30 abril 2009

Tipos de teclados

Rubén Castiñeiras Mondragón

A medida que avanzan os anos foron avanzando os diferentes teclados e no meu post vou falar da evolución destes teclados .O primeiro teclado en existir foi o teclado Dvorak que e unha distribución de teclado diseñado polos doctores August Dvorak eWiliam Daley nos anos 20 e 30 como unha alternativa ao teclado Qwerty ou teclado simplificado americano. Pero a base deste teclado sairon moitos teclados máis avanzados e eu vou falar dalgúns deles.
Primeiro vamos a falar do Optimus Maximus é un teclado superior que incorpora unha pequena pantalla OLED en cada unha das súas teclas o que permite mostrar calquer imaxe. Estas imaxes refléctanse sobre a teclas por exemplo si pulsas o botón das mayúsculas estas refléctanse nas teclas, neste teclado non todo son vantaxes, tamén ten inconvintes porque ocupa moito espacio, en calquera momento pódense estropear as luces do teclado e seguramente que arranxalo non costara 5€... sabendo que o seu prezo e de 1256€.
O seguinte teclado é o teclado flexible
un teclado para traballar en calquer parte, por exemplo mentres te estas tomando un baño, calquera parte e ideal para conectarse á rede cun teclado flexible é resistente á auga e non presenta. O mellor deste teclado é a súa facilidade para limpalo. Este teclado pode presentar varios inconvintes como a dureza das súas teclas ou a incomodidade de que se poida dobrar ou que se estea movendo seguido.Este teclado presenta tamén unha gran vantaxe contra o problema do polvo, un problema que nos sucede a todos.
En terceiro lugar temos o teclado ultrafino.
Trátase dun teclado BenQ que pasará á historia como un avance revolucionario , o seu perfil é de 18 milímetros, ten controis multimedia ,conéctase por USB e a súa altura e é regulable. O teclado BenQ ven incorporado cun rato con sensor óptico, o rato tamén se conecta por USB.
O seguinte é o teclado plegable: é un teclado que se pode pregar, normalmente son teclados de pequeno tamaño estan desenrolados para a súa utilización en dispositivos móviles como PDA, teléfonos móviles…Pódese conectar por USB pero tamén por conexión IrDA ou bluetooth .A principal vantaxe deste teclado é que se pode utilizar e calquer parte contigo mesmo e pódelo utilizar para calquera cousa . O principal inconvinte pode ser a disposición das teclas que pode incomodarche á hora de escribir ou pode causarche problemas físicos nas manso u nos dedos.

Os seguintes teclados son tres grandes inventos revolucionarios na informática. Son o teclado programable o teclado para persoas con deficiencias visuales e o teclado de luz. Vamos a comezar polo teclado programable, este é un teclado normalmente deseñado para ser utilizados en Terminais de Punto de Venta (TPV), nos que mediante software pódense programar todas as súas teclas ou parte delas para que realicen unha función en concreto ou accesos a partes determinadas dun programa .Este teclado pode incorporar un lector de bandas magnéticas para a lectura de tarxetas identificativas ou medios de cobro . Este teclado do que lles vou falar agora é un gran paso adiante hacia a eliminación de barreiras para as persoas deficientes, o teclado para deficientes visuais
é un teclado con conexión USB deseñado para aqueles que usan o intensivamente o teclado numérico en ordenadores portátiles ou ordenadores comprimidos. Tamén se utiliza a combinación con teclados TPV ou en combinación con pantallas táctiles. Hoxe no mercado están especialmente deseeñados para persoas con deficiencias visuais, teclados con símbolos máis grandes do normais ou deseñados en cores de alto contraste ou con letras especiales según o método Braille. E por último o teclado de luz é un novo descubrimento que consta de tres partes , unha fonte de luz que produce de raios infravermellos, un sensor que capta os movementos dos dedos e un proxector que fai visible o teclado sobre a superficie na que se proxecta . Este teclado recolle o movemento dos dedos mediante sensores de plástico que se adaptan as mans a modo de luvas. O teclado de luz capta todos os movementos, e o usuario ten que axustar as súas pulsacións á sensibilidade da máquina, aínda que os responsables de Canesta afirman que o proceso de adaptación apenas dura 10 minutos.Este teclado ten moitas vantaxes á hora de aforrar espacio pódese incluso levar no bolsillo. Os inconvintes deste aparato pooden ser que se che estropee a luz infravermella ou sobre u lugar que esteas escribindo que pode producirche graves problemas nas mans.
Todos estes aparatos non cabe duda que son un gran avance para a tecnoloxía e que se inventan e fabrican para solucionar problemas no futuro pero tamén poden producir graves consecuencias nas persoas.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial