05 março 2021

RADIOTERAPIA DE FEIXE EXTERNO

Blanca García Mosquera


A radioterapia é un tipo de tratamento para o cranco moi útil a día de hoxe e que a maior parte das veces combínase con quimioterapia, cirurxía ou ambas; aínda que tamén se pode empegar só. En concreto, comentaremos a radioterapia de feixe externo, un tipo de radioterapia onde un feixe de radiación enfílase dende un lugar exterior cara un punto concreto do corpo para tratar de eliminar tan só o tecido afectado. 


HISTORIA


Todo comezou cando Wilhelm Conrad Röntgen descubriu os raios X en novembro de 1895.


Máis tarde leváronse a cabo outros grandes feitos que marcaron a radiaoterapia de hoxe así como outros usos da radiación.

Estes son:

-O descubrimento da radioactividade por Antoine Henri Becquerel en 1896..
-Primeiro tratamento de radioterapia en 1896 a unha muller de 55 anos con cancro de mama en Estados Unidos.

-Marie e Pierre Curie denominan radioactivo ao polonio por primeira vez en 1898.

Uns anos despois, en 1922, é cando a Oncoloxía se establece como disciplina médica.

O seguinte avance máis transcendetal foi en 1972 cando se incorporou a tomografía computerizada (TC) comercial á práctica médica, o que permitiu que a partir da década dos oitenta se empregara nas planificacións dos tratamentos de radioterapia para coñecer con exactitute a posición e dimensións do tumor. Antes dos oitenta tan só se empregaban radiografías simples e verificacións en 2D o que tiña como consecuencia menos precisión e más tecido sá danado. A partir dos noventa sumáronse máis métodos de planificación e localización dos tumores para a radioterapia como a resonancia magnética nuclear (RMN).

Finalmente chegamos ao século XXI, cando comezan a empregarse novos programas 4D que teñen en conta os desprazamentos do tumor cos movementos fisiolóxicos como respirar.

TRATAMENTO

Dentro da radioterapia podemos distinguir tres tipos: radioterapia interna, externa e intraoperatoria. Mais só nos imos centrar na radioterapia externa ou radioterapia de feixe externo posto que neste tratamento empréganse feixes de partículas radiactivas que destrúen o tumor. Segundo as partículas que se empreguen temos tres tipos de feixes: de protóns, de electróns e de fotóns.


Normalmente, a radioterapia distribúese en sesións segundo o tipo de tumor, o tamaño, a localización, etc. O radioncólogo (doutor especializado na radioterapia), o físico médico e o dosimetrista serán os encargados de estudar o cancro e crear un plan de tratamento adoitado ás necesidades do doente.


No momento das sesións (tras simulación e outras probas) é importante levar roupa cómoda e evitar o maquillaxe, as xoias, os pendentes, etc… Despois o paciente pode ser colocado nunha camilla para ese tratamento. Probablemente tamén haxa unha máscara ou outro obxecto, deseñado particularmene para el, que o axude a manterse inmóbil. A continuación, o persoal irá a unha sala dende a que poderá ver e falar co doente por medio de cámaras, micrófonos e altofalantes instalados nas diferentes estancias.


O obxectivo da radioterapia é destruir os tecidos cancerosos sen danar os sás. Isto é posible grazas a que os tecidos tumorais son máis sensíbeis e non poden recuperar o dano como os normais, estes fenómenos estúdaos a radiobioloxía.


Con todo, a radioterapia tamén conta con efectos secundarios. Algúns deles son cansancio e fatiga, inflamación e pesadez da mama (no caso de tratarse dun cancro deste tipo), sequedade da pel, etc. Porén estas máquinas focalizan moi ben os feixes de enerxía de modo que os efectos secundarios adoitan ser leves e ben tolerados. Con descanso, unha boa dieta, exercicio físico e prendas cómodas fan máis levadeiras as molestias.


Isto tan só foi un breve resumo introductoria da radioterapia, máis se che pareceu interesante, podes continuar investigando sobre a materia en internet ou nos “links” onde obtivemos a información onde aparecen moitos máis detalles. Verdadeiramente podes pasar días aprendendo sobre a radioterapia e sempre atoparás curiosidades novas.

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial