30 abril 2009

Wifi, posible risco para a saúde

Eva Limeres

O wifi (Fidelidade Inalámbrica polas súas siglas en inglés) é unha tecnoloxía avanzada, con respecto as redes inalámbricas, que ata fai pouco deron por anunciar que era un posible risco para a nosa saúde. Segundo varios análises, non se coñecen suficientemente ben os problemas que causan as ondas de radio, é moi posible por non dicir, que é seguro, que a súas transmisións son de tres veces máis potentes que as emitidas pola torre de telefonía móbil.
Aínda que non se pode afirmar que sexa malo para a saúde, fai uns anos anunciaban que as torres de telefonía móbil
non podían estar preto das escolas, quizais esto xa sexa tarde, pois agora nas escolas ou na maioría delas teñen zona wifi e, posiblemente, ó chegar a casa tamén estean rodeados desas ondas que nos poden causar efectos na nosa saúde, pero que polo momento non se encontrou ningún defecto.
Como afirman moitos profesores especializados, eles non lle deixarían ós seus fillos pasar moito tempo pegados a un ordenador que estivera producíndolle esas radiacións aínda que non causaran ningún problema, pero mais vale previr que lamentar, afirman.
A pesar de que o Wifi é unha tecnoloxía doada de manexar e que esta moi revolucionada na forma de conexión, traerá consigo bastantes problemas para o futuro. Con isto quero dicir, que se encontraron problemas polo seu uso. Aínda que a exposición das ondas wifi
soen ser moi pequenas, xa que son transmisores de baixa potencia e soen estar a distancias do corpo, vivir nun entorno wifi, debe estar vixiado.
Pódese deducir que a radiación de microondas no rango da frecuencia Wifi causa cambios de conducta, xa que altera as funcións cognitivas
, activa a resposta do estres e interfire nas ondas cerebrais.
Como podemos comprobar entre as tecnoloxías das torres de control de telefonía móbil, o bluetooh..., o máis prexudicial para a nosa saúde sigue sendo o wifi, xa que as outras tecnoloxías non aportan problemas algúns.

O bluetooh
permite enviar: información, musica, fotos, etc.; e polo que se ve aínda non ten ningunha radiación que nos poida causar problemas cerebrais ou de ansiedade. Por outra parte, as torres de telefonía móbil aínda que antes de que se puidera deducir os problemas que causa o wifi, viña sendo o que nos preocupaba, xa que emitía ondas que causaban algunhas incomodidades. Despois de que saíu a luz o problema do wifi e como si se esqueceran dos problemas das torres de telefonía móbil, deixando a un lado esas radiacións que agora ó lado do wifi non viñan sendo nada. Non obstante as torres de telefonía móbil seguen proxectando esas radiacións que ninguén lle da interese por mirar por elas. Isto é debido a tecnoloxía wifi, xa que cando inventan algún obxecto novo esquecense por completo dos anteriores, deixando os problemas que estes causaban ó aire libre e despreocupándose deles.
Polo momento, aínda esta permitido utilizar esta nova tecnoloxía nos lugares onde poidas coller as ondas. A xente soe ter aparellos nos que a través de antenas as ondas son mellor captadas e así prodúcese o contacto co internet.
As novas propostas que suxiren agora nos pobos pequenos son estender antenas por todo o pobo e así os cidadáns/as poidan ter acceso a internet dunha forma gratuíta, e a unha velocidade de 54 Mbps (mega bits por segundo) motivo polo que se entende que non debe ser moi perigoso o problema do wifi coa saúde.
No entanto, con esto quero terminar, dando por aclarado, que os problemas do wifi non son aínda moi prexudiciais no que levamos traballado con eles, pero iso non quita que nos esquezamos del, deixando de lado como se fixo con moitas outras tecnoloxías que por sorte non causaron graves problemas.

Etiquetas: ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial