DOMÓTICA: A CASA AUTOMÁTICA
Adrián Castroagudín Silva
O termo domótica procede da unión das palabras domus (casa en latín) e robótica (robota: escravo en Checo).
Enténdese por domótica o conxunto de sistemas capaces de automatizar unha vivenda, aportando servizos de xestión enerxética, seguridade, benestar e comunicación que poden estar integrados por medio de redes interiores e exteriores de comunicación, cableados ou inalámbricos.
Poderíase definir como a integración da tecnoloxía no deseño intelixente dun recinto.
A aplicación da domótica nunha vivenda logra un incremento da comodidade grazas á automatización do control de luces, persianas, fiestras, cortinas e enchufes. Por poñer un exemplo, un sistema domótico pode baixar as persianas cando chove, para que non se mollen os cristais ou cando fai sol.
A domótica persigue a optimización na xestión de consumos: enerxía eléctrica, gas, recursos hídricos e persigue un uso das enerxías renovables como a solar, a xeotérmica e a eólica. Nas casas domóticas, sempre ten que haber placas solares no tellado.
Hoxe en día unha vivenda é algo vivo
Outra das vantaxes é a automatización de tarefas: rega, encendido dos servizos a certas horas...
A seguridade tamén se logra neste tipo de construcións por medio de alarmas, vixiancia antiincendios e deteción de fugas de gas e de auga.
A domótica céntrase en catro aspectos fundamentais
1. Mellora da comodidade
2. Aporta máis seguridade
3. Permite novas formas de comunicación
4. Reduce dos gastos enerxéticos
Os sistemas domóticos constan dun ou varios elementos, dos que podemos facer a seguinte clasificación:
- Controlador:é a central que xestiona todo o sistema.
- Activador: é o dispositivo capaz de recibir unha orden do controlador e efectuala.
- Sensor: é o dispositivo que está monitorizando permanentemente un entorno coa finalidade de avisar ao controlador para que este lle dea unha orde ao activador, como por exemplo: activar un interrutor
Etiquetas: ARQUITECTURA, COMUNICACIÓNS, INFORMÁTICA
3 Comentários:
viva eu
me echaron droja en el colacao,
keys, si estudiaras...
BOAS TARDES!
LEVO INTENTANDO SUBIR A SEGUNDA IMAXE XA NON SEI CANTO TEMPO...
INTENTEINO DE MIL FORMAS PERO NADA, NON DOU...
ASÍ QUE VAS CUNHA SOA, QUE SE LLE VAI FACER.
POR CERTO, DO CINTO DE JAGUAI XA TE PODES IR ESQUECENDO
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial