22 março 2021

A TECNOLOXÍA MILITAR: DRON BLACK HORNET

Carmen Caldelas Magán

Como é de supoñer, a tecnoloxía militar, tamén coñecida como tecnoloxía armamentista, é a aplicación da tecnoloxía para o seu emprego no ámbito bélico.

Comprende os tipos de tecnoloxía que son claramente de natureza militar e non civil, polo xeral, porque non teñen aplicacións civís legais ou útiles, ou son perigosos de ocupar sen o adestramento militar axeitado.

A tecnoloxía militar acostuma ser investigada e desenvolvida por científicos e inxeñeiros especificamente para o seu uso na batalla polas forzas armadas.

Moitas das novas tecnoloxías chegaron como resultado do financiamento militar na ciencia. Os inxeñeiros preocúpanse da xestión da proba, deseño, desenvolvemento e ciclo de vida dos sistemas militares e armas. Baséase no coñecemento de varias disciplinas de inxeñaría tradicionais, como a inxeñaría eléctrica, inxeñaría mecánica, inxeñaría aeroespacial, de materiais, mecatrónica, electro-óptica e inxeñaría química... entre outras.

A maquinaria pertencente a este grupo comprende un amplo rexistro de indumentaria, dende grandes buques de guerra, tanques e armamento, ata pequenos dróns cunha capacidade inimaxinable comparándoo ao seu tamaño.

·EVOLUCIÓN DA TECNOLOXÍA MILITAR:

Pasamos a tratar agora a evolución da tecnoloxía militar. A primeira finalidade construtiva do ser humano foi crear unha industria armeira que lle permitira protexerse dos ataques dos animais (armas defensivas) ou pola contra, atacalos (armas ofensivas) para así obter comida e poderse vestir. 

Ao fabricar as súas primeiras armas, a persoa non pensa na guerra, se non na súa propia supervivencia. A guerra viría despois cando, a medida que o humano se foi organizando na sociedade, viñeron os conflitos por intereses comúns. Así pois, o home emprega inicialmente as armas para a propia defensa e para a caza. Ao mesmo tempo pode apoderarse de animais libres e telos sempre á súa disposición. Nace, deste xeito, o pastor, e máis tarde aparecerá o agricultor. Desaventuradamente, empezan os conflitos sociais entre os homes, e estos vense obrigados a defender o seu gando e as súas terras e, para iso, necesitan armas. 

As primeiras utilizáronse sempre unidas á man do ser humano (armas de man), como a maza, a espada, e o puñal, co que, ademais de perigoso, en ocasións resultaban insuficientes pola maior velocidade da maioría das bestas. Isto deu lugar á aparición das armas arroxadizas: xabalina e dardos, e máis tarde ás armas de proxección: o arco e a frecha, a fonda e a besta. Dende épocas moi remotas, as bestas foran as principais armas dos exércitos, pois estas tiñan as características máis sobresaíntes.

A continuación, entorno ao século XIII, a orixe da pólvora revolucionou totalmente a comprensión da tecnoloxía militar da época. Con ela as xentes desenvolveron armas de fogo, ao comprobar o seu maior resultado e eficiencia (pistola, escopeta, fusil… entre outros).

Mais o crecemento e a evolución deste ámbito non remata aquí. A día de hoxe a sociedade segue traballando para atopar e crear novas armas bélicas que provoquen un cambio para os humanos, de xeito que se consigan instrumentos máis poderosos e doados de empregar a medida que avanzan as décadas.

·ARMAS BÉLICAS MÁIS COÑECIDAS:

-Pistola: A pistola é posiblemente a arma máis coñecida en todo o mundo. Esta é un artiluxio de fogo curto, deseñado para ser disparado e empregado cunha soa man (aínda que tamén se poden usar as dúas).

Como todo, a pistola do século XXI non vai ser a mesma que a do século XVII, tempo da súa aparición, pois esta é moito máis avanzada en todos os aspectos posibles.

-Escopeta: A escopeta, ao igual que a pistola, é unha arma de fogo de curta distancia, a cal se dispara apoiándoa no ombreiro.

As escopetas en combate, ao disparar proxectís múltiples (é dicir, unha "nube" de perdigóns á vez con cada disparo), permiten acertar con facilidade a curta distancia, aínda que sexa con parte dos perdigóns, sendo un impacto de cheo demoledor.

-Fusil de francotirador: Este é un tipo de instrumento de fogo de precisión, que permite o disparo a obxectivos a moi longa distancia.

Un fusil de francotirador típico busca a maior precisión posible no disparo, para o cal vai equipado cunha mira telescópica e utiliza munición específica para a arma que permita alcanzar longas distancias sen perder precisión de tiro. O término soe empregarse para facer referencia a calqueira arma de fogo de precisión cunha mira telescópica que poida ser utilizada contra obxectivos principalmente humanos.

Mais co paso do tempo, non só o armamento foi evolucionando, as propias guerras tamén o fixeron.

Cando nos falan do termo “guerra”, o primeiro que se nos ven á mente é unha batalla física con centos de mortes e armamento como o mencionado anteriormente pero, actualmente, existen conflitos completamente opostos.

O termo é coñecido como guerra informática ou ciberguerra, e fai referencia ao desprazamento dun conflito, que toma o ciberespacio (internet) e as tecnoloxías da comunicación e información como campo de operacións.

·ARMAS DE GUERRA INFORMÁTICA

Demostrouse que actualmente nunha guerra é máis factible derrotar ao enemigo atacando a súa infraestrutura informática, que empregando calqueira outro tipo de ataque físico. Esta estratexia foi empregada en diversas situacións, ben sexa en ofensivas militares dun país contra outro, dun grupo armado en contra do goberno, ou simplemente ataques individuais de un ou varios hackers.

É dicir, as armas pasan a ser agora os virus informáticos (cos que se poden producir sabotaxes de redes e defensas), e os programas especiais para anular a seguridade dun centro de control. Xeralmente, os blancos dos ataques son os sistemas financieiros, bancarios e militares, aínda que se viron numerosos casos onde se ven afectados os sistemas de comunicación.

Os drons militares son outro tipo de ferramenta que, a pesar de non funcionar vía cibernética (pois os seus beneficios obtéñense dende o estado físico), están moi relacionados co mundo da sabotaxe e da espionaxe en combate.

Pasaremos entón a falar agora sobre o mellor e o máis valorado dron creado ata a data:

·DRON BLACK HORNET:

O Black Horntet, a pesar do seu nome, semella máis un colibrí que un avispón negro.

Este pequeno aparello, máis coñecido como Black Hornet Nano, é un microvehículo aéreo non tripulado (UVA) desenvolvido por Prox Dynamics AS de Noruega, e en uso polas forzas armadas de determinados países como poden ser os Estados Unidos, Reino Unido, Marrocos, Alemaña, Francia, Australia, os Países Baixos,  India e España.

O instrumento mide arredor de 10 x 2,5 cm e posúe un peso máximo de 16 gramos, medidas suficientemente pequenas para coller nunha man, o que o converte nunha axuda excelente para o rastreo terrestre e o seguemento desapercibido.

O microvehículo está equipado con tres cámaras, que lle otorga ao portador videos en movemento e imaxes de alta calidade. Foi desenvolvido como parte dun contrato de $20 millóns para 160 unidades con Marlborough Communications Ltd.

Estas están situadas en diferentes lugares do artiluxio para garantir o máximo espazo de supervisión. Unha que mira hacia diante, outra que mira hacia abaixo e outra máis que apunta tamén hacia abaixo pero a 45º. 

Ademais, un paquete Black Hornet contén dous helicópteros, e como se alcanza unha carga do 90% en 20-25 minutos (o mesmo que o seu tempo de voo), cando un precisa ser recargado, o outro está preparado para voar. A velocidade máxima que alcanza é de 18 km/h.

En outubro do 2014, Prox Dynamics presentou unha última versión do seu PD-100 Black Hornet con capacidade de visión nocturna, equipada con sensores infravermellos de onda longa e vídeo de día que pode transmitir secuencias de vídeo ou imaxes fixas de alta resolución a través dun enlace dixital de datos cun rango de 1,6 km. Ata a data, máis de 3000 Black Hornets foron entregados.

Outros países crearon variables adaptadas ás súas necesidades, como é o caso dos Estados Unidos. O país desenvolveu o artiluxio novo, co nome de Black Hornet 3, cuxas características son impresionantes.

O micovehículo é capaz de voar do mesmo xeito tanto con dispoñibilidade de sinal GPS como sen ela, facéndoo óptimo para voos dentro de infraestruturas. Iso fai posible a implementación de modos de voo automáticos e semiautomáticos, como manter a súa posición (observando un obxectivo en concreto ou non), seguir unha ruta configurada ou voltar ao punto de despegue baixo certas circunstancias como a pérdida do sinal coa estación de control.

Son especialmente destacables os seus sistemas de visión. A pesar do seu diminuto tamaño, o Black Hornet 3 inclúe dúas cámaras: unha térmica / de infravermellos (IR) para misións nocturnas ou sen a suficiente luminosidade, e outra electroóptica (EO) para misións con condicións visuais favorables.

O Black Hornet 3 ten a capacidade de comunicarse coa estación de control en tempo real, enviando imaxes e vídeos baixo o anteriormente mencionado estándar de encriptación. Igualmente, este sistema cumpre co estándar da OTAN STANAG 4609.

Ademais, esta unidade está feita de aluminio e pode incluír protección balística. Na súa versión estándar, o seu peso é de 23 g e dispón dunhas dimensións de 470 x 260 x 420 mm, ao igual que inclúe un sistema de absorción de vibracións e choques entre a propia unidade de lanzamento e o sistema de montaxe no vehículo.

A versión VRS do Black Hornet 3 permite incorporar no seu interior ata 4 nanodróns, dándolle aos seus radios a posibilidade de operar ata dous deles de xeito simultáneo.

Expertos aseguran que co paso do tempo, o invento convertirase nunha ferramenta fundamental na armada nacional, e que será empregado en múltiples ocasións.

En definitiva, un increíble instrumento tecnolóxico-militar moi adaptado e facilitador no combate oculto.

·Black Hornet vídeo

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial