15 outubro 2007

ENXEÑERÍA

Nazaret Agrasar Crespo

É a profesión na que o coñecemento das matemáticas e ciencias naturais, obtido mediante estudio, experienza e práctica, aplícase con xuízo para desenrolar formas de utilizar, económicamente, os materiais e as forzas da natureza para beneficio da humanidade. Pese a que a enxeñería está ligada ao ser humano, seu nacemento como campo do coñecemento específico ao comezo da revolución industrial, constituíndo un dos actuais piares no desenrolo das sociedades modernas. Outro concepto que define a enxeñería é o arte de aplicalos os coñecementos científicos á invención, perfeccionamento ou utilización da técnica en tódalas súas determinacións.



As persoas que se dedican á enxeñería reciben o nome de enxeñeiros. O termo evolucionou máis adiante para incluír tódalas áreas nas que se utilizan técnicas para aplicar o método científico. Noutras linguas como o árabe, a palabra enxeñería tamén significa xeometría. A súa función principal é a de realizar deseños ou desenrolar solucións técnoloxicas a necesidades sociais, industriais ou económicas. Algúns dos obstáculos son os recursos disponibles, as limitacións físicas ou técnicas, a flexibilidade para futuras modificacións e adicións e outros factores como o coste, a posibilidade de levalo a cabo, as prestacións e as consideracións estéticas e comerciais.

Se existen múltiples solucións razoables, os enxeñeiros avalian as diferentes opcións de deseño sobre a base das súas calidades e elixen a solución que mellor se adapte ás necesidades. A ciencia intenta explicar os fenómenos recentes e sen explicación, creando modelos matemáticos que se corresponden cos resultados experimentais. Tecnoloxía e enxeñería son a aplicación do coñecemento obtido a través da ciencia e produce resultados prácticos. Os científicos traballan coa ciencia e os enxeñeiros coa tecnoloxía. Tamén pode haber conexións entre o funcionamento dos enxeñeiros e os artistas, sobre todo nos campos da arquitectura e o deseño industrial. A inicios do século XXI a enxeñería en seus moi diversos campos logrou explorar os planetas so Sistema Solar con alto grao de detalle, destacan os exploradores que se introducen ata a superficie planetaria; tamén creou un equipo capaz de derrotar ao campeón mundial de axedrez; logrou comunicar ao planeta en fraccións de segundo; xerou o Internet a capacidade de que unha persoa se conecte a esta rede dende calquer lugar da superficie do planeta mediante unha computadora portátil e teléfono satelital.


Grazas á enxeñería creáronse máquinas automáticas e semiautomáticas capaces de producir con moi pouca axuda humana grandes cantidades de productos como alimentos, automóviles e teléfonos móviles. Ante tódalas maravillas que significa a enxeñería, a humanidade non logrou eliminar a fame do planeta, nin moito menos a pobreza. A tecnoloxía para a Enx. Civil xogou un papel moi importante, en especial co desenrolo da computadora, que é unha gran ferramenta para os diferentes proxectos dende a elaboración de planos ata o cálculo estructural das obras, pero tamén poderíase nomear as calculadoras científicas, que facilitan moito. A tecnoloxía facilita o traballo dun enxeñeiro civil ademáis fan que os traballos sexan máis precisos e rápidos. Imaxinate por exemplo, o formigón armado, antes facíanse tódalas casas con paredes de carga e agora as cargas lévanse a través das vigas de formigón armado. E así con todo. O cálculo manual ao computerizado, os plásticos que substituen ao chumbo nas cañerias, o aceiro inoxidable para facer estructuras vistas, das losas das vías romanas, a terra compactada aos adoquíns ao asfalto e ata chegar aos novos asfaltos que reducen o ruído e o consumo dos vehículos.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial