30 abril 2009

BATERIAS DE COMBUSTIBLE

Rubén Castiñeiras Mondragón

Neste post vou falar das baterías de combustible para portátiles , ordenadores e teléfonos móviles. É un novo invento que pode resolver moitos problemas cando o móvil ou ordenador se quede sin batería como en moitos casos que estás realizando unha operación e...¡¡¡¡paffff!!!! queda sen batería e non podes realizar esa operación tan desexada. Dentro duns aniños, quizais teñas que ir a unha farmacia para recargalos de alcohol. As baterías de combustible están chegando.

Aínda que as novas baterías con íons de litio teñen moitas vantaxes, todavía é necesario
dispor de electricidade para recargalas e están alcanzando o límite do seu rendemento. En comparación as baterías de combustible
só necesitan unha pequena cantidade de alcohol para unha pequenas horas de funcionamento.
A compañía fabricante de ordenadores LG dispón desde decembro pasado un modelo portátil que se alimenta cunha batería que consume alcohol ou gas natural. Estas baterías poden suministrar 10 horas de autonomía a un portátil cun consumo medio de 25W.Trátase de apenas unha batería de 200cc e son evidentemente recargables con cargas desbotables. Estas baterías teñen un coste de 500$ e poderánse comprar no súper do barrio cun coste aproximado de 1$.
Eu supoño que todo o mundo se preguntará ¿baterías ou cartuchos de recarga?


Aínda que o combustible sexa moi barato e accesible parece que para recargalo haberá que utilizar cartuchos de recarga que se espera que sexan incompatibles uns con outros.Segundo a consultora IDC, o mercado das baterías de combustible podería medrar a un ritmo do 23%, alcanzando os 3.500millóns de dólares de volume en 2010.
Só falta saber que farán cos cartuchos de alcohol nos controis dos aeroportos.

¿Cómo funcionan?
As baterías de combustible funcionan
producindo electricidade a partir dunha reacción química na que se oxida un combustible , como hidróxeno ou alcohol mentres que as baterías máis comúns son sistemas pechados e as de combustible necesitan que se recarguen os reactivos para funcionar .
A primeira célula foi fabricada polo científico escocés Sir William Robert en 1843, aínda que o seu funcionamento xa se coñecía dende 1838 descuberto por Crhistian Fiedrich.As células de combustible máis sinxelas son as de hidróxeno .O gas faise por un catalizador de de platino que separa os electróns .Mentres que os electróns pasan por un circuito externo (creando corriente para alimentar dispositivos) e os ións positivos combínanse con osíxeno, xerando auga.


As baterías de metanol tamén seguen un principio parecido .A molécula de metanol é rica en hidróxeno e ten a vantaxe de que ao ser un liquido e é moito máis fácil de manexar e de producir que o gas hidróxeno.
As baterías de combustible non son de todo bo tamén teñen as súas vantaxes e inconvintes
como tódalas cousas .As súas vantaxes son:
-Non necesitan de almacenamento de enerxía frente as baterías convencionais.
-Non necesitan de recarga de enerxía frente as baterías convencionales.
-Elevada eficiencia
-Non emisión de contaminantes
-Silenciosa

Tamén presenta inconvintes como:
-Coste elevado
-Disponibilidade de opcións de combustible
-Durabilidade
-Aceptación pública
-99% obtención de H2 actualmente a partir de combustibles fósiles.Non solución a eliminación de combustibles fósiles.

As principales compañías que están levando a cabo esos inventos Sony,
LG e Samsung.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial