ARBITRAXE ELECTRÓNICA NO FÚTBOL
María Jesús Lafuente Campos
O fútbol, que manexa cantidades inxentes de diñeiro, fixo ata o momento pequenos escarceos e incursións no mundo da tecnoloxía, pero aíndaa se resiste a adoptala con todas as consecuencias e parece decidido a vivir de costas ás posibilidades que lle ofrece o progreso técnico.
Porén, dou algúns pasos, e os árbitros foron os seus principias protagonistas e beneficiarios. A utilización destes adiantos é ben sinxela, afórrase tempo e gañaríanse moitas comodidades na labor anterior e posterior a cada partido. O árbitro sempre leva o ordenador de bolsillo para recibir tódolos datos necesarios para abrir o acta. Antes do partido, o árbitro encende o ordenador de bolsillo e aparécelle a hora, o día, o lugar e os equipos de encontro.
Cando o árbitro chega ao estadio, non ten máis que pulsar sobre o dorsal dos xogadores titulares e suplentes e aparécelle na pantalla as 11 camisetas de cada equipo. Cando ocorre algunha incidencia durante o encontro, xa sexa unha tarxeta, un gol ou un cambio de colexiado, non ten máis que pulsar sobre o dorsal do xogador e escoller no menú o tipo de incidencia.
Etiquetas: DEPORTE
0 Comentários:
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial