30 abril 2009

A holografía e a primeira televisión holográfica

Mireia García

-¿Que é a holografía?
A holografía é unha técnica que produce imaxes nunha placa fotosensible, pero o método utilizado para facer esto é totalmente diferente. A holografía produce unha imaxe chamada holograma, nesta imaxen queda rexistrada toda a información visual en forma tridimensional do obxeto do cal se quere sacar o holograma. Na holografía non se graba a imaxe do obxeto, o que se rexistra na placa fotosensible, na que se quere grabar o holograma, é a interferencia xenerada polo haz de referencia e a luz reflexada polo obxeto que é producida pola haz do obxeto. O haz do obxeto, refléxase sobre o obxeto do cal queremos sacar o holograma, e esta luz reflexada xenera unha interferencia ao contrastarse coa luz do haz de referencia. Despois de quedar grabado o holograma na placa fotosensible, esta placa ten un proceso de revelado moi similar ao revelado fotográfico. Unha vez que se ten a placa revelada do holograma para poder velo de novo, enfocamos o haz de referencia sobre a placa, facendo que apareza de novo unha imaxe virtual en tres dimensións do obxeto do cal sacamos o holograma.

-Aplicacións da holografía.
A holografía ten moitas aplicacións no mundo actual, entre moitas delas compren destacar:
*A xeneración de imaxes médicas tridimensionais
.
*A determinación de deformacións de obxetos que han estado baixo presións.
*Tensións ou cambios de temperatura.
*A implantación de hologramas en dispositivos de seguridade como tarxetas de acceso ou área de seguridade.
*A aplicación de técnicas holográficas para o almacenamento de informacón.

-Os distintos tipos de hologramas.
Os hologramas, as imaxes que produce a holografía, poden aparecer no mundo de moitas formas, e cada unha delas, son distintas.
Hologramas de Fresnel
: son un dos tipos de hologramas mais simples, aínda que tamén, son os mais reales e impresionantes, pero teñen o problema de que soamente se poden observar coa luz dun láser.

* Hologramas de reflexión: este tipo de hologramas, foron inventados por Y. N. Denisyuk, na Unión Soviética. Diferénzase dos outros porque o haz de referencia, chega por detrás e non polo frente. Este tipo de hologramas ten unha ventaxa, que se pode observar cunha lámpada normal.


* Hologramas de plano imaxen: son aqueles nos que o obxeto se coloca sobre o plano do holograma, o obxeto non está físicamente colocado nese plano. A imaxen real do obxeto, é a que se coloca no plano da placa fotográfica. Para observar estes hologramas, é necesario un láser.

* Hologramas de arco iris: estes tipos de hologramas foron inventados por Stephen Benton, en 1969. Con estes tipos de hologramas, non soamente se reproduce a imaxe do obxeto deseado, senon que ademais, reprodúcese a imaxen real dunha liña horizontal, sobre os ollos do observador/a. A través desta imaxen, aparece o obxeto holográfico, flotando no aire. Este tipo de hologramas, ten unha gran ventaxa, que as imaxes se poden observar iluminando o holograma coa luz branca dunha lámpada incandescente
común.

* Hologramas de cor: os hologramas de cor, pódense lograr se usamos varios láseres de distintos cores, tanto durante a exposición como na observación. Por desgracia, as técnicas usadas para levar a cabo estos hologramas son complicadas e moi caras. Ademais, a fidelidade dos cores non é moi alta, que se poida decir.

* Hologramas prensados: estes hologramas son xeralmente de plano imaxen ou de arco iris, a fin de facelos observables, con luz branca ordinaria. Pero o proceso para obtelos é diferente, en lugar de rexistralos sobre unha placa fotográfica, úsase unha capa dunha resina fotosensible, chamada Fotoresist. Coa exposición á luz, a placa fotográfica, ennegrécese. Pola sua contra, a resina, adelgaza neses puntos. Tamén dito doutra forma, a información non queda grabada no holograma como un Sistema de franxas de interferencias obscuras, senón que queda como un Sistema de surcos microscópicos.

* Hologramas de computadora: As franxas de interferencia
que se obteñen con calquera obxeto imaxinario ou real pódese calcular, cunha computadora. Unha vez calculadas estas franxas, pódense mostrar nunha pantalla e logo fotografiar. Esta fotografía sería un holograma sintético. Este tipos de hologramas teñen unha gran desventaxa, e é que non é nada fácil, representar obxetos moi complicados e con detalles. Pero tamén ten unha gran ventaxa, e é que se pode representar calquer obxato imaxinario. Esta técnica, é moi útil na interferometría.

-CLARO Holoscreen.
Claro holoscreen é o nome da primeira televisión holográfica que existe no mundo. O equipo cuxas imáxenes parecen hologramas, non só funcionan como televisión. Teñen entradas para DVD, computadoras e consolas de xogo. Sábese que Xapón é a cuna da tecnoloxía e é por iso que eles son os primeiros en poñer á venta á que ben podería ser a televisión de futuro.
Esta televisión ten a panatalla máis plana do mundo, é moi similar á dunha televisión normal, pero nesta pantalla, refléxanse as imáxenes que parecen hologramas. A venta destes equipos é casi unha exclusuvidade. Para adquirir unha das 50 que saldrán ao mercado, os interesados deberán acercarse á tenda de Harrod´s en Londres e terán que pagar preto duns 30.000 dólares.
O producto fai que os espectadores teñan a sensación de que a imaxe se atopa suspendida en medio do aire, algo que recrea a un holograma. Así mesmo, explica que a imaxe aparece na pantalla gracias á luz que desprende o seu proyector. Cando chega á tela transparente, a luz representa a imaxe como un auténtico holograma, aínda que realmente non o sexa.
A pantalla é de 1´5 metro por 1 metro, mentres que o espesor é de 10 mm.Según indica o fabricante, a pantalla posee entradas para televisión por cable, satelital, DVD, video, computadoras, laptops e consolas de xogos como a Play Station, todas esas funcións con apenas apretar un botón de econtrol remoto.
Por si queda algunha dúbida, a cada un dos computadores se lles ofrecerá a instalación do producto e toda a información necesaria sen cargo para... encenderse e disfrutar.


Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial