04 maio 2009

As redes sociais: Un fenómeno social e económico

Andrea Pilar Olivera García

As redes son formas de interacción social, definida como un intercambio dinámico entre, grupos e institucións en contextos de complexidade. Un sistema aberto e en construcción permanente que involucra a conxuntos que se identifican nas mesmas necesidades e problemáticas, que se organizan para potenciar os seus recursos.

En Internet, as redes sociais gañaron o seu lugar dunha maneira vertixinosa converténdose, básicamente, en negocios para as empresas e lugares para os encontros humanos.
Represéntanse en forma dun ou máis
grafos

no cal os nodos representan á súa vez a individuos e as aristas as relacións entre eles. Estas relacións poden ser de distinto tipo, como intercambios financieiros, amizade, relacións sexuais ou rutas aéreas. Tamén é o medio de outra relacións por medio de xogos en liña, chats, foros, spaces...
Segundo o tipo de relacións que se establezan, as redes sociais poden ser:
a) Didácticas (só indican ausencia ou existencia da relación) ou valoradas (nas que a cantidade da relación se poida medir en términos de orde ou de peso).
b) Simétricas (a relación en realidade é a unión entre actores que sempre é recíproca) ou dirixidas (que un membro A teña relación cun individuo B e que non implique que B teña esa mesma relación con A)
Estudos realizados afirman que o 83% dos xoves de España usa alomenos algunha das redes sociais, como son as estadounidenses MySpace, Facebook ou Hi5 ou, pola contra, algunha das españolas Wamba ou Tuenti (esta última, xa líder).

Sen dúbida a maioría das redes sociais son un bó negocio para as empresas que as posúen; como Tuenti, unha das redes máis vistadas en España, con 4.500.000 de persoas rexistradas e que facturou en 2008 máis de 600.000 euros, cifra que espera multiplicar por dez no 2009. Estas cantidades que fan que a empresa estea actualmente valorada nuns 55,88 millóns de euros.
Conocer xente que comparte os nosos intereses, colaborar con eles e compartir información é a parte positiva de pertencer a un destes tipos de redes, pero tamén ten os seus contras, como a perda de
privacidade (sobre to

do en menores), roubo de identidade e difamación . Ó pronto volvémonos accesibles a calquera persoa, e non sempre é bo. Hai que evitar relevar información sensible como teléfonos, direccións e nin falar de contas bancarias e passwords.
Debido a estos aspectos negativos, a Axencia Española de
Protección de Datos
está levando a cabo unha campaña de concienciación sobre a transcendencia que ten que por a disposición de toda a Rede fotos, preferencias sexuais, inquietudes ou credos relixiosos.

Etiquetas: ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial