02 dezembro 2009

AS CENTRAIS NUCLEARES DE FISION

Enrique Fernandez Vazquez

As centrais nucleares de fisión
son unhas instalacións onde se produce enerxía eléctrica a partir da calorífica que desprende a fisión do uranio.
O proceso para a obtención da electricidade é sempre igual:
-No reactor
prodúcese a fisión, que desprende enerxía calorífica; con esa enerxía calorífica quéntase ata a ebullició auga que é conducida ata unha turbina á cal move pola súa elevada presión xerando electricidade.Esta electricidade é conducida á rede para o seu consumo. Despois disto, o vapor de auga é refrixerado na torre de refrixeración para volver ser empregada no mesmo proceso.
O reactor é a parte fundamental desta intalacióon debido a que é o lugar onde se produce a fisión dos átomos de uranio e onde se recolle o calor desprendido pola fisión.
Ten varias partes:
-O combustible formado por un material fisionable, normalmente uranio, é o causante das reacción caloríficas ó sufrir cambios de estado.
-O moderador que fai diminuír a velocidade dos neutróns rápidos convertíndoos en lentos ou térmicos. Para dito proceso úsanse como moderadores a auga pesada, auga lixeira ou grafito.
-O refrixerante que convirte o calor xerado no reactor. Utilízase auga pesada, lixeira, anhídrido carbónico ou helio.
-O reflector,que reduce o escape de neutrones producidos na fision.Utilizase auga,grafito ou auga pesada.
-Os elementos de control,absorven os neutrons producidos na fision para producir enerxia electrica.
-A blindaxe,evita o escape de radiacions.Utilizase o formigon,a auga e o chumbo.
Nas centrais podense distinguir tres partes que faran mais sinxela o sua composición e a ubicación das diferentes partes:
-Circuito primario:Abrangue todolos procesos de obtención de enerxia calorifica dentro do reactor.
-Circuito secundario:Abrangue os procesos de tranformacion da enerxia calorifica en electrica fervendo auga (transformandoa en vapor)para que mova unha turbina xeradora.
-Circuito terciario:Basease na refrixeracion do circuito de condensación para poder vover utilizar a auga que move a turvina en forma de vapor.Normalmente este circuito levase a cabo nas torres de refrixeracion.


Problemas da obtención de enerxia pola via nuclear:
-Os residuos producidos tardan miles de millons de anos en degradarse.
-Os residuos teñes unha alta contaminación radioactiva polo que so se poden almacenar en grandes bloques de formigon e sendo soterrados a kilómetros de distacia do solo.
-As centrales ainda que teñen unha boa e complexa seguridade siguen producindose accidentes e escapes de radiación.

Etiquetas:

23 novembro 2009

O AUTOMÓBIL SOLAR

Erik Penedo Jamardo

Un automóbil solar consegue facer o seu movemento debido a que as celdas fotovoltaicas
transforman a enerxía solar directamente en enerxía eléctrica, e esta almacenas nas baterias eléctricas que propulsan a un motor eléctrico que fai que se mova o coche.

O sistema eléctrico é un complexo sistema baseado fundamentalmente na electrónica de potencia xa que a súa función principal é regular a electricidade do automóbil. Tamén ten algúns compoñentes que incluen seguidores de potencia de pico, control do motor e o sistema de adquisición de datos. O motor eléctrico move normalmente unha soa roda debido a gran baixa potencia que utiliza. Hay varios tipos de transmisión: transmisión directa con unha sola reducción, transmisón por correa de relación variable e logo está a máis usada nos coches solares que é a transmisión directa. Os centos de celulas fotovoltaicas forman as placas solares que transforman a enerxía solar en enerxía eléctrica; unha placa solar actúa como un conxunto de pilas en serie.

O problema máis grande é que dea a sombra nunha célula fotovoltaica e entón isto actuaria coma un diodo, é dicir, que bloquea a corrente de toda cadena. Os deseñadores usan diodos de desvío en paralelo para que se algunha célula fotovoltaica non está en activo permita que flúa a corrente eléctrica, e así, funcione o sistema.

A potencia producida pola placa solar depende das condicións meteorolóxicas, da posición do sol e da capacidade da placa. Cada día na terra cae máis enerxía que toda a enerxía que consumirian uns case 6 millóns de habitantes en 27 anos. Tamén é certo que solo centramos a nosa atención nas enerxías alternativas cando temos problemas coa autosuficiencia de enerxía.


Etiquetas: ,

30 abril 2009

A SUBA DOS COMBUSTIBLES EN ESPAÑA DA PRIMAVERA DE 2.008

Javier Caamaño

O petróleo
é unha sustancia viscosa formada por moitos compoñentes orgánicos, que soen ser hidrocarburos, estes son o resultado da descomposición da materia orgánica provinte de plantas e animais cuyos restos foron sepultados antes de descompoñerse totalmente. O petróleo é imprescindible para a fabricación de combustibles necesarios para o funcionamento de toda clase de maquinas e gracias o petróleo formase: “a gasolina” a que se usa como combustible e coa que crea o plástico e outros materiais.

O petróleo sube por diversos motivos e uns déles son os seguintes: un dexasuste entre a oferta e a demanda, a especulación financiera, as condicións xeopolíticas, a OPEP (Organización de Países Exportadores de Petróleo). Debido á suba do prezo do petróleo o resultado é que tamén suba o precio da gasolina por iso as persoas que precisan utilizar moito combustible para facer o seu traballo “transportistas, pescadores, constructores,... ” quiexanse da subida tan brusca que experimentaron os combustibles neste ultimo ano xa que nestes momentos o prezo dos combustibles é o dobre que ai un ano, por culpa desa suba de prezo, os traballadores do sector de transportes e de pesca convocaron unha folga
por tempo indefinido xa que perdían máis cartos dos que gañaban por culpa dos prezos dos combustible.
A folga de transportistas e pescadores revoluciona
os consumidores debido a falta de comida nos supermercados, combustibles nas gasolineiras, pescados na pescadería , ..... e demais cousas que fixeron que o pais se paralizase uns días.

O obxetivo da folga era que o goberno español tomara medidas con respeto a suba dos prezos
dos combustibles e para iso a folga tiña que chegar a oídos dos membros do goberno español.

Etiquetas: ,

A ENERXÍA XEOTÉRMICA

Mireia García

A enerxía xeotérmica é unha fonte de enerxía renovable ligada a volcáns, géiseres, augas termais e zonas tectónicas xeolóxicamente recentes, é dicir, con actividade nos últimos dez ou vinte mil anos na codia terrestre. Para poder obter esta enerxía é necesaria a presenza de xacementos de auga quente preto de esas zonas. O solo perfórase e extráese líquido, que sairá en forma de en forma de vapor se a súa temperatura é suficientemente alta e poderase aproveitar para accionar unha turbina que coa súa rotación move un xerador que produce enerxía eléctrica. A auga xeotérmica utilizada devólvese posteriormente ao pozo, mediante un proceso de inxección, para ser requentada, manter a presión e sustentar a reserva. Entre 1995 e 2002 a potencia xeotérmica instalada no mundo creceu de maneira continua, pasando de 6.837 a 8.356 megavatios, o que representa un aumento dun 22,3%.

Dependendo da temperatura á que sae a auga, pódense distinguir dous tipos de campos xeotérmicos:
·Enerxía xeotérmica de alta temperatura, que existe en zonas activas da codia terrestre, a súa temperatura está comprometida entre 150 e 400 graos centígrados e prodúcese vapor na superficie. Un campo xeotérmico debe constar dun teito composto por rochas impermeables, un depósito ou por un acuífero (este último de permeabilidade elevada, entre 300 e 2.000 metros de profundidade) e de rochas fracturadas para que permitan unha circulación de fluídos. A explotación dun campo de estas características faise mediante perforacións con técnicas case idénticas ás da extracción do petróleo.
·Enerxía xeotérmica de temperatura media, os fluídos dos acuíferos están a temperaturas menos elevadas, entre 70 e 150 graos centígrados. A conversión vapor-electricidade realízase cun menor rendemento e as pequenas centrais eléctricas poden explotar estes recursos. A enerxía xeotérmica de baixa temperatura é aproveitable en zonas máis amplias que as anteriores, por exemplo, en todas as concas sedimentarias.
·Enerxía xeotérmica de baixa temperatura, os fluídos quentan a temperaturas comprendidas entre 20 e 60 graos centígrados. Esta enerxía utilízase para necesidades domésticas, urbanas ou agrícolas. No mundo existen varias experiencias notables en este sentido en Italia, Nova Zelandia e Canadá, lugares nos que a enerxía xeotérmica apoia o consumo tradicional.
-As principais áreas xeolóxicas, ou tamén chamadas zonas quentes, son as áreas que bordean o Océano Pacífico: Os Andes de Sudamérica, México, Xapón, Canadá, Alaska, Rusia, Indonesia, Filipinas e Nova Zalandia. Respecto a España, Almería destaca polas súas numerosas zonas de elevado gradiente xeotérmico positivo, é dicir, propicias para instalar plantas xeotérmicas, aínda que polo momento o único uso que se explotou nesta provincia é de balnoterapia. Na illa canaria da Palma, estúdase tamén a posibilidade de instalar unha planta xeotérmica.

-Vantaxes da enerxía xeotérmica:
·O seu custe é moi baixo e non implica ningún risco.
·O fluxo de produción de enerxía é constante ao longo do ano.
·Non depende das variacións estacionais como a chuvia, os caudais dos ríos, etc…
·É o complemento ideal para as plantas hidroeléctricas.
·É unha fonte que evitaría a moitos países a dependencia enerxética do exterior.
·Os residuos que produce son mínimos e ocasionan menor impacto ambiental
que os orixinados polo petróleo, carbón…

-Inconvenientes da enerxía xeotérmica:
·Emite ácido sulfhídrico e de CO2.
·Posibilidade de contaminación de augas próximas con sustancias como arsénico, amoníaco…
·Contaminación térmica

·Deterioro do paisaxe.
·Non se pode transportar.

En Galicia, estase a investigar sobre a posibilidade de poder tratar con industrias xeotérmicas, de momento hai dúas liñas de investigación a seguir, unha liña xeotérmica, para estudar as capacidades para producir enerxía térmica dos solos de Galiza, e outra xeofísica, para a caracterización dos materiais que os compoñen.·A primeira liña baséase no estudo da condutividade térmica dos solos de Galiza. Mídense a temperatura e a condutividade térmica do solo. A finalidade é o uso da enerxía xeotérmica en instalacións de calefacción, aire acondicionado ou ambos.·A segunda liña permite unha caracterización do solo polo comportamento dos seus materiais, a partir da realización de perforacións. A recollida de datos permitirá a interpretación litolóxica dos materiais afectados pola perforación, obtendo información da súa densidade, porosidade, radioactividade, espesor e presenza de fluídos.
Segundo os responsables do proxecto, tanto en Galiza como no conxunto do Estado, non existen precedentes dunha investigación xeotérmica destas características, “polo que Galiza encabezaría a investigación na tecnoloxía de instalacións xeotérmicas”. O interese do estudo radica, como indican os investigadores, “na posibilidade de que as instalacións de calefacción se alimenten con enerxías renovables”, sendo a xeotermia “unha das posibilidades máis importantes para Galiza debido á súa xeoloxía e ao seu clima”.
O CTE
, estableceu en España moitas leis para que se reducise o consumo de enerxía, as instalacións de paneis fotovoltaicos e sistemas renovables. En Inglaterra, por exemplo, instaláronse case 2016 de enerxía cero, o que quere dicir que non podían cubrir todas as súas necesidades enerxéticas.
Unha das tecnoloxías máis importantes para o aproveitamento desta enerxía é a bomba de calor xeotérmica
ou bomba para calor de fonte terrestre, que aproveita a enerxía térmica almacenada entre cincuenta e trescentos metros de profundidade da codia terrestre, para producir calefacción no inverno e aire acondicionado no verán consumindo ao redor dun 70% menos ca unha instalación convencional de combustible fósil como o gasóleo.·O estudo é necesario, segundo afirma a empresa Ingeo, para coñecer as características que deben ter as perforacións nas que se instalen os captadores de enerxía no subsolo.

Etiquetas:

ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA

Borja Lorenzo

Calcúlase que as reservas coñecidas e estimadas de petróleo e gas natural serán suficientes só para a primeira parte deste siglo considerando o actual ritmo de crecemento no seu uso, polo que tamén os prezos deben ir en aumento. Por outra parte , a explotación dos combustibles fósiles debe frearse con urxencia polas afectacións que orixina ao planeta. Por estas razóns , grandes cambios na infraestructura do sistema enerxético están chamados a recurrir nun futuro non tan lonxano, á enerxía solar fotovoltaica.


Os paneis solares están formados por celdas fotovoltaicas
, unhas células elaboradas a base de sicilio puro con adición de impurezas de certos elementos químicos, sendo capaces de xerar cada un de 2 a 4 Amperios, a unha voltaxe de 0’46 a 0’48 voltios.

Para aumentar a eficiencia e disminuír os custos, continúan as investigacións nas celdas de sicilio monocristalino nos seguintes aspectos:
- Pasivación da superficie con estabilidade mellorada e recombinación superficial
reducida.
- Reducción da resistencia mellorando a metalización.
- Emisores de avanzada.
- Proceso de fabricación para reducir custos.
- Estructuras sobre sustratos de menor calidade ou máis fracas.
- Obtención de sustratos de baixo custo con maior calidade.

Plantéase polo tanto unha labor de investigación básica orientada ao desarrollo de novos materiais semiconductores que sirvan de base para unha nova xeración de células solares fotovoltaicas de eficiencias amplamente superiores as dispoñibles actualmente no mercado. Paralelamente trabállase na mellora de dous productos clave para a industria fotovoltaica: o vidro que recubre os paneis fotovoltaicos e o copolímero etileno-acetato de vinilo
que se emprega como encapsulante.
O vidro que se emprega usualmente para os paneis fotovoltaicos é un vidro templado extraclaro, que alcanza transmisións de ata o 91%, de 3-4 mm de espesor e texturado para minimizar a reflexión da luz e favorecer a transmisión cara o material semiconductor. O encapsulante resulta, ademáis de opticamente transparente , estable a altas temperaturas e altas doses de radiación ultravioleta.
O obxectivo é incorporar ao vidro e ao encapsulante, principios activos de mellorar a resposta da célula a radiación incidente. Ademáis preténdese estudar o comportamento dos novos sistemas baixo concetración da luz solar. Dado que os procesos de transicións electrónicas involucrados son fortemente non lineais, espérase un importante aumento da eficiencia conseguida empregando a luz solar concetrada.

Etiquetas:

BATERIAS DE COMBUSTIBLE

Rubén Castiñeiras Mondragón

Neste post vou falar das baterías de combustible para portátiles , ordenadores e teléfonos móviles. É un novo invento que pode resolver moitos problemas cando o móvil ou ordenador se quede sin batería como en moitos casos que estás realizando unha operación e...¡¡¡¡paffff!!!! queda sen batería e non podes realizar esa operación tan desexada. Dentro duns aniños, quizais teñas que ir a unha farmacia para recargalos de alcohol. As baterías de combustible están chegando.

Aínda que as novas baterías con íons de litio teñen moitas vantaxes, todavía é necesario
dispor de electricidade para recargalas e están alcanzando o límite do seu rendemento. En comparación as baterías de combustible
só necesitan unha pequena cantidade de alcohol para unha pequenas horas de funcionamento.
A compañía fabricante de ordenadores LG dispón desde decembro pasado un modelo portátil que se alimenta cunha batería que consume alcohol ou gas natural. Estas baterías poden suministrar 10 horas de autonomía a un portátil cun consumo medio de 25W.Trátase de apenas unha batería de 200cc e son evidentemente recargables con cargas desbotables. Estas baterías teñen un coste de 500$ e poderánse comprar no súper do barrio cun coste aproximado de 1$.
Eu supoño que todo o mundo se preguntará ¿baterías ou cartuchos de recarga?


Aínda que o combustible sexa moi barato e accesible parece que para recargalo haberá que utilizar cartuchos de recarga que se espera que sexan incompatibles uns con outros.Segundo a consultora IDC, o mercado das baterías de combustible podería medrar a un ritmo do 23%, alcanzando os 3.500millóns de dólares de volume en 2010.
Só falta saber que farán cos cartuchos de alcohol nos controis dos aeroportos.

¿Cómo funcionan?
As baterías de combustible funcionan
producindo electricidade a partir dunha reacción química na que se oxida un combustible , como hidróxeno ou alcohol mentres que as baterías máis comúns son sistemas pechados e as de combustible necesitan que se recarguen os reactivos para funcionar .
A primeira célula foi fabricada polo científico escocés Sir William Robert en 1843, aínda que o seu funcionamento xa se coñecía dende 1838 descuberto por Crhistian Fiedrich.As células de combustible máis sinxelas son as de hidróxeno .O gas faise por un catalizador de de platino que separa os electróns .Mentres que os electróns pasan por un circuito externo (creando corriente para alimentar dispositivos) e os ións positivos combínanse con osíxeno, xerando auga.


As baterías de metanol tamén seguen un principio parecido .A molécula de metanol é rica en hidróxeno e ten a vantaxe de que ao ser un liquido e é moito máis fácil de manexar e de producir que o gas hidróxeno.
As baterías de combustible non son de todo bo tamén teñen as súas vantaxes e inconvintes
como tódalas cousas .As súas vantaxes son:
-Non necesitan de almacenamento de enerxía frente as baterías convencionais.
-Non necesitan de recarga de enerxía frente as baterías convencionales.
-Elevada eficiencia
-Non emisión de contaminantes
-Silenciosa

Tamén presenta inconvintes como:
-Coste elevado
-Disponibilidade de opcións de combustible
-Durabilidade
-Aceptación pública
-99% obtención de H2 actualmente a partir de combustibles fósiles.Non solución a eliminación de combustibles fósiles.

As principales compañías que están levando a cabo esos inventos Sony,
LG e Samsung.

Etiquetas:

A fusión nuclear

David Núñez Gerpe

A fusión nuclear é un proceso polo cal dous núcleos atómicos unense para formar outro de maior peso atómico, pero como todos os núcleos posúen unha carga positiva, vanse a repeler entre si. Para conseguilo hai que aportar desde fora a enerxía suficiente como para superar esta oposición entre ambos. Na fusión nuclear, usanse átomos lixeiros (ex:Hidróxeno), pois estes só teñen un protón e é máis facil acabar coa forza de repulsión entre os núcleos dos átomos; aínda así, para que se leve a cabo isto, hai que expoñer os atomos a unhas temperaturas de millóns de grados.
Nunhas condicións tan extremas de presión e temperatura, a materia adopta forma de plasma neste estado, os electróns separanse dos núcleos atómicos, e os ións positivos, apiñanse entre sí e fusionanse debido a velocidade. Despois da unión destes núcleos atómicos, a diferencia de masa liberada sae en forma de enerxía
, esta varía en función dos núcleos que se unen e do producto da reacción.
Ata o momento construironse algúns reactores nucleares deste tipo, pero non bastaron para seguir cas investigacións. Varios países do mundo invertiron conxuntamente diñeiro e recursos científicos para poñer en marcha o ITER, un reactor xigante que xa se empezou a construir no sur de Francia. Comenzará a funcionar no 2016, e o seu obxetivo será rendir unha potencia de 500 MW durante 500 segundos. Aínda así, o objetivo do ITER non será obter electricidade, senón avanzar nas investigacións relativas a fusión nuclear e reunir o suficiente caudal de coñecemento como para poder construir unha hipotética central núclear de fusión.
Vantaxes:
* Os combustibles que usa (deuterio e tritio)
son moi abundantes.
* Non provoca fumes nin polucións de ningún tipo, polo que é un bo sustituto dos combustibles fósiles.
* É moi estable, non produce ningunha reacción en cadea; e se surxe algún problema no reactor, a reacción detense expontáneamente.
* Non produce residuos radiactivos de ningún tipo, e a propia radioactividad acumulada na instalación sería de vida corta.
Desvantaxes:
* Aínda que non xéren residuos radiactivos, no proceso de fusión nuclear xerarase ‘‘basura nuclear’’.
* Costará máis diñeiro facer este tipo de reactores. No Proxecto do ITER en Francia xa se levan invertidos uns 13.000 milllóns de euros.
* Aínda que se usen combustibles moi abundantes, non son renobables.

¿ Qué é o ITER ?
O ITER é un reactor experimental que intentará reproducir na Terra as reaccións nucleares que dan enerxía ao sol e a outras estrelas. O reactor consolidará todo o que se aprendeu en décadas de estudos. Se funciona, e compróbase que estas tecnoloxías son prácticas, a comunidade internacional construirá un prototipo comercial do reactor, chamado "Demo". A etapa final sería desenvolver a tecnoloxía de fusión nuclear en todo o mundo. Tamén se considera a posibilidade de realizar a fusión nuclear por ultrasonidos.

Etiquetas:

Fontes renovables en Galicia

Javier Caamaño

As enerxias renovables poderian solucionar moitos problemas ambientais como por exemplo un dos mais preocupantes nestes momentos como e o quencemento global xa que as enerxias renovables terian que supoñer un mais da metade da enerxia que se consome en Galicia.
Galicia e xunto Canarias e a zona do Estreito son as zonas que presentan mellares posibilidades de aprobeitamento, especialmente nas costas comprendidas entre os dous cabos de Estaca de Bares e Finisterre nos que a priori podese considerar un potencial enerxetico superior os 400 W/m2 con velocidades medias de 30 Km./h.
As enerxias renovables en Galicia son moi importantes porque Galicia pode conseguir enerxia de calquera fonte renovables pero de todas formas a que mais se aprobeita e a enerxia eolica , pero tamen se aprobeita : a enerxia solar , hidráulica .
Actualmente
Galicia esta a conseguir bastante enerxia renovable para o consumo dos habitantes galegos.
Enerxia eólica
: è a conversión da anerxia do vento en electricidade por medio de aeroxenaradores con tamaños que abarcan dende alguns vatios ata 4000 kilovatios , actualmente a capacidade instalada e de 7000000 que equivale a 7 grandes centrais nucleares.
Enerxia solar: a nerxia solar non so e un recurso poderoso se non que tamen e flexible . A enerxia solar pode satisfacer como pouco as necesidades da vivenda como por exemplo : na cociña , na calefacción ,….
Enerxia hidráulica
: hay unha gran variedade de formas de obter enexia por medio da auga en movenmento , en españa poderia incluso duplicarse facendo en españa e construindo os tipos de conseguir enerxia por medio do movemento que teñen noutros paises .
En Galicia estase a constuir parque eolicos que proporcionan moita cantiadade de enerxia para os cidadans galegos pero ainda se poderia conseguier mais enerxia das fontes renovables para non so o consumo en galicia senon tamen para o consumo de enerxia en España.

Nas terras galegas poderianse contruir por exemplo mais presas das que xa hay xa que crean moita enerxia para o consumo e ademais a enerxia conseguida viria dunha fonte de enerxia renovable como a auga ( o movemento da auga nos rios , mares , … )

Etiquetas: ,

25 janeiro 2008

OS BIOCOMBUSTIBLES

Borja Lorenzo Lafuente

Os biocombustibles usan a biomasa vexetal servindo de fonte de enerxía renovable para os motores empregados. O seu uso xera unha menor contaminación do medio ambiente. E son os sustitutos dos combustibles fósiles.


Existen 3 tipos de biocombustibles:
-O biodiesel é un combustible renovable que se pode empregar puro ou mesturado con gasoil en calquera
motor diésel. Obtense a partir de aceites vexetais e/ou de graxas animais, por exemplo: Colza, xirasol, soia, sebo, mani, etc…
-O bioetanol permite substituir os aditivos que se empregan actualmente e que xeran contaminación ambiental, sustituindo a nafta por alcohol de caña.
-O biogás obtense a partir da fermentación dos desfeitos orgánicos.
Hai varios motivos polos que producir biocombustibles:
-Para dispoñer de combustibles renovables, para os nosos vehículos xa que os combustibles fósiles estanse esgotando.
-Para mellorar o autoabastecemento de enerxía en zonas rurais.
-É unha fonte de enerxía reciclable e inagotable
Hai varios motivos polos que non producir biocombustibles:
-Cabe a posibilidade de que este tipo de enerxía poida reducir a cantidade de cultivos de alimentos.
-Os biocombustibles, na destilación, provocan unha maior emisión de CO2 con respeto á gasolina e o gasóleo.
-Necesítanse grandes espacios de cultivo para producilos

As consecuencias para o medio ambiente co seu fomento en moitos países subdesenvolvidos están destruíndo as súas selvas para crear plantacións de biocombustibles. Realmente os biocombustibles seguen contribuindo no quencemeto global porque seguen emitindo CO2 pola combustión do propio biocombustible. Ademais tamen afectan sobre o medio ambiente os fertilizantes que empregamos para o cultivo do propio biocombustible.

Etiquetas: ,

26 outubro 2007

A ENERXÍA NUCLEAR

Victoria Sanmarco Dieste

A enerxía nuclear é aquela que resulta do aproveitamento da capacidade que teñen algúns isótopos de certos elementos químicos para experimentar reaccións nucleares e emitir enerxía na transformación. Unha reacción nuclear consiste na modificación da composición do núcleo atómico dun elemento, que muta e pasa a ser outro elemento como consecuencia do proceso.




VENTAXAS E INCONVINTES:
A enerxía nuclear
xera un tercio da enerxía eléctrica que se produce na Unión Europea. Os verquidos das centrais nucleares ó exterior, pódense clasificar como mínimos, e proceden en forma gaseosa da chimenea da central, pero expúlsanse grandes cantidades doe aire, e pouca de radiactividade, e en forma líquida, a través do canal de descarga. Polo seu baixo poder contaminante, as centrais nucleares frenan a chuvia ácida e a acumulación de residuos tóxicos no medio ambente. Estas eran as súas vantaxas pero tamén ten enconvintes como o risco de accidentes, o requentamento dos ríos, o aumento das enfermidades producidas pola radioactividade, etc.



ACCIDENTE DE CHERNOBYL:
O equipo que operaba na pranta o día 26 de abril de 1986, propuso realizar un experimento coa intención de aumentar a seguridade do reactor.
Para realizar este experimento, os técnicos non querían deter o reactor para evitar un fenómeno coñecido como “envelenamento por xenon”.

Os operadores insertaron as barras de control par disminuir a potencia do reactor e esta decaeu ata os 30 MW. Para evitar un envelenamento aumentaron a potencia do reactor subindo as barras de control, pero co reactor a punto de apagarse, os operadores retiraron manualmente demasiadas barras de control. Cos sistemas de emerxencia desconectados, os reactor experimentou unha subida de potencia extremadamente rápida que os operadores non detectaron a tempo. Catro horas despois de comenzar o experimento, algúns na sala de control, comezaron a darse contade que algo ía mal, oírnse fortes ruídos e entón produciuse unha explosión causada pola formación dunha nube de hidróxeno dentro do núcleo, que fixo voar o teito a 100 t do reactor provocando un incendio na pranta e unha xigantesca emisión de productos de fisión
á atmósfera.

Etiquetas:

23 maio 2007

AFORROS DE ENERXÍA NO FOGAR

Nazaret Agrasar Crespo

A casa é por definición, o ámbito do privado. A electricidade facilítanos a vida diaria. Pero tamén é importantísimo ter en conta a transcendencia que hoxe en día supón o consumo de enerxía no interior dos fogares, o que hai que facer é un bo uso da enerxía e utilizala con mayor eficiencia.

Un principio esencial para o aforro da enerxía consiste en coñecer como funcionan os equipos e aparellos no fogar, os diferentes tipos de enerxías que consumen e o distinto aproveitamento que podemos obter deles.

Aforrar enerxía é o camiño máis eficaz para reducir as emisións contaminantes de CO2 á atmósfera, e polo tanto deter o quentamento global.


Ademais aforrar enerxía ten outras vantaxes para o medio ambiente. Todas estas vantaxes traducen a unha mellor calidade de vida.


Como aforrar enerxía:

A instalación eléctrica: Sempre se debe de revisar a instalación para buscar puntos quentes; apague as luces, desconecte os aparatos eléctricos,...

Iluminación no fogar: A iluminación representa unha terceira parte do consumo de enerxía nos fogares, do que se paga na factura por consumo de electricidad. Para iso ten que seguir unhas recomendacións.



Debido á facilidade con que podemos usala electricidade, hai en ocasións que olvidamos o inmenso valor que ten. Afortunadamente cuidala enerxía é moi sencillo.

Etiquetas:

A ENERXÍA SOLAR

Alberto Otero García

A Enerxía Solar, e unha enerxía renovable que se basea na absorción da radiación solar para a producción de electricidade, ou simplemente para quentas algún liquido para a sua utilización posterior.

Hai varios tipos de enerxía solar:

-A enerxia solar térmica que mediante espellos que estan posicionados de unha forma na que todas as suas refraccions se concentren nun punto concreto. Estes espellos movense mediante, un ordenador,a medida na que se move o sol ppara concentrar sempre no mesmo punto a radiación. A radiacción dos espellos é reflexada nunha torre. Esta torre absorbe o calor e quenta auga, que se converterá en vapor a alta presión. Este vapor moverá unha turbina que está conetada a un alternador que oo xirar producirá electricidade. Logo o vapor de auga que sala, sera vapor a baixa presión ou auga directamente que volverá a torre para quentarse de novo coa radiación solar.

-A enerxía solar fotovoltaica baséase na utilización de paneles fotovoltaicos.Estes conteñen unhas celulas que o recibiren a radiación do sol xeran electricidade. Eses paneis estan formados por unas placas onde se atopan as células fotovoltaicas e sobre elas hai varios plásticos para obter mayor absorción. O recibir as radiacións, a celulas crean onha diferencia de potencial entre os dous conductores que teñen nos estremos da placa, e crean unha corrente continua de elecrons, ou sexa, electricidade para o seu posterior translado e consumo.

-Os colectores solares.Estes son os que se usan non so en centrais senon tamen nas casas.Este sistema conten unha placa solar que absorbe a radiación solar para trasmitirlle esa enerxía a auga que utilizaremos nos grifos, duchas e para calefacción. A placa ten que estar feita dun material oscuro para obter a mayor capacidade de absorción de radiación e a menor perdida posible.Cando a auga que pasa por un serpentin se quenta podemola usar directamente a temperatura que se atopa,ou usar un quentador de combustible para aumentar a sua temperatura.



A enerxía solar ten moitas vantaxes, pero tamen os seus inconvenientes:


* Vantaxes:
-E unha enerxía renovable polo que non se esgotara por moito que a usemos.
-Non produce emisións contaminantes a atmosfera, ou sexa, non contamina.
-E relativamente barata.
-Non require moi to mantemento.

*Inconvenientes:
-Resulta moi caro construílas.
-So funcionan de día porque de noite non hai luz.
-Os dias que estan nublados non produce moito.
-Nas térmicas, tense que usar un pouco de combustible fósil xa que o sol n e capaz de quentar o suficiente a auga.


Etiquetas: