26 outubro 2007

EVOLUCIÓN DAS ZAPATILLAS DEPORTIVAS

Daniel Barral de Jesús

A evolución das zapatillas deportivas, tanto como as de uso diario ou as zapatillas de baloncesto foi enorme, desde a primeira cámara de aire ata hoxe en día que son moito máis traballadas e modernas.




As principais marcas deportivas que desenvolveron unha enorme evolución nas súas zapatillas foron: Nike, Reebok, Jordan, And1 e Adidas. No referente a Nike, as súas famosas Nike Air evolucionaron moito desde o seu primeiro día, esa tecnoloxía Air consistía nunha plantilla composta dunha película de poliuterano inflada con gas e selada de modo que non se estropeaba co tempo. Das zapatillas Nike Air elaboráronse diferentes deportivas con mellor amortiguación e cámaras de aire moito máis modernas e con mellor deseño, entre elas están as Nike Air 180, Air Max, Air 360 e Nike Shox. Unha das máis modernas zapatillas lanzadas hai pouco foron as Air Force 25, esta é unha nova xeración de zapatillas de baloncesto, teñen unha suela transparente que mostra a combinación dunha bolsa de aire Zoom Air Bag, no fronte, e unha burbulla Air Max na parte correspondente ao talón do pé.


As outras marcas deportivas, tiveron unha evolución moi similar as de Nike, todas tiveron unha revolución na técnica, materiais, novas tecnoloxías relacionadas co benestar do pé do xogador. Tanto Jordan, Nike, Adidas, And1 e Reebok, teñen unha tecnoloxía moi similar. Todas estas marcas intentan conseguir para as súas zapatillas un maior agarre na pista, mellor suspensión ou amortiguación ca finalidade de que a caída despois dun salto sexa menos prexudicial para os xeonllos, cámaras de aire relacionadas ca suspensión e que mellora o salto do xogador, nalgúns a cámara de aire pódese regular o gusto do xogador, e que sexan lixeiras, reducindo o seu peso. Pero tamén estas empresas buscan que a persoa que usa a súa zapatilla se caracterice por algo, así que as grandes empresas fan nas súas zapatillas uns deseños gráficos impresionantes, co fin de que esa zapatilla estea caracterizada polo seu deseño e cores, non olvidándose tamén da tecnoloxía que non se ve por fóra.

Etiquetas:

1 Comentários:

Às 1:19 da tarde, novembro 11, 2007 , Anonymous Anónimo disse...

a verdade e que como este traballo verase poucos, si daniel era moi traballador, si si

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial