01 dezembro 2006

O INCRIBLE MUNDO DO TEATRO TECNOLÓXICO

Silvana Lema Saborido

Hoxe en día todo estase modernizando a través da tecnoloxía, ¡¡incluso o teatro!!.

Aquí veremos dous casos do chamado teatro tecnolóxico,
como as óperas en 3D ou do teatro virtual.

1.
ÓPERAS EN 3D


O Gran Teatro de Liceu de Barcelona, desde que se incendiou en 1994, fixo grandes renovacións que abarcan desde a venta de entradas e abonos ata a recreación virtual.




Entre os recursos máis novedosos cos que conta agora o centro encóntrase Katia, un sistema para a dirección técnica do teatro. Trátase dun programa de enxeñería, con utilidades de realidade virtual, que permite crear representacións virtuais en 3D das escenografías. Deste xeito, pódese analizar a súa viabilidade e facer as modificacións necesarias antes de proceder á súa montaxe física. Ademais, o sistema aporta diversos datos que permiten valorar o tamaño, o peso e os movementos da escenografía, así como a súa visibilidade dende calquera butaca; para iso, utilízase un modelo virtual do escenario e outro da sala.

Tamén estase empezando a traballar con tecnoloxías de realidade virtual aplicadas á producción. Todo isto traducirase en importantes aforros para o teatro, que nunha soa tempada ofrece máis de 40 espectáculos diferentes, o que supón cerca de 300 funcións e máis de 400.000 espectadores.

2.
TEATRO VIRTUAL


O museo da Acrópole
terá un teatro virtual. Na sala mostraranse as diferentes etapas da reconstrucción dos monumentos da Acrópole, en especial dos templos do Partenón e do Erection.

O
novo museo da Acrópole de Atenas
, conxunto de monumentos universais de máis de 25.000 anos de antiguïdade, disporá da 1º sala de realidade virtual no mundo cando abra as súas portas no 2007.

Tamén instalarase na Roca sagrada, onde se erixiron os catro monumentos da Acrópole, un sistema de estancos informativos, e crearase un arquivo dixital do Servizo da Preservación dos monumentos da Acrópole, unha biblioteca electrónica e DVD’s, aos que se terá acesso dende internet.

Etiquetas: ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial