25 janeiro 2008

AVANCES NA MEDICINA DEBIDOS Á TECNOLOXÍA

Catuxa Magariños Barreiro

A primeira escola de medicina fundouse hai arredor duns 2.500 anos, chamada Escola de Medicina Occidental. Moitas persoas se fixeron famosas grazas aos avances tecnolóxicos na medicina, inventando así a ciruxía robótica, que permite, por exemplo, realizar operacións a longa distancia, ou a nanotecnoloxía. Antes, realizar algunha operación sen que o paciente sufrise, parecía un futuro que se atopara moi lonxe, e agora parece que o temos de toda a vida. Nos nosos tempos a tecnoloxía non só se usa para operar, senón tamén para previr enfermidades, para rehabilitacións, investigacións médicas, etc.



Alguhas das datas máis importantes nesta rama son:
1895: descubrimento dos “Raios X”
1921: utilízase o microscopio nunha operación
1942: utilízase un riñón artificial
1952: implantación do primeiro marcapasos
1953: obtense o modelo de dobre hélice de ADN
1967: primeiro transplante de corazón
1978: primeiro bebé in Vitro




Estas son algunhas das datas mais importantes, pero hai moitas mais. Na medicina aplícanse diversos micropocesadores como a
nanotecnoloxía ou a ciruxía robótica .Ainda que estes avances nos curen ou polo menos melloren o noso estado con enfermedades que antes eran imposibles de curar, causaron numerosos problemas éticos que xa existían no tempo de Hipócrates e que aínda hoxe non se lles encontrou solución ninguna (así a senté prefire utilizar a medicina alternativa).



Un exemplo é o código do rei Hammurabi que regulaba os distintos aspectos da sociedade e dos médicos nos reinos de Sumeria e Arcadía. Nos nosos tempos usar un audífono, un marcapasos ou as lentes de contacto, é un implante biolóxico do máis normal; sen embargo, estes avances prodúcense de maneiras cada vez máis inxeniosas usando a bionanotecnoloxía. Ésta emprégase nos fármacos ou nos implantes. Tamén podemos utilizar os
radioinmunoanálisis, que descubren moitas enfermidades. Mediante a producción de prototipos en tamaños nanométricos, estúdase o crecemento das células humanas. Algún día, no futuro próximo, xuntando os avances no campo da electrónica, dos biomateriais e da informática, conseguiranse novos dispositivos que reparen os danos causados no sistema nervioso e así devolverlles a esperanza dos 300 000 paralíticos que hai aproximadamente en Europa.

Etiquetas:

OS COCHES ECOLÓXICOS

Uxío Baliñas Losada

Nun mundo donde a combustión de combustibles fósiles nos medios de transporte e un dos maiores focos de contaminación do planeta, a necesidade dun coche ecoloxico e primordial.
Hai varios tipos de combustibles alternativos que poderian solucionar o problema se grandes empresas invertiran neles.


Os combustibles alternativos máis destacados son :
Os
biocombustibles, o aire comprimido, a electricidade, o hidróxeno, eo tres en un, ou coches híbridos, coches movidos por gasolina, alcohol e gas.



¡Os coches ecolóxicos non convencen!
En plena loita contra o cambio climático, as ventas de automóviles de baixas emisions en China caeron un 11,67% na primera metade do año. Este porcentaxe contrasta cas ventas xeraies de coches, que creceron cerca dun 30% durante o 2006. Se un automóvil de baixas emisions nacional poidera igualar as prestacions do Wolkswagen Bettle ou BMW mini, sería ben recibido.


¡Subvencións para os coches ecoloxicos!
O Goberno facultará as comunidades autónomas para que poidan conceder axudas de un maximo de 6.000€ a particulares pra compra de coches ecolóxicos.
Estas axudas están limitadas pola normativa comunitaria e serán dun máximo de 6.000 euros para os vehículos de propulsión eléctrica, de 2.000 euros para os de propulsión híbrida, de 2.000 euros para os coches alimentados con gas natural ou gases licuados de petróleo e de 450 euros para os vehículos que sean transformados en aras dun mellor rendemento enerxético.




Os fabricantes de automóviles estan sumerxidos nunha incesante voráxine evolutiva co firme propósito de dotar de máiores prestacions aos seus vehículos e de mostrarse máis respetuosos co medioambiente.O cumplimiento do compromiso adoptado polos países industrializados en Kyoto (1997) para reducir as suas emisions de gases de efecto invernadeiro no período 2008-2012, e o aumento do prezo do petróleo ante a alarmante disminución das reservas de crudo, son as principais causas dun fenómeno que está revolucionando o mercado automovilístico.

Etiquetas: ,

O LHC (Large Hadron Collider)

David Núñez Gerpe

O maior acelerador de partículas do mundo, coñecido como Large Hadron Collider (LHC), porase en marcha polo CERN, o laboratorio máis importante do mundo na investigación da física de partículas. Será en maio de 2008 cando este experimento se poña en marcha.


O LHC mide 27 Km. de diámetro e está a aproximadamente 200 m. Baixo terra. Nel farán chocar electróns e positróns a case a velocidade da luz, os primeiros nunha dirección, e os segundos na dirección oposta . O experimento chegará a estar sometido á temperatura extrema (non en todo o experimento) de –271’3 ºC e en proceso, almacenará a enerxía de 10 gigajulios nos seus 24 imáns.
Algúns expertos din que o LHC podrá reproducir as condicións do universo cando tiña menos dunha billonésima de segundo de vida e recreará o momento no que explotou o ‘‘Big Bang’’.As temperaturas que se crearán cando choquen os electróns e os positróns serán alrededor de mil millóns de veces máis grandes que as que hai no centro do sol.

Outros expertos din que se pode dar a situación de que se xere un burato negro, pero tamén afirman que as posibilidades de que isto ocurra, son as mesmas que si a un home lle tocara o ‘‘gordo’’ da lotería varias veces.O experimento terá lugar na fronteira entre Suíza e Francia e estará dirixido polo director xeral do CERN, Robert Aymar.

Este experimento tivo diversos incidentes: en 2005 morreu un técnico ao que lle caeu unha carga e dous anos despois un error no diseño dos imans provocou unha explosión.
Estar exposto a o experimento pode provocar cáncer, pero contan cos mellores médicos especializados.

Este experimento será o máis grande feito en Europa e tivo como antecesor o LEP outro acelerador de partículas pero máis pequeño.O LHC pode convertirse no mellor experimento do mundo.

Etiquetas:

OS BIOCOMBUSTIBLES

Borja Lorenzo Lafuente

Os biocombustibles usan a biomasa vexetal servindo de fonte de enerxía renovable para os motores empregados. O seu uso xera unha menor contaminación do medio ambiente. E son os sustitutos dos combustibles fósiles.


Existen 3 tipos de biocombustibles:
-O biodiesel é un combustible renovable que se pode empregar puro ou mesturado con gasoil en calquera
motor diésel. Obtense a partir de aceites vexetais e/ou de graxas animais, por exemplo: Colza, xirasol, soia, sebo, mani, etc…
-O bioetanol permite substituir os aditivos que se empregan actualmente e que xeran contaminación ambiental, sustituindo a nafta por alcohol de caña.
-O biogás obtense a partir da fermentación dos desfeitos orgánicos.
Hai varios motivos polos que producir biocombustibles:
-Para dispoñer de combustibles renovables, para os nosos vehículos xa que os combustibles fósiles estanse esgotando.
-Para mellorar o autoabastecemento de enerxía en zonas rurais.
-É unha fonte de enerxía reciclable e inagotable
Hai varios motivos polos que non producir biocombustibles:
-Cabe a posibilidade de que este tipo de enerxía poida reducir a cantidade de cultivos de alimentos.
-Os biocombustibles, na destilación, provocan unha maior emisión de CO2 con respeto á gasolina e o gasóleo.
-Necesítanse grandes espacios de cultivo para producilos

As consecuencias para o medio ambiente co seu fomento en moitos países subdesenvolvidos están destruíndo as súas selvas para crear plantacións de biocombustibles. Realmente os biocombustibles seguen contribuindo no quencemeto global porque seguen emitindo CO2 pola combustión do propio biocombustible. Ademais tamen afectan sobre o medio ambiente os fertilizantes que empregamos para o cultivo do propio biocombustible.

Etiquetas: ,