20 janeiro 2011

BOT CONVERSACIONAL

Lucía García Chenlo

Un bot conversacional ou programa conversacional é un programa informático diseñado para simular manter unha conversación, de relativa intelixencia, con unha ou máis persoas mediante teclado e/ou audio. Na actualidade, algúns destes bots inclúen programas conversores de texto a sonido, o que permite maior realismo á interación co usuario.

Para establecer unha conversa non se poden empregar frases complexas, deben ser facilmente comprensibles e coherentes. Aínda así os bots actuais son limitados, non consiguen comprender todo. Estes programas teñen en conta as palabras ou frases do interlocutor , o que permite que empreguen unha serie de respostas preparadas con anterioridade. De esta maneira, o bot é capaz de seguir unha conversa con unha mínima lóxica aínda que non saiba do que esta a falar.

Existen diversos métodos que se empregan para simular a súa inteligencia: algúns programas utilizan complicados patróns heurísticos mantendo un rexistro dos temas tratado

s na conversación para ubicalo no contexto, mentres que outros simplemente contestan empreñando a súa base de datos, sen manter un rexistro dos temas a tratar.

Moitos deles están implementados vía web, podendo calquera usuario iniciar unha conversación, xeralmente en inglés.

Os bots conversacionales foron programados para interactuar co usuario a modo de Chat. Moitas veces próbanse charlas exclusivamente entre dous programas para probar aspectos como a eficiencia, nivel acadado, etc. Algúns destes bots van máis alá do seu obxetivo básico, e constitúense como verdadeiros programas aos que se lles pode pedir que desenvolvan actividades como vixiar o correo electrónico entrante, abrir o procesador de textos ao reproducir música…
Algúns veñen provistos de “paquetes” sobre distintos temas ao mesmo tempo que poden aprender a medida que van coñecendo ao usuario. Polo momento no existe un auténtico aprendizaje senon que se limitan a memorizar frases e citas.

Unha das utilidades destes prgramas aplícase ás v

eces ao IRC (Internet Relay Chat), no que moitas veces próbanse estes programas en conversacións con outros usuarios do chat, que descoñecen que o interlocutor da súa conversa non é humano, e desta maneira evalúanse dunha boa forma as cualidades dos programas.

Algúns bots conversacionais dos máis coñecidos son:

- ELIZA: é un antigo e popular programa que simula Intelixencia Artificial. Foi desenvolvido no 1966 polo Dr. Joseph Weizenbaum. Foi escrito orixinalmente na linguaxe LISP. O programa traballa con técnicas e patróns de recoñecementos de frases.

- PARRY: é un coñecido chatterbot que permite manter unha conversa co programa de relativa coherencia. PARRY foi escrito en 1972 polo psiquiatra Kenneth Colby e despois pola Universidade de Stanford. O programa intenta simular un esquizofrénico paranoico.

PARRY e ELIZA conversaron varias veces entre sí, pero o encontro máis popular ocorreu no ICCC 1972, donde falaron a través de ARPANET.

Outros bots máis recentes son:

- A.L.I.C.E.: (Artificial Linguistic Internet Computer Entity) é un simulador de intelixencia que procesa a linguaxe natural humana e intenta manter unha conversa. Foi inspirado en ELIZA. É un dos programas máis sofisticados e exactos no seu tipo, logrando gañar importantes premios.

O seu desenvolvemento comezou no 1995, o programa foi reescrito en Jaca a principios de 1998. Para especificar as regras de conversa emprega a linguaxe AIML (Artificial Intelligence Markup Language).

O autor orixinal do proxecto foi Richard Wallace, pero en 2001 numerosos desenvolvedores tomaron o proxecto.

Ademáis dos bots conversacionais existen moitos outros tipos de robots. Unha parte importante é a domótica, a nivel dunha vivenda completa, pero son os robots domésticos e de compañía os que forman parte dalgunha vivenda axudando a persoas ou facendo compañía.

Un destes robots é a polémica Aiko. É una obra do inventor Le Trung, quen dende 2007 estivo perfeccionando o seu robot, tanto nos seus movementos como nos seus sensores e cerebro artificial, o cal bautizou con nome de BRAINS (lo que significa "Cerebros" en español, pero cuyas siglas en inglés en realidad significan Bio Robot Artificial Intelligence Neural System).
Aiko emprega avances en Intelixencia Artificial para, entre outras cousas, falar dous idiomas (inglés e xaponés), resolver problemas de matemáticas a nivel de escola de secundaria, comunicar o estado do tempo, entender máis de 13000 oracións faladas, cantar cancións, identificar obxetos, ler periódicos e imitar o toque físico humano.

Etiquetas: ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial