15 outubro 2007

EVOLUCIÓN DAS BOTAS DE FÚTBOL

Noelia Quintáns Doce

As botas de fútbol son fundamentais para un equipo. Na actualidade non se xoga se non hai calzado, pero, quen inventou as botas de fútbol?.Como foi e está sendo a súa evolución? Ímolo ver: O gran creador das botas de fútbol foi Adi Dassler, que en 1920 fabrica as súas primeiras zapatillas de deporte. A súa gran obsesión era conseguir un calzado deportivo que eliminara os enormes inconvintes que presentaba o calzado inglés ata ese momento . Dase a circunstancia de que o tipo de bota que se utilizaba estaban fabricadas coa intención de protexelas lesións nos dedos dos pés, e por iso que a súa composición era a seguinte:fabricada en pel coa punta reforzada e a suela ríxida, tacos de cuero clavados e unha correa ao redor do empeine con corte alto para protexer o pé. Esta era segura pero á vez incómoda. Este feito levou a Dassler ao estudio e a experimentación do calzado deportivo. Foi así como en 1925 rexistrou a súa primeira patente da bota lixeira, unhas botas de fútbol con tacos de cuero clavados á suela.


En 1930, as botas de fútbol eran botíns ata o tobillo. Para xogar ao fútbol, os xogadores do siglo XX clavaban tapóns nas suelas das súas botas de traballo. En 1949, Adidas produce as 1ª botas de fútbol con tacos moldeados de goma. En 1954, Alemania gaña a 1ª copa do mundo coas botas con tacos recambiables. No 1958, a maioría dos xogadores usan botas “altamente tecnolóxicas”para a súa época: feitas de cuero da mellor calidade, resistentes á auga, plantillas de nailon, as botas cegaban ata o tobillo e os tacos eran recambiables porque enrroscábanse á suela. 1962, a novidade para o mundial de 1962 de Chile foi unha bota que resultou ser a preferida pola maioría dos xogadores internacionais (novo cordaxe, reforzos para os empeines e tacos estilizados).


Na Copa do Mundo de Alemania de 1974 usóuse moito unha bota que incorporaba unha pel de canguro e tacos moldeados extraíbles. En 1994, Adidas revoluciona a tecnoloxía das botas de fútbol co seu modelo “predactor”(escamas de forma que optimiza o disparo) No 1995 novas incorporacións e melloras, como un rediseño das escamas de goma, unha forma máis natural e a lengüeta pódese doblar. En 1996, mellora o agarre da suela gracias á forma dos tacos. No 1998 Adidas lanza unha bota cunha forma e axuste “perfectos”e incorpora o sistema de lazada asimétricos.

No ano 2000 chega un novo sistema de tracción de tacos recambiables e agarre optimizado. Residéñanse os sistemas xa existentes. En 2002, búscase o énfasis na lixeireza dos materiais. Na actualidade, no ano 2007, as botas de fútbol de mayor calidade están fabricados con pel de canguro, suelas anatómicas de plástico e tapóns de aluminio. Os deportistas, os diseñadores de equipos deportivos e os fabricantes colaboran estreitamente nas necesidades e na experiencia da vida real dando impulsos importantes para o desenrrolo de materiais e nas técnicas de elaboración do equipamiento deportivo. Esta estreita interrelación da investigación e vida real é un requisito básico para que os equipamentos e artículos deportivos se adapten de forma óptima ás necesidades específicas de cada disciplina deportiva.


Hoxe en día, as lixeiras espumas integrais son especialmente populares para a producción de suelas de botas de fútbol. Como con este tipo de espuma pódese fabricar unha suela con núcleo celular, que nas exteriores convírtese nunha pel cerrada, a bota é extremadamente lixeira e flexible, aínda que á vez presenta unha elevada amortiguación contra os golpes. Adicionalmente, este material ofrece a ventaxa de que a dureza da suela é variable, entre moi branda e moi dura, gracias á posibilidade de poder adaptala densidade bruta. Esto significa a fin de contas que o deportista é protexido polo seu calzado nas respectivas disciplinas deportivas e apoiado nos seus movementos precisamente alí onde o necesita.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial