbag, un inflador e unha
centralita que calcula a forza do impacto grazas ós sensores instalados a cada lado da horquilla dianteira da motocicleta.

Cando a moto choca contra un coche ou un obstáculo, estos sensores calculan o cambio de velocidade da motocicleta e envía os datos á ECU. “ Honda invirteu moito tempo e diñeiro no desenvolvemento de este sistema”, comentou unha portavoz da marca. “Trátase dun airbag totalmente novo no mercado, que reduce a gravidade das lesións nas frontais e frontolaterais.”

O airbag reducirá un tercio das mortes dos motociclistas tras un accidente, según o
RACC. O RACC afirma que o airbag “ debe ser unha necesidade de futuro para todos os fabricantes”.

Etiquetas: ,

ROBÓTICA COTIÁ

Jennifer Romero Sanmiguel

Un robot é un dispositivo electrónico xeralmente mecánico que desempeña tarefas automáticamente, xa sexa dacordo á supervisión humana, a través dun programa predefinido ou seguindo un conxunto de regras xerais. Un robot tamén se pode definir como unha entidade feita polo home cun corpo (anatomía) e unha conexión de retroalimentación intelixente que non está baixo a acción directa do ser humano. As accións deste tipo de robots son xeralmente levadas a cabo por motores ou actuadores que moven as extremidades e impulsan ó robot.

Asimismo, o termo robot tamén foi utilizado como termo xeral que define a unha máquina mecánica ou autómata, que imita a un animal, real ou imaxinario; pero actualmente aplícase a moitas máquinas que reemplazan a humanos e animais directamente en certos traballos e xogos. Por último, outro termo, androide, pode referirse a calquera destes, metras que cyborg (“organismo cibernético” ou “home biónico”) pode ser unha criatura que combina partes orgánicas e mecánicas.

Os robots vanse convertir en compañeiros moi comúns nos fogares do planeta no ano 2007 según unha enquisa levada a cabo polas Nacións Unidas. Os robots axudarán máis coa limpeza, a seguridade e o entretemento dentro de tres anos, cando serán xa máis intelixentes e económicos. Ademáis de aspirar as alfombras, os robots realizarán tarefas como cortar o céspede, limpar piscinas e ventás, xogar ó fútbol ou xoguetear na casa. Os robots están sendo utilizados cada vez máis en tarefas como protexer ós seus donos, ser usados en investigacións científicas e incluso en localización de minas antipersoais.


* Crean unha cápsula robot capaz de explorar o interior do corpo humano
Un novo modelo de robot promete revolucionar o
campo médico. Trátase dunha cápsula intelixente que se introduce no corpo humano e que é capaz de percorrer o su interior informando dos seus descubrimentos. Dirixido dende fóra por un médico, pode deterse, avanzar máis depresa ou despacio polo esófago e outros órganos internos, á voluntade do especialista. A seguiente xeración destes aparatos poderá facer operacións quirúrxicas sen necesidade de “abrir” ó paciente.

* Crean un robot que camiña sobre a auga
Un
robot-insecto dun gramo, capaz de camiñar sobre as augas, foi creado por enxeñeiros norteamericanos copiando o modelo empleado polas chinches acuáticas para moverse sobre superficies líquidas. Ademáis de explorar embalses de auga potable en busca de toxinas, estes robots incorporarán cámaras fotográficas que lles permitirán obter imáxes dixitalizadas do entorno. Asimismo podrán descontaminar grandes superficies mariñas e serán tamén indetectables espías militares.

* Diseñan un robot que come moscas para xerar a súa propia enerxía
A idea é producir electricidade mediante as moscas que atrapa e logo dirixe a través de células de combustible especiais que degradarán a glucosa dos esqueletos dos insectos e liberarán electróns que xerarán corrente eléctrica. Polo tanto, a parte inferior do robot terá restos de excremento para atraer ás moscas e isto daralle un mal cheiro.

Etiquetas: ,

O CAD NO AUTOMÓBIL

Noel Miguéns González

O termo diseño de automóbiles asistido por ordenador foi acuñado por Duglas Ras e Dwight Baumann en 1959 e apareceu por primeira vez no ano 1963 nun proxecto creado polo MIT titulado Computer Aided Design Proyect, no que Iván Sutherland desarrolla Sketchpad para a súa tese de doutoramento.




Este foi o primeiro sistema que mediante manipulación directa de gráficos nunha pantalla podía dar instrucións o ordenador.

Os primeiros materiais foron unha pantalla, un lápiz optico e un tableiro de Switches que foron os medios cos que Sutherland contou para organizar este programa interativo orientado a producción de debuxo técnico. Os primeiros que se empezaron a crear facíanse a unha escala de 2000:1.

O deseño de automóbiles asistido por ordenador utilizábase para a representación gráfica de acordo cunha idea dun obxecto gráfico e tamén consiste en especificar as propiedades e cualidades do sistema a deseñar. Isto require un gran esforzo de deseño polo que se realizan varios procesos: Antes de ser sometidos a un proceso de cadea é normal fabricar un prototipo fóra da cadea de montaxe. Os prototipos fanse para detectar os fallos no modelo que se vai fabricar e así podelo mellorar pouco a pouco ata que estea perfecto e non teña ningún erro.



Despois de realizar os
prototipos prodúcese a realización de ensaios para saber se o producto ten algún defecto e se o ten volver atrás e correxilo para que o producto saia perfecto.

Cando se acaba o deseño pásase a outra fase chamada a
fase de documentación que é onde se ten toda a información para a descricion do sistema e os seus compoñentes, os esquemas de montaxe, a lista de compoñentes etc.

Despois de acabar o proceso de documentación constrúese todo o obxecto seguindo todos os pasos para non ter ningún defecto no obxecto e así envialo xa ao mercado para ser utilizado nos coches e para que non teñan ningún problema. Senón, sería unha perda moi importante para os deseñadores e os compradores, que terían que envialo outra vez para correxir os defectos do obxecto, polo que seguen eses pasos para que sala perfecto ao mercado.

Etiquetas: ,

O INCRIBLE MUNDO DO TEATRO TECNOLÓXICO

Silvana Lema Saborido

Hoxe en día todo estase modernizando a través da tecnoloxía, ¡¡incluso o teatro!!.

Aquí veremos dous casos do chamado teatro tecnolóxico,
como as óperas en 3D ou do teatro virtual.

1.
ÓPERAS EN 3D


O Gran Teatro de Liceu de Barcelona, desde que se incendiou en 1994, fixo grandes renovacións que abarcan desde a venta de entradas e abonos ata a recreación virtual.




Entre os recursos máis novedosos cos que conta agora o centro encóntrase Katia, un sistema para a dirección técnica do teatro. Trátase dun programa de enxeñería, con utilidades de realidade virtual, que permite crear representacións virtuais en 3D das escenografías. Deste xeito, pódese analizar a súa viabilidade e facer as modificacións necesarias antes de proceder á súa montaxe física. Ademais, o sistema aporta diversos datos que permiten valorar o tamaño, o peso e os movementos da escenografía, así como a súa visibilidade dende calquera butaca; para iso, utilízase un modelo virtual do escenario e outro da sala.

Tamén estase empezando a traballar con tecnoloxías de realidade virtual aplicadas á producción. Todo isto traducirase en importantes aforros para o teatro, que nunha soa tempada ofrece máis de 40 espectáculos diferentes, o que supón cerca de 300 funcións e máis de 400.000 espectadores.

2.
TEATRO VIRTUAL


O museo da Acrópole
terá un teatro virtual. Na sala mostraranse as diferentes etapas da reconstrucción dos monumentos da Acrópole, en especial dos templos do Partenón e do Erection.

O
novo museo da Acrópole de Atenas
, conxunto de monumentos universais de máis de 25.000 anos de antiguïdade, disporá da 1º sala de realidade virtual no mundo cando abra as súas portas no 2007.

Tamén instalarase na Roca sagrada, onde se erixiron os catro monumentos da Acrópole, un sistema de estancos informativos, e crearase un arquivo dixital do Servizo da Preservación dos monumentos da Acrópole, unha biblioteca electrónica e DVD’s, aos que se terá acesso dende internet.

Etiquetas: ,

Novos inventos musicais: ¿instrumentos ou tecnoloxía?

Nazaret Agrasar Crespo

Algúns inventos teñen cambiado a maneira de producir melodías:



* Unha chaqueta de licra que ensina a dirixir orquestras

Un director pode practicar frente a unha orquestra sintetizada que responde ós seus movementos. Cando unha persoa leva a chaqueta, esta conéctase cun sintetizador de música, o cal automáticamente toca varias pezas.

* O Accordiatron, o acordeón do futuro

O Accordiatron ten unha forma parecida a un acordeón e tócase similarmente a este. Sen embargo, o que produce a música non é o aire comprimido na concertina senón as sinais transmitidas dixitalmente a un ordeador o cal convírteas en sons musicais.

* Cando o movemento crea música

O ‘zapato expresivo’ está formado de sensores instalados na suela que, conectados a un ordeador, responden ás variacións en presión do pé do bailarín. Ó resultado é que non só o baile expresa a música senón que a música expresa o movemento.

* O e-mail musical

Este e-mail comeza a toca-la canción ó ser aberto, sen necesidade de que o seu destinatario esté en línea cando o recibe. Esta innovación é posible grazas á tecnoloxía chamada " Koan Vector Audio", a cal permite escribir música con dez caracteres do ordeador.

* O
sintetizador de vento

É un instrumento musical electrónico que se toca como un instrumento de vento: saxofón, trompeta o clarinete. Moita xente ó ve-lo tocar non nota que se trata dun instrumento electrónico. O instrumento en sí mesmo non produce sons, só secuencias de control para ser reproducidas por un sintetizador de son tradicional.


* Novas guitarras

Etiquetas: ,

A XIMNASIA PASIVA

Noelia Quintáns Doce

A tecnoloxía busca a comodidade das persoas; se non che gusta facer exercicio ou non tes tempo para ir ao
ximnasio , estás de sorte: a tecnoloxía e as novas solucións wellness póñencho fácil, gracias a ximnasia pasiva,unha nova forma de adelgazar e poñerte guapa sen moverte do sofá.



A menudo, os anuncios sobre esta tipo de ximnasia, proclaman resultados milagrosos (rápida perda de peso) mentres que se ignoran e contradín os dogmas básicos de pérdida e o mantemento de peso exitoso (reducción da ingestión de calorías e exercicio físico).

BENEFICIOS:
Coa electroestimulación obtéñense efectos secundarios á contracción muscular, o que produce un gasto enerxético, consume a graxa, aumenta a masa muscular e dá como resultado unha mellor apariencia. Favorece a circulación sanguínea e linfática, entón é favorable á rexeneración de tecidos danados e á reabsorción de edemas e hematomas.
Por outro lado, resulta unha arma moi eficaz contra a reuma, xa que contén efectos antiinflamatorios e combate a rixidez e o
anquilosamento dos músculos.
INCONVENIENTES:
Non existe consenso entre os profesionales sobre se a ximnasia pasiva adelgaza ou non. Segúndo os eapecialistas, esta técnica é boa como método de
fisioterapia, pero non permite reducir peso. Ademais según estes detractores, o exercicio que fan os aparatos de ximnasia pasiva estimulan o músculo e producen unha contracción que o levantan durante unhas poucas horas, pero despois o músculo volve a caer.

Etiquetas: ,

A TECNOLOXIA NO SKATEBOARDING



Pedro Piñeiro Rodríguez

O
skateboarding
xurdiu como alternativa ao surf nas soleadas praias californianas nos anos 60. Por aquel entón, California era o epiceno desde o que se exportaba o surf ao resto do mundo. O skate seguía a mesma ruta, pero non se considereaba un deporte, senón a forma na que os surfistas pasaban o rato na espera das ondas. Así, o primero monopatín xurdiu ao poñerlle rodas a unha táboa de surf.

É a partir dos anos 70 cando o skate consigue separarse do
surf
e se convirte nun deporte independente. Comezan a aparecer os skaters practicando sobre rampas de asfalto, xirando e emulando as manobras surfeiras. A revolución estaba en marcha, e non so os mozos se deixaban seducir por este deporte, tamen os melancólicos do surf. Aparecen os primeiros skate-park e se comezan a utilizar piscinas de fondo curvado para realizar as piruetas, dando lugar aos que hoxe coñecemos como half-pipe. Pouco a pouco, pasouse das primeiras táboas con rodas pesadas e pouco manexables ata as máis actuais, con rodas máis pequenas e construídas de materiais específicos. Chad Muska é posiblemente o mellor skater actual, este derrocou ao rei Tony Hawk.
Agora expoñémosvos algúns dos trucos máis coñecidos:


* Ollie: Facer un salto sen agarrar a táboa coas mans.
* Grab: Realizar unha manobra agarrando a táboa cunha man.
* Fackie: Ir marcha atrás.
* Switch Stance: Patinar ao revés, é dicir, cambiando os pés de posición.
* Flips: Saltar volteando o patín no aire cunha patada.
* Tail Slide: Resbalar sobre o bordillo coa cola (parte traseira) da táboa.
* Nose Slide: Resbalar sobre o bordillo coa nariz (parte dianteira) da táboa.
* Grind: Resbalar polo bordillo co eixo, a táboa no lado do debuxo (boardslide) ou pola lixa (casperslide); este último truco so o fai Rodney Mullen.


A continuación falámosvos dos materias ideais para cada tipo de manexo:

- A táboa de skate determina que tipo de probas poderás facer co teu skate. Antes de facer unha compra, considera os materiais da tua táboa de skate, lonxitude, ancho, punta, cola, bordes e a sua forma en xeral. As táboas de madeira dan a mellor resposta e á vez a madeira é o material máis común para as táboas. Os skates de plástico teñen unha grande durabilidade pero non responden tan ben como os de madeira. Atoparás tamen táboas feitas de aluminio e fibra de vidro.

- Consigue rodas duradeiras:
Cando elixas un set de rodas de skate, considera o tamaño e a dureza. A maioria das rodas teñen un
durómetro
, pero podes comprar unhas de “durómetro dual”, as cales poseen un centro, o núcleo máis duro, rodeado por unha área de superficie de contacto máis blanda. .
* Rodas de skate 87A: é unha boa elección para skates longos, estilo cruising, pendentes. Moi boas para superficies irregulares.
* Rodas de skate 95A: ideais para un estilo street e non perder o control nos baches.
* Rodas de skate 97A: boas en todo tipo de superficies lisas, como parques, rampas e olas.
* Rodas de skate 100A: usadas polos pro's, son rodas moi duras con pouca tracción.

- Selecciona os trucks correctos:
* Os trucks de skate, ou eixos de skate, sosteñen as rodas á táboa de skate e permiten xirar. A maioria dos trucks de skate veñen nun rango de 12 a 14cm, e pesan entre 310 e 400grs. Cando compres trucks de skate recorda que un truck máis grande fará o teu andar máis estable. Sen embargo, canto máis grande sexan os trucks, máis pesados serán. Alguns fabricantes atoparon maneiras de aliviar o truck mantendo a estabilidade usando
titanio e outras
aliaxes de metais máis lixeiros.

Etiquetas:

A CLONACIÓN


Alberto Otero García

En xenética,a clonación é o proceso de facer copias de un fragmento concreto de ADN, normalmente dun
xene. Para conseguilo, aíslase o pedazo de ADN que se vai a clonar e introdúcese nun microorganismo (que adoita ser unha bacteria ou un ovocito) para obter un gran número de copias dese fragmento de ADN grazas á reprodución do microorganismo.



Tamén se pode definir un clon como un organismo multicelular que é xeneticamente idéntico a outro. Este proceso de clonación é simple: primeiro cóllese o núcleo dunha célula adulta e introdúcese nun óvulo sen núcleo para fecundalo; ese óvulo pronto comezará a dividirse ata formar un embrión e un novo individuo coa misma dotación xenética do doante da célula.

Porén, este sistema dou lugar a algúns inconvenientes, como o exemplo da famosa ovella Dolly que morreu por problemas similares aos dunha vellez prematura. Este fenómeno é producido porque a célula da que estraeron o ADN era xa adulta; iso significa que se tiña dividido varias veces antes da clonación, polo que a lonxitude dos
telómeros era moi baixa, o que produciu que as células se deixasen de reproducir antes do normal, polo que se dou a vellez prematura.


Un exemplo de clonación na natureza son os xemelgos univitelinos, que se chaman así porque proceden dun mesmo
cigoto. Estes seres comparten a misma dotación xenética polo que se poden chamar clons un do outro.

Hai outro tipo de clonación que se denomina clonación terapéutica. O proceso de obtención das células é o mesmo có da clonación de individuos.

A clonación terapéutica consiste en conseguir tecidos, e incluso órganos, mediante a clonación de células do paciente. Coa clonación terapéutica non sería necesario esperar a que faleza un doante para extraer a doazón, xa que os inxertos produciríanse en función das necesidades, e como proceden do propio receptor as posibilidades de rexeitamento son mínimas. Este tipo de clonación serviría para o tratamento de queimaduras e perdas de pel, así como para realizar transplantes, xa que con este método pódese chegar a obter órganos humanos.

Estes avances poden reflectir esperenzas alentadoras e poderiamos pensar que xa está todo resolto e que se poderían empezar a utilizar pero, por desgraza, non é así, xa que estes procesos distan de ser de todo fiables e de poderse traballar con seres humanos.
Teremos que esperar a que apareza un novo Einstein e resolva os milleiros de enigmas que agacha o mundo da clonación, pero ata o de agora xa lle adiantaron o traballo centos de científicos en todo o mundo.

Etiquetas: ,

DOMÓTICA: A CASA AUTOMÁTICA


Adrián Castroagudín Silva

O termo domótica
procede da unión das palabras domus (casa en latín) e robótica (robota: escravo en Checo).
Enténdese por domótica o conxunto de sistemas capaces de automatizar unha vivenda, aportando servizos de xestión enerxética, seguridade, benestar e comunicación que poden estar integrados por medio de redes interiores e exteriores de comunicación, cableados ou inalámbricos.





Poderíase definir como a integración da tecnoloxía no deseño intelixente dun recinto.



A aplicación da domótica nunha vivenda logra un incremento da comodidade grazas á automatización do control de luces, persianas, fiestras, cortinas e enchufes. Por poñer un exemplo, un sistema domótico pode baixar as persianas cando chove, para que non se mollen os cristais ou cando fai sol.

A domótica persigue a optimización na xestión de consumos: enerxía eléctrica, gas, recursos hídricos e persigue un uso das enerxías renovables como a solar, a xeotérmica
e a eólica. Nas casas domóticas, sempre ten que haber placas solares no tellado.

Hoxe en día unha vivenda é algo vivo


Outra das vantaxes é a automatización de tarefas: rega, encendido dos servizos a certas horas...

A seguridade tamén se logra neste tipo de construcións por medio de alarmas, vixiancia antiincendios e deteción de fugas de gas e de auga.

A domótica céntrase en catro aspectos fundamentais
1. Mellora da comodidade
2. Aporta máis
seguridade
3. Permite novas formas de comunicación
4. Reduce dos gastos enerxéticos


Os sistemas domóticos constan dun ou varios elementos, dos que podemos facer a seguinte clasificación:
- Controlador:é a central que xestiona todo o sistema.
- Activador: é o dispositivo capaz de recibir unha orden do controlador e efectuala.

- Sensor: é o dispositivo que está monitorizando permanentemente un entorno coa finalidade de avisar ao controlador para que este lle dea unha orde ao activador, como por exemplo: activar un interrutor

Etiquetas: , ,