A XIMNASIA PASIVA
Noelia Quintáns Doce
A tecnoloxía busca a comodidade das persoas; se non che gusta facer exercicio ou non tes tempo para ir ao ximnasio , estás de sorte: a tecnoloxía e as novas solucións wellness póñencho fácil, gracias a ximnasia pasiva,unha nova forma de adelgazar e poñerte guapa sen moverte do sofá.
A menudo, os anuncios sobre esta tipo de ximnasia, proclaman resultados milagrosos (rápida perda de peso) mentres que se ignoran e contradín os dogmas básicos de pérdida e o mantemento de peso exitoso (reducción da ingestión de calorías e exercicio físico).
BENEFICIOS:
Coa electroestimulación obtéñense efectos secundarios á contracción muscular, o que produce un gasto enerxético, consume a graxa, aumenta a masa muscular e dá como resultado unha mellor apariencia. Favorece a circulación sanguínea e linfática, entón é favorable á rexeneración de tecidos danados e á reabsorción de edemas e hematomas.
Por outro lado, resulta unha arma moi eficaz contra a reuma, xa que contén efectos antiinflamatorios e combate a rixidez e o anquilosamento dos músculos.
INCONVENIENTES:
Non existe consenso entre os profesionales sobre se a ximnasia pasiva adelgaza ou non. Segúndo os eapecialistas, esta técnica é boa como método de fisioterapia, pero non permite reducir peso. Ademais según estes detractores, o exercicio que fan os aparatos de ximnasia pasiva estimulan o músculo e producen unha contracción que o levantan durante unhas poucas horas, pero despois o músculo volve a caer.
Etiquetas: DEPORTE, TEMAS SOCIAIS
0 Comentários:
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial