O AIRBAG PARA MOTOS :
Victoria Sanmarco Dieste
Honda lanza o primeiro airbag para motos. As probas consistiron en estrelar sendas motos (unha con airbag e a outra sen el) a 72 km/ h, contra o lateral dun vw sarna. O piloto da moto sen airbag sufriría (a pesar do casco) lesións craneais que poderían chegar a ser incompatibles coa vida.
Polo contrario, se fose coa outra moto probada ( a mesma Honda Goldwing pero con airbag) as súas posibilidades de supervivencia serían mayores.
O airbag non puido evitar o impacto contra o coche, pero conseguiu aminoralo o suficiente para que o piloto non perdese a vida. O conductor do coche saliría prácticamente ileso, a excepción dunha posible fractura á altura da cadeira. Saliu xa en outubro de este ano.
O airbag está pregado dentro dun falso depósito, situado entre o asento e o manillar da moto, susto diante do piloto.
Este módulo incluye, ademáis do airbag, un inflador e unha centralita que calcula a forza do impacto grazas ós sensores instalados a cada lado da horquilla dianteira da motocicleta.
Cando a moto choca contra un coche ou un obstáculo, estos sensores calculan o cambio de velocidade da motocicleta e envía os datos á ECU. “ Honda invirteu moito tempo e diñeiro no desenvolvemento de este sistema”, comentou unha portavoz da marca. “Trátase dun airbag totalmente novo no mercado, que reduce a gravidade das lesións nas frontais e frontolaterais.”
O airbag reducirá un tercio das mortes dos motociclistas tras un accidente, según o RACC. O RACC afirma que o airbag “ debe ser unha necesidade de futuro para todos os fabricantes”.
Etiquetas: AUTOMOCIÓN, TRANSPORTE
0 Comentários:
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial