21 maio 2007

TÉCNICAS DE INVESTIGACIÓN POLICIAL

Noelia Quintáns Doce

A necesidade de dotar á policía de medios acordes cos tempos provocou no seno da mesma se creasen as Unidades de Policía Científica,con obxecto de dar resposta, a través da ciencia e a tecnoloxía,á actividade criminal.
Os policías que traballan nestos cometidos, polo xeral,non se van cara a cara cós delincuentes.O seu son as pequenas mostras e/ou os rastros casi invisibles deixados polos que están ao outro lado da lei.Co seu traballo, estos homes e mulleres da Policía Científica teñen suficiente para descubrir e describir as circunstancias nas que se produxo un feito con tanta claridade como se houberan estado alí.

Dende cheques falsos, entradas de fútbol, recibos ou cartas manuscritas, ata pelos humanos, restos de sangue ou de semen ;pasando por un amplo abanico de probas inculpatorias.

Coa axuda da tecnoloxía, que non deixa de avanzar cada vez máis rapidamente, e có uso combinado de vellas e novas técnicas criminalísticas(ADN,PCR,balística, huellas dactilares), a policía combate eficazmente o crimen, espelcialmente os casos “insolucionables”.
O crecemento da tecnoloxía forense facilitou a colección e o intercambio da información entre as axencias de xustiza criminal de todo o mundo.

Dentro da organización do CNP, e no Área da Policía Científica, definense, as seguintes sub-especialidades:



A RESEÑA POLICIAL:

É a dilixencia que ten por fin establecer ou delimitar a identidade dunha persoa ou cousa, mediante técnicas que determinan a indudable conformidade identificativa dun suxeito en previsión de que utilice nome falso, para establecer os seus posibles antecedentes policiales, xudiciales ou penitenciarios. Para iso unha das cousas que han de utilizar é: a utilización do sistema automático de identificación dactiloscopia(sistema NEC)

LOFOSCOPIA:

A lofoscopia é o procedemento da idientificación persoal basado no estudo e examen dos debuxos que forman as crestas e surcos papilares das llemas dos dedos(dactiloscopia), as palmas das mans(quiroscopia),ou as plantas dos pés(pelmatoscopia),como método.

DOCUMENTOSCOPIA:
É a técnica que trata de establecer a autenticidade ou falsedade dun escrito ou documento.

FOTOGRAFÍA POLICIAL:

Policialmente, a imaxen proporciona a estos profesionais da seguridade pública, a información necesaria para o esclarecemento de feitos delictivos e a identidade dos seus presuntos autores, co fin de poñelos a disposición das autoridades xudiciais.
Unha técnica policial da fotografía é a macrofotografía; que consiste en obter grandes imaxes de cousas moi pequenas.

BALÍSTICA:
A balística é a ciencia que estuda o movemento dos corpos no espazo, e sobre todo, dos prollectiles das armas de fogo.



NOVAS TÉCNICAS POLICIACOCIENTÍFICAS:

O Ácido Deoxiribonucléico, mais coñecido como ADN, todavía é unha ferramenta revolucionaria da identificación en moitas policías do mundo. Sen embargo, actualmente, ben adaptándose ou incluso adiantándose a acción delictiva, a Comisaría Xeneral da Policía Científica do Corpo Nacional de Policía, conta con medios precisos e sofisticados para realizar probas de identificación de persoas a través da huella xenética (ADN
e PCR)que permanecen durante varios siglos nos líquidos biolóxicos humanos.

Así mesmo existe un laboratorio de análisis da voz que pode chegar a determinar aspectos fundamentais nunha investigación das realizadas a diario polos homes e mulleres adscritos a labores da Policía Xudicial; tales como a nacionalidade ou orixen xeográfico, a idade, o estado anímico, o sexo, etc. de calquer sospeitoso
As innovacións producidas na tecnoloxía han optimizado a colección, a comparación e o intercambio de evidencias, mellorando a resolución de feitos criminolóxicos. Os increíbles avances ocorridos xa en anos recentes e os que nos deparan para un futuro cercano, según expertos da ciencia policiaco-forense, fan ou farán albergar aos profesionais da policía, moitas promesas.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial