MÚSICA E INTELIXENCIA ARTIFICIAL A TRAVÉS DO ORDENADOR
María Lagoa Jamardo
Un ordenador é un sistema dixital capaz de procesar datos a partir dun grupo de instruccións, denominado programa. En resumo, o ordenador é unha dualidade entre hardware (parte física) e software (parte lóxica).
EDSAC foi o nome que se lle deu ao primeiro ordenador do mundo, que foi desenvolvido na Universidade de Cambrige polo equipo de Maurice V.Wilkis, posto en marcha en Abril de 1949.
Desde a invención dos ordenadores moitos compositores probaron modelos matemáticos que foron pensados para incorporar procesos de composición musical, tales como os sistemas combinatorios, que conseguiron crear unha música interesante e desde entón avanzaouse moito na utilización de formalismos matemáticos e modelos de computación na composición.
Boulez e os traballos estocásticos de Xenakis son uns exemplos excepcionais. A música culturalmente nunca foi tan complexa coma nestes momentos. Os cambios prodúcense a unha velocidade moi grande. A estética non evoluciona tan rápido como os avances tecnolóxicos. Vivimos nunha sociedade high- tech, que é a do Século XXI. A teoría non contempla os novos sintetizadores e as vías que inventamos para traballar co sonido: usar o ordenador como un asistente na composición dunha peza de música.
O ordenador toma unha idea xeral e desenvovle partituras ou ben audio grabado. Os sonidos resultantes non teñen a calidade artística inherente ao talento humano, pero sen duda son un interesante grupo de notas.
Etiquetas: ARTES, FUTURO, INFORMÁTICA
0 Comentários:
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial