Novos inventos musicais: ¿instrumentos ou tecnoloxía?
Nazaret Agrasar Crespo
Algúns inventos teñen cambiado a maneira de producir melodías:
* Unha chaqueta de licra que ensina a dirixir orquestras
Un director pode practicar frente a unha orquestra sintetizada que responde ós seus movementos. Cando unha persoa leva a chaqueta, esta conéctase cun sintetizador de música, o cal automáticamente toca varias pezas.
* O Accordiatron, o acordeón do futuro
O Accordiatron ten unha forma parecida a un acordeón e tócase similarmente a este. Sen embargo, o que produce a música non é o aire comprimido na concertina senón as sinais transmitidas dixitalmente a un ordeador o cal convírteas en sons musicais.
* Cando o movemento crea música
O ‘zapato expresivo’ está formado de sensores instalados na suela que, conectados a un ordeador, responden ás variacións en presión do pé do bailarín. Ó resultado é que non só o baile expresa a música senón que a música expresa o movemento.
* O e-mail musical
Este e-mail comeza a toca-la canción ó ser aberto, sen necesidade de que o seu destinatario esté en línea cando o recibe. Esta innovación é posible grazas á tecnoloxía chamada " Koan Vector Audio", a cal permite escribir música con dez caracteres do ordeador.
* O sintetizador de vento
É un instrumento musical electrónico que se toca como un instrumento de vento: saxofón, trompeta o clarinete. Moita xente ó ve-lo tocar non nota que se trata dun instrumento electrónico. O instrumento en sí mesmo non produce sons, só secuencias de control para ser reproducidas por un sintetizador de son tradicional.
* Novas guitarras
0 Comentários:
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial