01 dezembro 2006

O CAD NO AUTOMÓBIL

Noel Miguéns González

O termo diseño de automóbiles asistido por ordenador foi acuñado por Duglas Ras e Dwight Baumann en 1959 e apareceu por primeira vez no ano 1963 nun proxecto creado polo MIT titulado Computer Aided Design Proyect, no que Iván Sutherland desarrolla Sketchpad para a súa tese de doutoramento.




Este foi o primeiro sistema que mediante manipulación directa de gráficos nunha pantalla podía dar instrucións o ordenador.

Os primeiros materiais foron unha pantalla, un lápiz optico e un tableiro de Switches que foron os medios cos que Sutherland contou para organizar este programa interativo orientado a producción de debuxo técnico. Os primeiros que se empezaron a crear facíanse a unha escala de 2000:1.

O deseño de automóbiles asistido por ordenador utilizábase para a representación gráfica de acordo cunha idea dun obxecto gráfico e tamén consiste en especificar as propiedades e cualidades do sistema a deseñar. Isto require un gran esforzo de deseño polo que se realizan varios procesos: Antes de ser sometidos a un proceso de cadea é normal fabricar un prototipo fóra da cadea de montaxe. Os prototipos fanse para detectar os fallos no modelo que se vai fabricar e así podelo mellorar pouco a pouco ata que estea perfecto e non teña ningún erro.



Despois de realizar os
prototipos prodúcese a realización de ensaios para saber se o producto ten algún defecto e se o ten volver atrás e correxilo para que o producto saia perfecto.

Cando se acaba o deseño pásase a outra fase chamada a
fase de documentación que é onde se ten toda a información para a descricion do sistema e os seus compoñentes, os esquemas de montaxe, a lista de compoñentes etc.

Despois de acabar o proceso de documentación constrúese todo o obxecto seguindo todos os pasos para non ter ningún defecto no obxecto e así envialo xa ao mercado para ser utilizado nos coches e para que non teñan ningún problema. Senón, sería unha perda moi importante para os deseñadores e os compradores, que terían que envialo outra vez para correxir os defectos do obxecto, polo que seguen eses pasos para que sala perfecto ao mercado.

Etiquetas: ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial