15 outubro 2007

EVOLUCIÓN DAS VIDEOCONSOLAS

Pedro Piñeiro Rodríguez

Unha videoconsola consola de videoxogos, sistema de videoxogos, é un sistema de hardware e software para o fogar, diseñado inicialmente para xogar a videoxogo.



Hoxe en día incorporan importantes características multimedia. Ó igual que os ordenadores persoais, poden adoptar diferentes formas e tamaños. Deste modo, poden ser de sobremesa, e dicir, requerir ser conectadas a unha televisión para a visualización do videoxogo , ou ben ser portátiles, contando cunha pantalla integrada e unha fonte de alimentación propia (baterías ou pilas). Os videoxogos poden vir en cartuchos de plástico, que protexen unha placa con chips nos que está almacenado o software, ou tamén poden estar en disquetes, tarxetas, cedés ou deuvedés. Estes dous últimos formatos son os que definitivamente parecen terse imposto actualmente nas chamadas consolas de sobremesa, A partir de 2002, o formato cartucho so se utiliza básicamente para videoconsolas portátiles, mentras que para as consolas de sobremesa utilizanse os dous últimos formatos de disco.


Nos primeiros anos da década dos oitenta, a presenza de computadores pode considerarse anecdótica. Se ben é certo que, xa dende os anos 60, existían avenuras do estilo das míticas «The Colossal Cave», ou «Zork», éstas só funcionaban en ordenadores PDP e similares, instalados en universidades ou centros de estudos científicos, o alcance só dos privilexiados. En España, tivemos que esperar ata 1980 para poder disfrutar das primeiras máquinas recreativas, as populares "máquinas de marcianitos", que nos mostraron os primeros xogos , do estilo do «Ping Pong», e o «Pac Man» A comezos de 1982, comercializaronse as primeras consolas “Atari”, equipadas con cartuchos, que nos permitían disfrutar dos primeiros títulos (Ping-Pong e o PacMan) na nosa casa, así como outros igualmente populares, coma o «Robotron» ou «Invasores». Tamén, neste ano, comenzaron a verse os primeiros ordenadores domésticos, importados directamente de Francia ou Gran Bretaña.

A contunuacion amósovos os 3 primeiros prototipos de videoxogo:

LANZAMENTO DE MISILES En 1947 Thomas T. Goldsmith y Estle Ray Mann patentaron un sistema electrónico de xogo que simulaba o lanzamento de misiles contra un obxetivo, baseabase nas pantallas de radar que usaba o exército na enton recente segunda guerra mundial. O sistema funcionaba con válvulas e usaba unha pantalla de rayos catódicos. Permitía axustar a velocidade e a curva do disparo, pero os obxetivos estaban sobreimpresionados, non había movemento de video na pantalla, non se lle considera videoxogo.

TRES EN RAIA En 1952 Alexander Sandy Douglas presenta sua tesis de doctorado en matemáticas na Universidade de Cambridge (Inglaterra) sobre a interactividade entre seres humanos e computadoras, a tesis inclue o código do primero xogo gráfico con constancia segura, é unha versión do "Tres en Raia" (Tic Tac Toe) para unha computadora EDSAC, deseñada e construida nesa mesma universidade. O programa tomaba as decisions correctas en cada momento do xogo segúndo o movemento realizado polo xogador, que o facía mediante un dial telefónico de roda que incorporaba a computadora EDSAC. Este xogo é tratado como precedente, xa que non se lle considera realmente un videoxogo, senon un xogo gráfico por ordenador, xa que non existía video en movemento.

PONG (TENNIS FOR TWO) William Nighinbottham en 1958 creou un xogo chamado Tenis Para Dous (Tennis for two) usando un osciloscopio de laboratorio, consistía en interceptar unha bola que cruzaba a pantalla movendo unha línea que facía de paleta. Seu autor mostrouno como curiosidade científica, nunca patentou a sua invención e así foi que Tenis Para Dos foi comercializado a partir de 1972 por Atari co nome de Pong cun gran éxito. Consideramolo o primeiro videoxogo da historia.




Na actualidade só tres empresas se disputan o mercado da videoconsola de sobremesa: Microsoft (xbox 360) , Nintendo (nintendo wii) e Sony (Play Station 3). A cuarta en discordia, Sega, na súa dura pugna con Nintendo nos anos 80 e 90 pola hexemonía neste mercado, tirou a toalla e interrumpiu de forma definitiva a producción de Dreamcast, a sua consola de 128 bits de sexta xeración, en 2001. En canto a portátiles se refire, están: a veterana Nintendo(Gameboy advance, e a nintendo DS), a inexperta neste campo Sony (PSP “PlayStationPortable”) e a firma coreana Game Park Holdings.







Características dun videoxogo:Gráficos Os gráficos son a forma de ver un videoxogo , a calidade visual coa que se aprecian os elementos na pantalla. Nun principio todo-los elementos eran en 2 dimensions, é dicir, todo o que se mostraba na pantalla era plano. Na actualidade a maioría dos xogos desarrollanse en 3 dimensions, dando así máis realismo ós sus contidos.Xogabilidade O control do xogo é unha das facetas máis importantes. A forma de manexar o xogo debe ser fácil e intuitiva, senon a aprendizaxe pode ser costosa e por consiguinte o xogo non chame a atención. Por exemplo se para manexar un avión nun xogo de simulación necesitamos moitas teclas, o xogo será moi complicado e os usuarios iniciados necesitarán moito tempo para ter cierta habilidade neste xogo. SonidoA calidade de sonido evolucionou paralelamente ós gráficos, dende o sonido do altofalante do ordenador (só eran pitidos que emitía el altofalante interno do ordenador) ata o sonido envolvente que existe actualmente. Este sonido envolvente consiguese colocando altofalantes diante e detrás do usuario. Desta maneira os sonidos que no xogo proveñan de diante sonarán diante do xogador, e os sonidos que proveñan de detrás no xogo sonarán detrás.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial