08 janeiro 2021

O ROBOT DA VINCI

Blanca García Mosquera

A cirurxía robótica é un novo método cirúrxico das últimas décadas que goza dunha morea de ventaxas. Porén, todo neste mundo ten os seus beneficios e as súas limitacións. Tras explicar brevemente a historia e o funcionamento do robot Da Vinci, falaremos sobre as súas vantaxes e dos seus inconvenientes.

HISTORIA

O primeiro uso do que temos constancia do emprego dun robot con fin cirúrxico é do brazo robótico PUMA 560 en 1985 nunha intervención non-laparoscópica. Tras este acontecemento exitoso, outros robots se empregaron co mesmo fin, facilitar a cirurxía. Mais foi o robot da Vinci o que abreu un novo camiño neste mundo da cirurxía robótica.

O sistema de cirurxía robótica Da Vinci foi o primerio en ser aprobado pola FDA (Administración de Alimentos e Medicamentos) para a ciruxía laparoscópica en xeral no ano 2000. Foi aprobado para os seguintes procedementos:

-Cirurxía urolóxica

-Cirurxías xerais laparoscópicas 

-Cirurxías xerais toracoscópicas non-cardiovasculares

-Procedementos toracoscopicamente asistidos de cardiotomía.

Tras isto, o robot Da Vinci e a cirurxía robótica continuaron o seu camiño mellorando co paso do tempo.

A primeira operación en Galicia realizada con este robot foi en Vigo o 13 de marzo de 2019 a unha paciente que se someteu a unha histerectomía e linfadenectomía e resultou exitosa.

FUNCIONAMENTO

O cirurxián traballa sentado frente un monitor que lle ofrece unha visión de alta calidade da zona operada. Isto débese a que un dos brazos do robot ten incorporada unha cámara, polo tanto, o cirurxián poderá facer desprazar a imaxe cara onde queira ou ampliar, ata pode chegar a ver a anatomía microscópica se fose preciso. Dende alí tamén manipula os brazos do robot, equipados cada un cun instrumento cirúrxico diferente. 

Ao paciente, unha vez é sedado, instálanselle os 8 puntos de acceso a onde se acoplan os brazos do robot e unha vez dentro, serán esclavos do cirurxián. Os axudantes do cirurxián tamén poden axudar sinalando ou debuxando sobre a pantalla, dando a coñecer as súas impresións. 

Todo isto está conectado a un ordenador que é como o “cerebro” do robot Da VInci.

BENEFICIOS E LIMITACIÓNS

Igual que todo nesta vida, o robot Da Vinci tamén ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes. A continuación, algúns deles:

> BENEFICIOS:

-Menos secuelas e dor postoperatoria

-Invasión mínima

-Menos complicacións

-Recuperación máis rápida

-Mellor visión do paciente

-Control do temblor

Mais… “Por moitos artiluxios que se incorporasen a un quirófano, nada sería posible sen o coñecemento e as mans expertas do cirurxián.” (Pedro Guillén)

Despois diso:

> LIMITACIÓNS:

-Tamaño do robot (moitos quirófanos non son o suficientemente amplos para traballar co robot)

-Variedade de instrumentos limitada

-Tempo de preparación do robot

-Moi caro de comprar e manter xa que os seus refugables, por exemplo, costan moitos cartos (o mantemento do robot da Vinci pode chegar a acadar un custo superior ao millón de euros anuais)

Con isto, xa coñecemos un pouco mellor este robot, que probeblemente sexa nun futuro, non tan afastado, común nos quirófanos.

Etiquetas: , , ,

20 janeiro 2011

BOT CONVERSACIONAL

Lucía García Chenlo

Un bot conversacional ou programa conversacional é un programa informático diseñado para simular manter unha conversación, de relativa intelixencia, con unha ou máis persoas mediante teclado e/ou audio. Na actualidade, algúns destes bots inclúen programas conversores de texto a sonido, o que permite maior realismo á interación co usuario.

Para establecer unha conversa non se poden empregar frases complexas, deben ser facilmente comprensibles e coherentes. Aínda así os bots actuais son limitados, non consiguen comprender todo. Estes programas teñen en conta as palabras ou frases do interlocutor , o que permite que empreguen unha serie de respostas preparadas con anterioridade. De esta maneira, o bot é capaz de seguir unha conversa con unha mínima lóxica aínda que non saiba do que esta a falar.

Existen diversos métodos que se empregan para simular a súa inteligencia: algúns programas utilizan complicados patróns heurísticos mantendo un rexistro dos temas tratado

s na conversación para ubicalo no contexto, mentres que outros simplemente contestan empreñando a súa base de datos, sen manter un rexistro dos temas a tratar.

Moitos deles están implementados vía web, podendo calquera usuario iniciar unha conversación, xeralmente en inglés.

Os bots conversacionales foron programados para interactuar co usuario a modo de Chat. Moitas veces próbanse charlas exclusivamente entre dous programas para probar aspectos como a eficiencia, nivel acadado, etc. Algúns destes bots van máis alá do seu obxetivo básico, e constitúense como verdadeiros programas aos que se lles pode pedir que desenvolvan actividades como vixiar o correo electrónico entrante, abrir o procesador de textos ao reproducir música…
Algúns veñen provistos de “paquetes” sobre distintos temas ao mesmo tempo que poden aprender a medida que van coñecendo ao usuario. Polo momento no existe un auténtico aprendizaje senon que se limitan a memorizar frases e citas.

Unha das utilidades destes prgramas aplícase ás v

eces ao IRC (Internet Relay Chat), no que moitas veces próbanse estes programas en conversacións con outros usuarios do chat, que descoñecen que o interlocutor da súa conversa non é humano, e desta maneira evalúanse dunha boa forma as cualidades dos programas.

Algúns bots conversacionais dos máis coñecidos son:

- ELIZA: é un antigo e popular programa que simula Intelixencia Artificial. Foi desenvolvido no 1966 polo Dr. Joseph Weizenbaum. Foi escrito orixinalmente na linguaxe LISP. O programa traballa con técnicas e patróns de recoñecementos de frases.

- PARRY: é un coñecido chatterbot que permite manter unha conversa co programa de relativa coherencia. PARRY foi escrito en 1972 polo psiquiatra Kenneth Colby e despois pola Universidade de Stanford. O programa intenta simular un esquizofrénico paranoico.

PARRY e ELIZA conversaron varias veces entre sí, pero o encontro máis popular ocorreu no ICCC 1972, donde falaron a través de ARPANET.

Outros bots máis recentes son:

- A.L.I.C.E.: (Artificial Linguistic Internet Computer Entity) é un simulador de intelixencia que procesa a linguaxe natural humana e intenta manter unha conversa. Foi inspirado en ELIZA. É un dos programas máis sofisticados e exactos no seu tipo, logrando gañar importantes premios.

O seu desenvolvemento comezou no 1995, o programa foi reescrito en Jaca a principios de 1998. Para especificar as regras de conversa emprega a linguaxe AIML (Artificial Intelligence Markup Language).

O autor orixinal do proxecto foi Richard Wallace, pero en 2001 numerosos desenvolvedores tomaron o proxecto.

Ademáis dos bots conversacionais existen moitos outros tipos de robots. Unha parte importante é a domótica, a nivel dunha vivenda completa, pero son os robots domésticos e de compañía os que forman parte dalgunha vivenda axudando a persoas ou facendo compañía.

Un destes robots é a polémica Aiko. É una obra do inventor Le Trung, quen dende 2007 estivo perfeccionando o seu robot, tanto nos seus movementos como nos seus sensores e cerebro artificial, o cal bautizou con nome de BRAINS (lo que significa "Cerebros" en español, pero cuyas siglas en inglés en realidad significan Bio Robot Artificial Intelligence Neural System).
Aiko emprega avances en Intelixencia Artificial para, entre outras cousas, falar dous idiomas (inglés e xaponés), resolver problemas de matemáticas a nivel de escola de secundaria, comunicar o estado do tempo, entender máis de 13000 oracións faladas, cantar cancións, identificar obxetos, ler periódicos e imitar o toque físico humano.

Etiquetas: ,

30 abril 2009

Robótica: a razón artificial

Borja Lorenzo Lafuente

Dende o principio dos tempos, o home desexou crear vida artificial. Empeñouse en dar vida a seres artificiais que lle acompañen na súa morada, seres que realicen as súas tarefas repetitivas, tarefas pesadas ou difíciles de realizar por un ser humano. A robótica é un concepto de dominio público. A maior parte da xente ten unha idea do que é a robótica, sabe as súas aplicacións e o potencial que ten; con todo, non coñecen a orixe da palabra robot, nin teñen idea da orixe das aplicacións útiles da robótica como ciencia
Pero, que é un robot? Un robot é un dispositivo electrónico, xeralmente mecánico, que desempeña tarefas automaticamente.
E como funciona? Os sensores do robot (o que para nós son os sentidos) detectan un obxecto. O microprocesador recibe o sinal de entrada dos sensores, procésaa e envía un sinal de saída. O sinal de saída do
microprocesador
chega aos motores que fan que as rodas viren.

Os tres principios ou leis da robótica segundo Isaac Asimov son:
- Un robot non pode magoar nin permitir que sexa magoado ningún ser humano.
-O robot debe obedecer a todas as ordes dos humanos, excepto as que contraian a primeira
-O robot debe autoprotegerse, salvo que para facelo entre en conflito coa primeira ou segunda lei.


A día de hoxe utilízase aos robots para levar a cabo tarefas sucias, perigosas, duras e repetitivas que os humanos non queremos facer. Están enfocados principalmente a un uso industrial e de desenvolvemento e investigación, os ámbitos máis destacables de uso son: a automoción, o medicamento e a exploración.
Para o futuro prevese: a incorporación da robótica no sector servizos orientado sobre todo á mellora de vida do ser humano, a explotación do robot orientado ao entretemento, coa creación de robots que funcionan como xoguetes e o campo I D de case todas as empresas está buscando unha robotización dos sistemas por exemplo, o medicamento, a telefonía, a industria en xeral, etc. Outro campo que presenta unha importante robotización é o das forzas armadas, case todo o mundo está interesado en equipar as súas forzas armadas con robots para evitar baixas humanas. Tamén a
nanotecnoloxía
está cada vez máis explotada grazas á utilización desta na construción de robots e como non, a investigación no campo dos átomos para buscar a máxima flexibilidade nos robots.
A conclusión de todo isto é que a robótica ten unha gran importancia sobre a industria, destacando a aplicación cooperativa en cadea dos robots, que a robótica é un campo que segue unha liña crecente e que a súa utilización é en beneficio do ser humano.

Etiquetas: ,