Prevención de accidentes domésticos
Catuxa Magariños
No noso fogar pasamos moitas horas ao longo da nosa vida e é moi probable que sucedan accidentes domésticos por algún que outro despiste. Ainda que todos os membros da familia teñen as mesmas posibilidades de sufrir un accidente, son os cativos e as persoas maiores os que os sofren con maior frecuencia. Isto ocorre pola ignorancia e a despreocupación. A maioría destes accidentes domésticos son a causa de caídas, intoxicacións, alerxias, irritacións, queimaduras, incendios e explosións, electrocucións, asfixia respiratoria, golpes e feridas. Velaquí algúns consellos para previlos:
* Evitar tocar un enchufe coas máns molladas: previr electrocucións
* No cuarto dos rapaces que ás veces queren deixar unha luz encendida pola noite, deixarlle unha de baixo voltaxe ou a pilas.
* Nas salas de estar, as televisións que sexan de alto voltaxe, colocalas sobre unha base firme para evitar que caian. Apagar a televisión cando saia da habitación e evitar que a rodeen cortinas nin muebles para evitar incendios.
* Os extintores deben ser capaces de apagar incendios eléctricos ou de combustibles. Débese comprobar a miúdo a súa presión…
A metade dos rapaces que morren cada ano son por accidentes domésticos. Os menores de quince anos tiveron que recibir atención sanitaria debido a asfixias, atragantamentos, queimaduras por manipular obxectos dunha elevada temperatura, intoxicacións por fugas...
Os descoidos no fogar son debidos a excesos de confianza nun lugar donde existen moitos elementos perigosos como aparellos electrónicos, aparellos de gas... Como os cativos e os anciáns son os máis expostos a estes accidentes, é preciso utilizar guías donde explican as causas e consecuencias dunha serie de circunstancias ou elementos que son comúns en moitos fogares e que poden causar algún perigo. Estas guías normalmente están escritas en diferentes idiomas como o rumano ou o inglés, porque as persoas que coidan dos nenos e dos maiores suelen responder a estas nacionalidades.
Actualmente, os accidentes domésticos superan nas porcentaxes aos accidentes de transporte, deportivos ou de recreo. En España cada día rexístrnse máis de 5.120 accidentes domésticos o que o converte nunha das principias lesións, e está nas máns de todos evitalos ou polo menos reducilos.
Actualmente, os accidentes domésticos superan nas porcentaxes aos accidentes de transporte, deportivos ou de recreo. En España cada día rexístrnse máis de 5.120 accidentes domésticos o que o converte nunha das principias lesións, e está nas máns de todos evitalos ou polo menos reducilos.
Etiquetas: TEMAS SOCIAIS
0 Comentários:
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial