21 maio 2007

A BIOTECNOLOXIA

Daniel Barral de Jesús

A biotecnoloxia é a tecnoloxia baseada na bioloxía, especialmente usada na agricultura, farmacia, ciencia dos alimentos, ciencias forestais e na medicina.



Tamén poderíase dicir que a biotecnoloxia é toda aplicación que utilice sistemas biolóxicos e organismos vivos para a creación ou modificación de productos.

A biotecnoloxia ten diferentes subíndices:

· A biotecnoloxia humana: esta consiste en quitarlle un fragmento de ADN a unha persoa e con esto pódese determinar diferentes causas, como a paternidade de algunha persoa, para investigar en enfermidades hereditarias, etc.



· A biotecnoloxia ambiental: esta clase de biotecnoloxia refírese a aplicación de procesos biolóxicos modernos para a recuperación do medio ambiente ou dalgún desastre biolóxico ( como na caso de Galiza, os vertidos de fuel oíl nas costas galega ). Tamén se usan estes microorganismos para a limpeza de augas residuais e para a purificación do aire, entre outras.

· A biotecnoloxia alimenticia: esta, sen ningunha duda é da que máis se fala na sociedade en xeneral, xa que con esta tecnoloxia prodúcense os organismos modificados xeneticamente ( OMX ), ou tamén chamados alimentos transxénicos. Moitas empresas internacionais moi coñecidas, elaboran estes productos nos seus laboratorios, para un consumidor que ve, que ese producto dúralle moito máis tempo ou parece de boa calidade, pero estes productos solo traen beneficios para estas grandes empresas, para o consumidor ningún, xa que os productos que venden están o mesmo prezo cos non manipulados, ou con moi pouca variación no prezo.

Os transxénicos teñen algún beneficios, como por exemplo:

· Alimentos con máis vitaminas, minerais e proteínas e menor contido de graxa.

· Cultivos resistentes as séqueas, as pragas de insectos, a causa atmosféricas,etc.

· Maior conservación de froitas e legumes.

Pero tamén hai xente que di, que estes productos poñen en perigo a salud humana, creada novas enfermidades perigososas e alerxias.

A biotecnoloxia pode ser un gran avance para ao futuro, pode erradicar enfermidades, eliminar a fame do mundo,intentar eliminar a contaminación, pero sen ningunha duda vai ser moi criticada polo seu risco para o ser humano

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial