25 janeiro 2008

O LHC (Large Hadron Collider)

David Núñez Gerpe

O maior acelerador de partículas do mundo, coñecido como Large Hadron Collider (LHC), porase en marcha polo CERN, o laboratorio máis importante do mundo na investigación da física de partículas. Será en maio de 2008 cando este experimento se poña en marcha.


O LHC mide 27 Km. de diámetro e está a aproximadamente 200 m. Baixo terra. Nel farán chocar electróns e positróns a case a velocidade da luz, os primeiros nunha dirección, e os segundos na dirección oposta . O experimento chegará a estar sometido á temperatura extrema (non en todo o experimento) de –271’3 ºC e en proceso, almacenará a enerxía de 10 gigajulios nos seus 24 imáns.
Algúns expertos din que o LHC podrá reproducir as condicións do universo cando tiña menos dunha billonésima de segundo de vida e recreará o momento no que explotou o ‘‘Big Bang’’.As temperaturas que se crearán cando choquen os electróns e os positróns serán alrededor de mil millóns de veces máis grandes que as que hai no centro do sol.

Outros expertos din que se pode dar a situación de que se xere un burato negro, pero tamén afirman que as posibilidades de que isto ocurra, son as mesmas que si a un home lle tocara o ‘‘gordo’’ da lotería varias veces.O experimento terá lugar na fronteira entre Suíza e Francia e estará dirixido polo director xeral do CERN, Robert Aymar.

Este experimento tivo diversos incidentes: en 2005 morreu un técnico ao que lle caeu unha carga e dous anos despois un error no diseño dos imans provocou unha explosión.
Estar exposto a o experimento pode provocar cáncer, pero contan cos mellores médicos especializados.

Este experimento será o máis grande feito en Europa e tivo como antecesor o LEP outro acelerador de partículas pero máis pequeño.O LHC pode convertirse no mellor experimento do mundo.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial