02 dezembro 2009

SERIGRAFÍA TÉXTIL

Cristina Gómez Mouta

A serigrafía é unha técnica de impresión empleada no método de reproducción de documentos e imaxes sobre calquer material. O seu nome orixinal, sería sericum (seda, en latín) graphe (escribir, en griego).

Consiste en transferir unha tinta, através dunha gasa tensada nun marco, o paso da tinta bloquéase nas áreas donde non haberá imaxe mediante un verniz, quedando libre a zona por onde pasará a tinta.O sistema de impresión é repetitivo, isto é, que unha vez que o primeiro modelo está feito, a impresión pode ser repetida centos e ata miles de veces sin perder definición.


Pero neste pequeno documento sobre o amplo mundo da serigrafía, falareilles da serigrafía téxtil, que está cada día presente nas nosas vidas sen que apenas nos decatemos. A serigrafía téxtil é o principal sistema de impresión utilizado no mercado téxtil. Comezou utilizándose para repetir estampados en teas, pero máis adiante utilizouse como obxecto de arte, e hoxe en día é moi utilizado en estampación en camisetas, e outras prendas de diferentes tecidos sintéticos, sin temor a que se desprendan as tintas. Para estampar as diferentes imaxes sobre as teas, utilízanse diferentes máquinas, que como case todo, foron evolucionando ó longo da historia.

As primeiras prensas de serigrafía, compoñíanse dunha mesa lisa, á que selle acoplaba un soporte de madeira na parte de atrás e ésta suxeitábase ó marco por medio de bisagras. Eran de uso manual, e son a orixe de moitas mesas de impresión utilizadas hoxe en día.A máquina que máis destaca na actualidade no campo da serigrafía téxtil e o chamado "pulpo". Con el pódese traballar con varios colores ó mesmo tempo, para conseguir unha mellor calidade de imaxe dunha forma rápida e sinxela.

Aínda que onde máis se utiliza e na industria serigráfica, cun pouco de maña e algún que outro coñecemento, calquera de nós podería construír un pulpo de serigrafía para traballar con el no seu propio fogar e deseñar as súas propias camisetas.A serigrafía é algo descoñecido para a maioría de nós, pois se nos preguntasen, "que é a serigrafía?" poucos de nós saberiamos responder a dita pregunta. Sen embargo, todos temos nas nosas casas camisetas e demais elementos do noso vestiario que utilizamos diariamente, e están adornados con todo tipo de imaxes realizadas con esta técnica.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial