01 dezembro 2006

A CLONACIÓN


Alberto Otero García

En xenética,a clonación é o proceso de facer copias de un fragmento concreto de ADN, normalmente dun
xene. Para conseguilo, aíslase o pedazo de ADN que se vai a clonar e introdúcese nun microorganismo (que adoita ser unha bacteria ou un ovocito) para obter un gran número de copias dese fragmento de ADN grazas á reprodución do microorganismo.



Tamén se pode definir un clon como un organismo multicelular que é xeneticamente idéntico a outro. Este proceso de clonación é simple: primeiro cóllese o núcleo dunha célula adulta e introdúcese nun óvulo sen núcleo para fecundalo; ese óvulo pronto comezará a dividirse ata formar un embrión e un novo individuo coa misma dotación xenética do doante da célula.

Porén, este sistema dou lugar a algúns inconvenientes, como o exemplo da famosa ovella Dolly que morreu por problemas similares aos dunha vellez prematura. Este fenómeno é producido porque a célula da que estraeron o ADN era xa adulta; iso significa que se tiña dividido varias veces antes da clonación, polo que a lonxitude dos
telómeros era moi baixa, o que produciu que as células se deixasen de reproducir antes do normal, polo que se dou a vellez prematura.


Un exemplo de clonación na natureza son os xemelgos univitelinos, que se chaman así porque proceden dun mesmo
cigoto. Estes seres comparten a misma dotación xenética polo que se poden chamar clons un do outro.

Hai outro tipo de clonación que se denomina clonación terapéutica. O proceso de obtención das células é o mesmo có da clonación de individuos.

A clonación terapéutica consiste en conseguir tecidos, e incluso órganos, mediante a clonación de células do paciente. Coa clonación terapéutica non sería necesario esperar a que faleza un doante para extraer a doazón, xa que os inxertos produciríanse en función das necesidades, e como proceden do propio receptor as posibilidades de rexeitamento son mínimas. Este tipo de clonación serviría para o tratamento de queimaduras e perdas de pel, así como para realizar transplantes, xa que con este método pódese chegar a obter órganos humanos.

Estes avances poden reflectir esperenzas alentadoras e poderiamos pensar que xa está todo resolto e que se poderían empezar a utilizar pero, por desgraza, non é así, xa que estes procesos distan de ser de todo fiables e de poderse traballar con seres humanos.
Teremos que esperar a que apareza un novo Einstein e resolva os milleiros de enigmas que agacha o mundo da clonación, pero ata o de agora xa lle adiantaron o traballo centos de científicos en todo o mundo.

Etiquetas: ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial