25 janeiro 2008

AVANCES NA MEDICINA DEBIDOS Á TECNOLOXÍA

Catuxa Magariños Barreiro

A primeira escola de medicina fundouse hai arredor duns 2.500 anos, chamada Escola de Medicina Occidental. Moitas persoas se fixeron famosas grazas aos avances tecnolóxicos na medicina, inventando así a ciruxía robótica, que permite, por exemplo, realizar operacións a longa distancia, ou a nanotecnoloxía. Antes, realizar algunha operación sen que o paciente sufrise, parecía un futuro que se atopara moi lonxe, e agora parece que o temos de toda a vida. Nos nosos tempos a tecnoloxía non só se usa para operar, senón tamén para previr enfermidades, para rehabilitacións, investigacións médicas, etc.



Alguhas das datas máis importantes nesta rama son:
1895: descubrimento dos “Raios X”
1921: utilízase o microscopio nunha operación
1942: utilízase un riñón artificial
1952: implantación do primeiro marcapasos
1953: obtense o modelo de dobre hélice de ADN
1967: primeiro transplante de corazón
1978: primeiro bebé in Vitro




Estas son algunhas das datas mais importantes, pero hai moitas mais. Na medicina aplícanse diversos micropocesadores como a
nanotecnoloxía ou a ciruxía robótica .Ainda que estes avances nos curen ou polo menos melloren o noso estado con enfermedades que antes eran imposibles de curar, causaron numerosos problemas éticos que xa existían no tempo de Hipócrates e que aínda hoxe non se lles encontrou solución ninguna (así a senté prefire utilizar a medicina alternativa).



Un exemplo é o código do rei Hammurabi que regulaba os distintos aspectos da sociedade e dos médicos nos reinos de Sumeria e Arcadía. Nos nosos tempos usar un audífono, un marcapasos ou as lentes de contacto, é un implante biolóxico do máis normal; sen embargo, estes avances prodúcense de maneiras cada vez máis inxeniosas usando a bionanotecnoloxía. Ésta emprégase nos fármacos ou nos implantes. Tamén podemos utilizar os
radioinmunoanálisis, que descubren moitas enfermidades. Mediante a producción de prototipos en tamaños nanométricos, estúdase o crecemento das células humanas. Algún día, no futuro próximo, xuntando os avances no campo da electrónica, dos biomateriais e da informática, conseguiranse novos dispositivos que reparen os danos causados no sistema nervioso e así devolverlles a esperanza dos 300 000 paralíticos que hai aproximadamente en Europa.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial