18 maio 2009

Ciruxía Robótica

Xeila Tourís Tubío


A ciruxía robótica é un sistema interactivo e computarizado, tan rápido que o ordenador desaparece da mente do ciruxián deixando como real o entorno xerado polo sistema.
O ciruxián determina os cambios que o robot executará no paciente. A consola de mando donde traballa o ciruxián pode situarse no mesmo qurófano ou noutro lugar, este robot consta dunha estructura semellante os brazos humanos imitando todos os movementos.
1 Inicios é evolución
Philippe Green foi quen diseñou o primeiro prototipo de robot para a teleciruxía mentras que o médico Stephen Jacobsen desarrollou brazos e máns robóticas.
Nese mesmo ano iniciouse un programa clínico cun robot que utilizaba á información de resonancias magnéticas no implante de prótesis de fémur.
En 1991 Richard M. Satava, ciruxián do exército dos EEUU, realizaron investigacións en manipulación remota co obxetivo de atender a distancia as emerxencias nos campos de guerra.
En 1993 o robot AESOP(Advanced Endoscopic System for Optimal Positioning) convertiuse no primeiro axudante do ciruxián, neste ano tamén apareceu o ESOP0:trátase de robots esclavos que obedecen á voz do ciruxián.
En 2001, o ciruxián francés Jacques Marescaux realizou a primeira intervención quirúrxica a distancia transatlántica, co robot Zeus.


2 Ciruxía Robótica en España
O 6 de xuño instálase en España o primeiro robot da Vinci, cun custo de 1.5 millóns de euros.
Este robot quirúrxico fabricado por Intuitive Surgical, non substitúe o ciruxián; unha das varillas leva dúas cámaras que facilita ó ciruxián un campo de visualidade tridimensional, estas varillas xiran no interior do corpo do paciente como se fosen as máns dun ciruxián, coa diferenza de que o seu tamaño, de un e dous centímetros permítelle acceder a lugares imposobles donde un ciruxián non é capaz de acceder ca súa mán.
Da Vinci foi desarrollado polos inxenieiros da NASA para facer operacións a distancia.
3 Vantaxes
· Poden axudar ós ciruxiáns a realizar as súas operacións, teñen velocidade, fiabilidade, precisión e boa relación de costo rendemento.
· Facilitan as intervencións nos lugares de difícil acceso.
· Outra facilidade para os ciruxiáns e que, os robots poden ser manipulados fácilmente. Ademais a conexión coa computadora pode facerse cun cable aéreo. A computadora, o robot e o medio ambiente están na mesma mesa preto do usuario para facilitar o traballo.


4 Inconvenientes
· É moi custoso para paises en pleno desenvolvemento.
· O avance da ciruxía robótica quedou estancado debido as limitacións da tecnoloxía.
· tempo de duración e moi complicado, xa que ten que ser moi preciso nas súas funcións.

5 Conclusións
A ciruxía robótica é unha ferramenta indispensable dentro do campo da mediciña grazas a ela ó home puido explorar o seu propio corpo sen necesidade de facer unha gran incisión, realizou ciruxías a grandes distancias.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial