O APAGÓN ANALÓXICO
Daniel Barral de Jesús
A televisión dixital terrestre é un sistema de difusión que utiliza a tecnoloxía para a transmisión da imaxe, o son e servizos interactivos ou de acceso á sociedade da información.
En 2010 a programación televisiva emitirase unicamente en formato dixital, o que requirirá adaptarse e suporá certos beneficios:
* Aproveitamento do espectro radioeléctrico (maior número de canles).
* Maior calidade de imaxe e son.
* Maior interactividade.
* Mezclar sinais dixitais con sinais doutro tipo posibilitando o subministro de novos servizos a través dunha mesma rede, así como aplicacións multimedia.
* O TDT tamén permite formatos mellorados de vídeo (panorámico ou 16:9), así como un son dixital multicanal/multilingüe, son dixital Dolby 5.1 e subtítulos en diversas linguas.
* O TDT posibilita o acceso a servizos interactivos baseados no estándar MHP (Multimedia Home Platform): guías electrónicas de programación (EPG), enquisas, concursos, etc.
A televisión por ondas hercianas, cabo ou satélite ten, cada unha delas, un papel a desempeñar no futuro. O TDT carece do ancho de banda do cabo (que é a cantidade máxima de datos que poden pasar por un camiño de comunicación nun momento dado: canto maior sexa o ancho de banda máis datos poderán circular por ela en cada segundo), ou da universalidade do satélite (que chega a calquera punto da superficie terrestre) pero pode ser recibida de forma portátil e móbil, ten unha capacidade de cobertura de case o 100% e o seu custe de adaptación é mínimo. O TDT, a diferencia da televisión dixital satelital e por cabo, emiten as 24horas do día en aberto e as canles son totalmente gratuítas.
A implantación de Redes de Frecuencia Única (XFU), permite que a frecuencia dun único canal múltiple de televisión dixital terrestre se poida repetir en varios transmisores dunha mesma zona xeográfica.
Na altura de 2006, o 38% dos fogares tiñan acceso á televisión dixital vía satélite, o 24,2% polo cabo e o 22,3% a través da TDT.
Etiquetas: COMUNICACIÓNS
0 Comentários:
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial