30 abril 2009

A fusión nuclear

David Núñez Gerpe

A fusión nuclear é un proceso polo cal dous núcleos atómicos unense para formar outro de maior peso atómico, pero como todos os núcleos posúen unha carga positiva, vanse a repeler entre si. Para conseguilo hai que aportar desde fora a enerxía suficiente como para superar esta oposición entre ambos. Na fusión nuclear, usanse átomos lixeiros (ex:Hidróxeno), pois estes só teñen un protón e é máis facil acabar coa forza de repulsión entre os núcleos dos átomos; aínda así, para que se leve a cabo isto, hai que expoñer os atomos a unhas temperaturas de millóns de grados.
Nunhas condicións tan extremas de presión e temperatura, a materia adopta forma de plasma neste estado, os electróns separanse dos núcleos atómicos, e os ións positivos, apiñanse entre sí e fusionanse debido a velocidade. Despois da unión destes núcleos atómicos, a diferencia de masa liberada sae en forma de enerxía
, esta varía en función dos núcleos que se unen e do producto da reacción.
Ata o momento construironse algúns reactores nucleares deste tipo, pero non bastaron para seguir cas investigacións. Varios países do mundo invertiron conxuntamente diñeiro e recursos científicos para poñer en marcha o ITER, un reactor xigante que xa se empezou a construir no sur de Francia. Comenzará a funcionar no 2016, e o seu obxetivo será rendir unha potencia de 500 MW durante 500 segundos. Aínda así, o objetivo do ITER non será obter electricidade, senón avanzar nas investigacións relativas a fusión nuclear e reunir o suficiente caudal de coñecemento como para poder construir unha hipotética central núclear de fusión.
Vantaxes:
* Os combustibles que usa (deuterio e tritio)
son moi abundantes.
* Non provoca fumes nin polucións de ningún tipo, polo que é un bo sustituto dos combustibles fósiles.
* É moi estable, non produce ningunha reacción en cadea; e se surxe algún problema no reactor, a reacción detense expontáneamente.
* Non produce residuos radiactivos de ningún tipo, e a propia radioactividad acumulada na instalación sería de vida corta.
Desvantaxes:
* Aínda que non xéren residuos radiactivos, no proceso de fusión nuclear xerarase ‘‘basura nuclear’’.
* Costará máis diñeiro facer este tipo de reactores. No Proxecto do ITER en Francia xa se levan invertidos uns 13.000 milllóns de euros.
* Aínda que se usen combustibles moi abundantes, non son renobables.

¿ Qué é o ITER ?
O ITER é un reactor experimental que intentará reproducir na Terra as reaccións nucleares que dan enerxía ao sol e a outras estrelas. O reactor consolidará todo o que se aprendeu en décadas de estudos. Se funciona, e compróbase que estas tecnoloxías son prácticas, a comunidade internacional construirá un prototipo comercial do reactor, chamado "Demo". A etapa final sería desenvolver a tecnoloxía de fusión nuclear en todo o mundo. Tamén se considera a posibilidade de realizar a fusión nuclear por ultrasonidos.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial