A TECNOLOXIA NO SKATEBOARDING
Pedro Piñeiro Rodríguez
O skateboarding xurdiu como alternativa ao surf nas soleadas praias californianas nos anos 60. Por aquel entón, California era o epiceno desde o que se exportaba o surf ao resto do mundo. O skate seguía a mesma ruta, pero non se considereaba un deporte, senón a forma na que os surfistas pasaban o rato na espera das ondas. Así, o primero monopatín xurdiu ao poñerlle rodas a unha táboa de surf.
É a partir dos anos 70 cando o skate consigue separarse do surf e se convirte nun deporte independente. Comezan a aparecer os skaters practicando sobre rampas de asfalto, xirando e emulando as manobras surfeiras. A revolución estaba en marcha, e non so os mozos se deixaban seducir por este deporte, tamen os melancólicos do surf. Aparecen os primeiros skate-park e se comezan a utilizar piscinas de fondo curvado para realizar as piruetas, dando lugar aos que hoxe coñecemos como half-pipe. Pouco a pouco, pasouse das primeiras táboas con rodas pesadas e pouco manexables ata as máis actuais, con rodas máis pequenas e construídas de materiais específicos. Chad Muska é posiblemente o mellor skater actual, este derrocou ao rei Tony Hawk.
Agora expoñémosvos algúns dos trucos máis coñecidos:
* Ollie: Facer un salto sen agarrar a táboa coas mans.
* Grab: Realizar unha manobra agarrando a táboa cunha man.
* Fackie: Ir marcha atrás.
* Switch Stance: Patinar ao revés, é dicir, cambiando os pés de posición.
* Flips: Saltar volteando o patín no aire cunha patada.
* Tail Slide: Resbalar sobre o bordillo coa cola (parte traseira) da táboa.
* Nose Slide: Resbalar sobre o bordillo coa nariz (parte dianteira) da táboa.
* Grind: Resbalar polo bordillo co eixo, a táboa no lado do debuxo (boardslide) ou pola lixa (casperslide); este último truco so o fai Rodney Mullen.
A continuación falámosvos dos materias ideais para cada tipo de manexo:
- A
- Consigue rodas duradeiras:
Cando elixas un set de rodas de skate, considera o tamaño e a dureza. A maioria das rodas teñen un durómetro, pero podes comprar unhas de “durómetro dual”, as cales poseen un centro, o núcleo máis duro, rodeado por unha área de superficie de contacto máis blanda. .
* Rodas de skate 87A: é unha boa elección para skates longos, estilo cruising, pendentes. Moi boas para superficies irregulares.
* Rodas de skate 95A: ideais para un estilo street e non perder o control nos baches.
* Rodas de skate 97A: boas en todo tipo de superficies lisas, como parques, rampas e olas.
* Rodas de skate 100A: usadas polos pro's, son rodas moi duras con pouca tracción.
- Selecciona os trucks correctos:
* Os trucks de skate, ou eixos de skate, sosteñen as rodas á táboa de skate e permiten xirar. A maioria dos trucks de skate veñen nun rango de 12 a 14cm, e pesan entre 310 e 400grs. Cando compres trucks de skate recorda que un truck máis grande fará o teu andar máis estable. Sen embargo, canto máis grande sexan os trucks, máis pesados serán. Alguns fabricantes atoparon maneiras de aliviar o truck mantendo a estabilidade usando titanio e outras aliaxes de metais máis lixeiros.
Etiquetas: DEPORTE
0 Comentários:
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial