30 abril 2009

Aportes da Tecnoloxía para mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade física

Mireia Garcia Mosquera

No mundo, hai moita xente con algún tipo de discapacidade física, pero hoxe en dia, case se poden integrar á sociedade, como persoas normais, debido aos novos avances tecnolóxicos. Grazas a estes novos avances da tecnoloxía, moitas persoas con discapacidade, poden levar unha vida diaria normal, teñen mais facilidades, mais oportunidades de atopar un oficio, poden valerse por si sós e sen axuda de nadie... Neste “post” o que vou intentar é explicarvos algúns destes avances tecnolóxicos.

Sintetizadores de voz.
Din moitos expertos que un dos problemas mais grandes que hai entre as persoas discapacitadas é a discapacidade visual aguda; isto significa que non teñen suficiente capacidade de visión, pero grazas as novas e avanzadas tecnoloxías, estas persoas poden estar tranquilas xa que para algo se inventou o sintetizador de voz. Este recurso, é un dos mais recomendados polos expertos, consiste en cantar os textos que aparecen nas pantallas. Algúns destes sintetizadores han conseguido fecerse portátiles.
Polímero electro-óptico.
Un polímero é un material conseguido a través da inxeñería molecular. A eficacia dos novos polímeros é cinco veces mais útil, que o material inorgánico que se utiliza para fabricar aparatos ópticos. Este novo avance contribuirá nas grandes melloras dos aparatos ópticos que forman parte do sector de telecomunicacións e ordenadores de alta velocidade. Este material conseguiuse grazas á colaboración entre Lumera e a Universidade de Washington. Científicos de esta universidade aplicaron novos avances da nanotecnoloxía para producir unha maior eficiencia, que outros materiais, na actividade do electro-óptico.Según un portavoz da universidade, estes nanomateriais, permitirán maior número de posibilidades no campo de diseños de aparatos.

Tecnoloxías adaptadas.
Alt64, é unha consultora especializada en internet. Non fai moito tempo, presentou o monitor Eye Track 1750, este monitor permite escribir ou navegar pola rede só dirixindo a mirada cara o monitor. Tobii Technology, é unha empresa sueca que lanzou ó mercado este monitor, que lles facilita as persoas con algún impedimento físico, provocados por enfermidades como tetraplexia ou escloriose múltiple, manexar sen ningún tipo de problema o ordenador.
Outra empresa importante IBM, creu na década dos sesenta, un mecanismo de recoñecemento de voz do usuario, inventou un software para escribir u editar textos sen necesidade do teclado. A súa última creación foi a Web Adaptation Technology (WAT), un software, no que o usuario pode configurar como quere ver, escoitar e activar os sitios, xa que ten a facultade de elixir o tamaño das letras, dos espacios entre líneas... poñendo o cursor entre o requerido, e facilita o uso do rato e do teclado, entre outras alternativas. Outro tipo de enfermidades son as enfermidades neurodexenerativas que grazas a avances da tecnoloxía pódense facer tratamentos con carbamatos de fenilio.

X Woofer, un colar vibrador.Trátase dun revolucionario sistema, de audio-vibración, que se coloca a redor do cuello e permite captar, as sensacións da película, da música ou do vídeo xogo, multiplicando as sensacións. Un día nunha feria unha chica provou este colar vibrador, púxose a ver a televisión e á vez que a ía vendo, notaba como o seu corpo vibraba, cando rematou de probalo, pedíronlle a súa opinión con respecto ao producto, ela non tiña palabras para expresar o que sentira poque non podía creer o que acavaba de ver, quedou moi contenta. Moitas veces pensamos que xa o temos todo visto e non é verdade, por exemplo, con respecto á tecnoloixía, cada vez o inxenio de moitos fabricantes nos sorprende mais. Este aparato é compatible con calquera: DVD, TV, CD Player, Navegador, PS/2, X-BOX, Ordenador...

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial