15 outubro 2007

A EVOLUCIÓN DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN GRAZAS ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS

Jennifer Romero Sanmiguel

Os comunicadores sociais definen a información como toda mensaxe que está feita para dar a coñecer a outros individuos as nosas emocións, sentimentos, formas de pensar, situacións na que nos atopamos, etc... A través de certos símbolos, signos e palabras que nos permitan entendernos cos demáis. Por outra parte a comunicación recoñécese como un proceso de intercambio de información, un intercambio de ideas cuxo resultado é alcanzar ideas novas ou reforzar as ideas xa coñecidas. Debe ser por iso que na historia do mundo, as revolucións da humanidade estiveron marcadas polos grandes avances que se deron na capacidade de comunicación do home.




Satisfacer cada vez mellor as necesidades comunicativas foi unha constante na vida do home. Por iso, este desexo de mellora, foi o impulso que logrou a creación no mundo de instrumentos cada día máis poderosos e veloces no proceso comunicativo. É sinxelo ver como resultou este proceso: os métodos de comunicación foron dende rudimentarios métodos como a escritura xeroglífica, pasando pola invención do alfabeto e do papel, máis tarde a imprenta, e un tempo despois outros moito máis elaborados como o teléfono , o cine, a radio a televisión e a prensa.

Todos estes instrumentos foron un avance nas formas de comunicación do home e, prácticamente todos, foron posibles grazas á tecnoloxía, que a súa vez foi o instrumento cuxa evolución determinou o avance da humanidade.

Na historia da humanidade, os cambios no ámbito tecnolóxico, ligados estes ós cambios nos aspectos comunicativos do home, foron os promotores do desenvolvemento da especie e, en gran medida, provocaron cambios de “época”. A aparición da agricultura na etapa primitiva, a Revolución Industrial no século XV, son algúns dos exemplos máis claros.


Os diferentes e perfeccionados medios de comunicación que se empregan na actualidade son unha maneira de mostrar cómo o home se comunica cos seus semellantes e debido ós grandes avances que coñecemos, poderíase pensar que a situación actual é inmellorable. Non obstante a humanidade segue crecendo, evolucionando e, mentres o home exista, a súa búsqueda para comunicarse máis e mellor non se deterá. Por tanto a evolución da comunicación humana segue en marcha.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial