25 junho 2021

A BIOMASA

Blanca García Mosquera 


A adquisición de enerxía mediante a biomasa baséase na combustión de material orgánico. Este tipo de obtención de enerxía renovable é un dos máis empregados con diferencia na contorna. A continuación, expóñense algúns coñecementos básicos sobre ela.

Historia

O emprego da biomasa remóntase aos inicios do home sendo empregada para quentarse, cociñar, fabricar ferramentas, etc. A súa dispoñibilidade no medio e a súa capacidade de adaptación convirteuna na fonte de enerxía máis relevante para humanidade ata a chegada da revolución industrial e os combustibles fósiles

No seu inicio a enerxía era obtida principalmente da leña máis os avances científicos da actualidade permitiron incluír na biomasa os pellets, as achas e incluso os residuos urbanos entre moitos.


Obtención da enerxía

Para empezar, aclarar que a biomasa pode ser de orixe animal ou vexetal e pode adquirirse de forma natural ou como resultante dalgún proceso artificial nas centrais de biomasa.

Os seres vivos captamos e almacenamos enerxía durante a nosa vida en forma de alimento, por exemplo. Mais no proceso tamén aparecen outros produtos que non nos serven para moito pero si para obter enerxía.

Para a combustión destes materiais existen diversos tipos de aparellos dende chemineas para o fogar ou estufas perfectas para apartamentos ata caldeiras de grande tamaño para comunidades de veciños ou mesmo a nivel industrial.

En moitas destas caldeiras a materia quéimase pouco a pouco deixando cinza que se pode recoller para empregala a modo de abono, por exemplo. Tamén se pode instalar un acumulador que almacene o calor sobrante.


Usos da biomasa

A enerxía obtida pode ter un emprego térmico ou tamén eléctrico se o calor se emprega nunhas caldeiras especias que xeran electricidade. Ademais, tamén pode usarse na elaboración de biocombustibles como o biodiésel

Amais, a biomasa compite en prezo coas fontes de orixe fósil, o que propicia que cada vez sexan máis os países que optan por esta fonte d enerxía como Reino Unido, Polonia e Finlandia onde se atopan as 5 centrais de biomasa máis grandes do mundo.


Impacto nas persoas e no medio

Algo que debemos ter presente é que a enerxía de biomasa é renovable, mais iso non significa que tamén sexa limpa. O problema está cando se emprega en moitas ocasións e sen un control das emisións e dos residuos xerados no proceso ou na obtención da materia posto que moitos dos aparellos de tamaño reducido e de uso doméstico non adoitan contar con sistemas de retención de partículas.

E aínda que a achega de CO2 da enerxía de biomasa se considera neutra (porque emite tanto dióxido de carbono como adquiriu previamente), un ritmo de uso superior ao de rexenaración  aumentaría a cantidade deste composto no aire.

Por último, a queima de madeira ocasiona a emisión de compostos orgánicos nos que se atopan algúns canceríxenos como o benzopireno.


Vantaxes e desvantaxes

Para rematar, aquí está unha listaxe dos beneficios e dos inconvenientes do uso da biomasa como fonte de enerxía:


VANTAXES:

-É unha enerxía renovable

-Non favorece ao incremento do dióxido de carbono no aire

-Permite desfacerse de residuos orgánicos ou inorgánicos dándolle unha utilidade a estes

-Se se realiza un control das emisións e se instalan sistemas de retención de partículas, é unha enerxía NON contaminante

-O prezo da biomasa en moitas ocasións é máis barato que o dos combustibles fósiles


DESVANTAXES:

-A combustión da biomasa pode resultar perigosa e contaminante así como a obtención da materia.



0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial