02 dezembro 2009

AS CÁMARAS DIXITAIS: EVOLUCIÓN E VANTAXES

Raquel Llerena

O 19 de agosto de 1839 anunciouse que Louis Daguerre descubriría un procedemento para fixar a imaxe da cámara escura
por acción da propia luz. Aínda que o proceso era bastante primario e esixía a exposición á luz durante media hora, causou un grande impacto. Terían que pasar 40 anos para que as fotografías fixeran acto de presencia en xornais ou páxinas de libros. Ata o 1839 todos os documentos visuais eran debuxos, grabados ou pinturas. Ao principio utilizábanse cámaras xigantescas, de sobre 20x16 pulgadas. A situación cambiou nos 70 e 80, coa introducción de cámaras pequenas e manexables que posibilitaban a toma de imaxes instantáneas en case calquera situación.

A cámara fotográfica foi perfeccionándose a través do tempo e converteuse nunha importante ferramenta científica e documental de gran importancia na vida do home. Existen dous tipos de cámaras: a analóxica e a dixital. Na súa estructura son similares. A cámara dixital ten un sistema que permite que entre a luz de maneira que se cree unha imaxe nítida. Este sistema pode ser automático ou manual, ou como por exemplo nas Reflex, alternar as dúas maneiras. Nestas cámaras tamén é posible intercambiar os obxetivos para aumentar a distancia focal ou o seu ángulo. Aínda que cámaras dixitais e analóxicas teñen un fotómetro, o sensor de luz das dixitais é moito máis completo.
No que si varían as cámaras dixitais é no método de almacenamento. Nas analóxicas levábase a cabo sobre unha superficie celulosa fotosensible e nas dixitais realízase sobre unha memoria interna ou externa. Por isto, a labor dos fotógrafos diminuiu, xa que se poden gardar un gran número de fotografías que se poden ver grazas a unha pantalla LCD. Neste sentido, a fotografía gañou inmediatez.
A primeira cámara dixital era un armatoste que se alimentaba de 16 baterías e precisaba de 23 segundos para tomar unha foto de só 100 píxeles de alto. As cámaras dixitais teñen moitas vantaxes: non necesitan películas, non hai custos de revelados, a cantidade de tomas que podes facer en cada saída practicamente non ten límites, toma imaxes de boa calidade, ten pouco peso, carece casi por completo de delicadas partes mecánicas, etc. De feito, hai toda una xeración que practicamente non coñece as cámaras de carrete.
A tecnoloxía das cámaras dixitais provén da tecnoloxía para gravar imaxes na TV. Tanto as cámaras de televisión como as cámaras fotográficas dixitais usan o mesmo elemento para capturar a intensidade da luz e a cor: o chamado CCD (Charged Coupled Device, dispositivo de carga acoplada).

Durante a década de 1960, na NASA, as sondas espaciales que sacaban fotografías da Lúa, en vez de realizar aquela conversión, comezaron a enviar á Terra directamente as señais dixitais. Texas Instruments patentou en 1972 a primeira cámara electrónica sen rolo. En 1981, Sony creou a primeira cámara de fotos electrónica que chegou ao mercado, chamada Sony Mavica. As imaxes gravábanse nun minidisc e despois visualizábanse nun aparato de televisión mediante un lector de vídeo ou imprimíanse cunha impresora de cor. Sen embargo, aquela primeira Mavica non podería considerarse unha cámara dixital como tal, xa que en realidade era unha videocámara que captaba imaxes "conxeladas".
O inventor da cámara dixital propiamente dita foi Steven Sassons, a mediados da década de 1970, un traballador de Kodak. O seu prototipo pesaba máis de 3’5 kg e sacaba as fotos en branco e negro cunha baixísima resolución. As fotos víanse nun monitor a parte, xa que aínda non existían as pantallas LCD. Así, Kodak, facíase cuns grandes ingresos. Hoxe Steve Sasson forma parte do Salón da Fama da Electrónica de Consumo, creado no ano 2000. Un merecido lugar para quen foi responsable dun dos inventos máis importantes da electrónica de consumo.

Etiquetas:

TARXETAS GRÁFICAS

Miguel Portas

Unha tarxeta gráfica é unha tarxeta de expansión para unha computadora, encargada de procesar os datos provenientes da CPU e transformalos en información comprensible e representable nun dispositivo de saída, como un monitor ou televisor. As tarxetas gráficas máis comúns son as dispoñibles para as computadoras compatibles coa IBM PC.
A primeira tarxeta de vídeo, que se presentou xunto ao primeiro PC
, fué desenvolvida por IBM en 1980, recibiu o nome de MDA, só era capaz de traballar en modo texto, representando 25x80 lineas en pantalla. Apenas dispoñía de RAM de vídeo (4 Kbytes) o que facía que só puidese traballar cunha páxina en memoria. Para este tipo de tarxetas usábanse monitores monocromo (normalmente de tonalidad verde) de aí o nome que recibe esta tarxeta. Durante moitos anos esta tarxeta, fué tomada como o estándar en tarxetas de vídeo monocromo.
A principios dos '90, a numerosas compañías como ATI, Cirrus Logic e S3 (empresa que dominou o sector da época), a crear as súas propias ampliacións do mesmo, sempre centrándose en aumentar a resolución e/ou o número de cores dispoñibles, é entón cando nacería o estándar SVGA
.
Durante este periodo a memoria das tarxetas de vídeo fóronse incrementado rápidamente, de forma que a finais de '93 xa se podía ver tarxetas con 2Mbytes de RAM.
A evolución das tarxetas de vídeo dió un xiro importante en 1995, ata esta data mellóralas nos adaptadores gráficos cinguíronse a un incremento das resolucións e cores soportadas por estas, pero os xogos da época esixían moito máis, é entón cando empezaron a aparecer as primeiras tarxetas 2D/3D, fabricadas por compañías como: Matrox, Creative, S3, ATI etc, estas seguían cumprindo co estándar SVGA pero implementaban algunhas funcións 3D que as facían moito máis potentes, aínda que o seu prezo era moi elevado e non puideron suplir claramente ás tarxetas SVGA tradicionais.
Compoñentes:
GPU: acrónimo de «Graphics Processing Unit», é un procesador (como a CPU) dedicado ao procesamiento de gráficos.
RAMDAC: é un conversor de dixital a analóxico de memoria RAM
Dispositivos Refrixerantes: Debido ás cargas de traballo ás que son sometidas, os cartóns gráficos alcanzan temperaturas moi altas.Por iso necesitan estes dispositivos, para que non fallen.
Alimentación: Ata agora a alimentación eléctrica dos cartóns gráficos non supuxera un gran problema, con todo, a tendencia actual dos novos cartóns é consumir cada vez máis enerxía.

Etiquetas:

SERIGRAFÍA TÉXTIL

Cristina Gómez Mouta

A serigrafía é unha técnica de impresión empleada no método de reproducción de documentos e imaxes sobre calquer material. O seu nome orixinal, sería sericum (seda, en latín) graphe (escribir, en griego).

Consiste en transferir unha tinta, através dunha gasa tensada nun marco, o paso da tinta bloquéase nas áreas donde non haberá imaxe mediante un verniz, quedando libre a zona por onde pasará a tinta.O sistema de impresión é repetitivo, isto é, que unha vez que o primeiro modelo está feito, a impresión pode ser repetida centos e ata miles de veces sin perder definición.


Pero neste pequeno documento sobre o amplo mundo da serigrafía, falareilles da serigrafía téxtil, que está cada día presente nas nosas vidas sen que apenas nos decatemos. A serigrafía téxtil é o principal sistema de impresión utilizado no mercado téxtil. Comezou utilizándose para repetir estampados en teas, pero máis adiante utilizouse como obxecto de arte, e hoxe en día é moi utilizado en estampación en camisetas, e outras prendas de diferentes tecidos sintéticos, sin temor a que se desprendan as tintas. Para estampar as diferentes imaxes sobre as teas, utilízanse diferentes máquinas, que como case todo, foron evolucionando ó longo da historia.

As primeiras prensas de serigrafía, compoñíanse dunha mesa lisa, á que selle acoplaba un soporte de madeira na parte de atrás e ésta suxeitábase ó marco por medio de bisagras. Eran de uso manual, e son a orixe de moitas mesas de impresión utilizadas hoxe en día.A máquina que máis destaca na actualidade no campo da serigrafía téxtil e o chamado "pulpo". Con el pódese traballar con varios colores ó mesmo tempo, para conseguir unha mellor calidade de imaxe dunha forma rápida e sinxela.

Aínda que onde máis se utiliza e na industria serigráfica, cun pouco de maña e algún que outro coñecemento, calquera de nós podería construír un pulpo de serigrafía para traballar con el no seu propio fogar e deseñar as súas propias camisetas.A serigrafía é algo descoñecido para a maioría de nós, pois se nos preguntasen, "que é a serigrafía?" poucos de nós saberiamos responder a dita pregunta. Sen embargo, todos temos nas nosas casas camisetas e demais elementos do noso vestiario que utilizamos diariamente, e están adornados con todo tipo de imaxes realizadas con esta técnica.

Etiquetas:

AS CENTRAIS NUCLEARES DE FISION

Enrique Fernandez Vazquez

As centrais nucleares de fisión
son unhas instalacións onde se produce enerxía eléctrica a partir da calorífica que desprende a fisión do uranio.
O proceso para a obtención da electricidade é sempre igual:
-No reactor
prodúcese a fisión, que desprende enerxía calorífica; con esa enerxía calorífica quéntase ata a ebullició auga que é conducida ata unha turbina á cal move pola súa elevada presión xerando electricidade.Esta electricidade é conducida á rede para o seu consumo. Despois disto, o vapor de auga é refrixerado na torre de refrixeración para volver ser empregada no mesmo proceso.
O reactor é a parte fundamental desta intalacióon debido a que é o lugar onde se produce a fisión dos átomos de uranio e onde se recolle o calor desprendido pola fisión.
Ten varias partes:
-O combustible formado por un material fisionable, normalmente uranio, é o causante das reacción caloríficas ó sufrir cambios de estado.
-O moderador que fai diminuír a velocidade dos neutróns rápidos convertíndoos en lentos ou térmicos. Para dito proceso úsanse como moderadores a auga pesada, auga lixeira ou grafito.
-O refrixerante que convirte o calor xerado no reactor. Utilízase auga pesada, lixeira, anhídrido carbónico ou helio.
-O reflector,que reduce o escape de neutrones producidos na fision.Utilizase auga,grafito ou auga pesada.
-Os elementos de control,absorven os neutrons producidos na fision para producir enerxia electrica.
-A blindaxe,evita o escape de radiacions.Utilizase o formigon,a auga e o chumbo.
Nas centrais podense distinguir tres partes que faran mais sinxela o sua composición e a ubicación das diferentes partes:
-Circuito primario:Abrangue todolos procesos de obtención de enerxia calorifica dentro do reactor.
-Circuito secundario:Abrangue os procesos de tranformacion da enerxia calorifica en electrica fervendo auga (transformandoa en vapor)para que mova unha turbina xeradora.
-Circuito terciario:Basease na refrixeracion do circuito de condensación para poder vover utilizar a auga que move a turvina en forma de vapor.Normalmente este circuito levase a cabo nas torres de refrixeracion.


Problemas da obtención de enerxia pola via nuclear:
-Os residuos producidos tardan miles de millons de anos en degradarse.
-Os residuos teñes unha alta contaminación radioactiva polo que so se poden almacenar en grandes bloques de formigon e sendo soterrados a kilómetros de distacia do solo.
-As centrales ainda que teñen unha boa e complexa seguridade siguen producindose accidentes e escapes de radiación.

Etiquetas: