01 dezembro 2006

ROBÓTICA COTIÁ

Jennifer Romero Sanmiguel

Un robot é un dispositivo electrónico xeralmente mecánico que desempeña tarefas automáticamente, xa sexa dacordo á supervisión humana, a través dun programa predefinido ou seguindo un conxunto de regras xerais. Un robot tamén se pode definir como unha entidade feita polo home cun corpo (anatomía) e unha conexión de retroalimentación intelixente que non está baixo a acción directa do ser humano. As accións deste tipo de robots son xeralmente levadas a cabo por motores ou actuadores que moven as extremidades e impulsan ó robot.

Asimismo, o termo robot tamén foi utilizado como termo xeral que define a unha máquina mecánica ou autómata, que imita a un animal, real ou imaxinario; pero actualmente aplícase a moitas máquinas que reemplazan a humanos e animais directamente en certos traballos e xogos. Por último, outro termo, androide, pode referirse a calquera destes, metras que cyborg (“organismo cibernético” ou “home biónico”) pode ser unha criatura que combina partes orgánicas e mecánicas.

Os robots vanse convertir en compañeiros moi comúns nos fogares do planeta no ano 2007 según unha enquisa levada a cabo polas Nacións Unidas. Os robots axudarán máis coa limpeza, a seguridade e o entretemento dentro de tres anos, cando serán xa máis intelixentes e económicos. Ademáis de aspirar as alfombras, os robots realizarán tarefas como cortar o céspede, limpar piscinas e ventás, xogar ó fútbol ou xoguetear na casa. Os robots están sendo utilizados cada vez máis en tarefas como protexer ós seus donos, ser usados en investigacións científicas e incluso en localización de minas antipersoais.


* Crean unha cápsula robot capaz de explorar o interior do corpo humano
Un novo modelo de robot promete revolucionar o
campo médico. Trátase dunha cápsula intelixente que se introduce no corpo humano e que é capaz de percorrer o su interior informando dos seus descubrimentos. Dirixido dende fóra por un médico, pode deterse, avanzar máis depresa ou despacio polo esófago e outros órganos internos, á voluntade do especialista. A seguiente xeración destes aparatos poderá facer operacións quirúrxicas sen necesidade de “abrir” ó paciente.

* Crean un robot que camiña sobre a auga
Un
robot-insecto dun gramo, capaz de camiñar sobre as augas, foi creado por enxeñeiros norteamericanos copiando o modelo empleado polas chinches acuáticas para moverse sobre superficies líquidas. Ademáis de explorar embalses de auga potable en busca de toxinas, estes robots incorporarán cámaras fotográficas que lles permitirán obter imáxes dixitalizadas do entorno. Asimismo podrán descontaminar grandes superficies mariñas e serán tamén indetectables espías militares.

* Diseñan un robot que come moscas para xerar a súa propia enerxía
A idea é producir electricidade mediante as moscas que atrapa e logo dirixe a través de células de combustible especiais que degradarán a glucosa dos esqueletos dos insectos e liberarán electróns que xerarán corrente eléctrica. Polo tanto, a parte inferior do robot terá restos de excremento para atraer ás moscas e isto daralle un mal cheiro.

Etiquetas: ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial