22 abril 2010

OS RAIOS X

Isabel Gasamanes García
O 8 de novembro de 1895, o físico alemán Wihelm Corant Roentgen descubriu por accidente, con serendipia, os raios X. No momento do seu descubrimento, él descoñeceu a natureza destes raios, e por iso os chamou raios X, a estos raios misteriosos. Roentgen estudiou a absorción destes raios pola materia, e chegou á conclusión de que a absorción depende da clase de atómo que se encontre na pantalla absorbente. Despois de estudar e investigar douse de conta de que os materiais eran transparentes a estes raios e que con máis densidade e masa atómica nos materiais a transparencia disminuía. Así douse de conta de que o papel ou a madeira (con átomos lixeros), e incluso a carne dos corpos era transparente a estos raios, mentras que os ósos, ao estar formados por calcio, eran opacos. Estes raios empezáronse a usar rápidamente en medicina, e en 1901 Roentgen gañou o premio Nobel de física por este descubrimento.

Os raios X son unha radiación electromagnética, como a luz, pero estes teñen maior enerxía e por iso poden penetrar nos corpos.


As mans da señora de Roentgen convertíronse nas máis famosas da historia da cienc, xa que en 1895 ao seu marido ocorreuselle practicar nelas un experimento. Someteunas durante largo tempo á radiación dun tubo de Crookes e colocou debaixo unha placa fotográfica. O resultado foi a primera radiografía da historia.
Unha radiografía consiste na obtención dunha imaxe da zona anatómica que se radiografía, e dos órganos internos da mesma, pola impresión nunha placa fotográfica dunha mínima cantidade de radiación, que se fai pasar por esa zona do corpo. Para realizar a radiografía o paciente colócase entre a fonte que emite a radiación e a placa fotográfica.

Durante moitos anos, practicouse a radiografía de forma desordeada, e sen medidas de seguridade. Por iso durante os primeiros anos de experiencia, os numerosos radiólogos perderon as suas mans, o que demostrou os efectos perversos da radiación.
Os manipuladores das novas máquinas tamén se deron de conta moi pronto de que as radiacións daqueles raios actuaban sobre as células, destruíndoas. Pero a este inconveniente se lle encontrou utilidade, xa que en 1904 curáronse, grazas a estes raios, 33 casos de cáncer de pel e uno de ovario.


A máquina de raios X foi elexida como o invento científico mais importante do mundo, xa que nalgúns casos a radiografía e o primeiro paso antes de facer outras probas diagnósticas de maior coste, risco ou dificultade de realización, xa que permite realizar o diagnóstico, ou descartar outras causas.
Son moitos os efectos negativos que poden ter os raios X sobre a saúde, como queimaduras a longo prazo nos pacientes que se expoñen a eles, marcas na pel, etc. Aínda que estes raios poden axudar a curar o cancro, a súa radiación tamán pode desenvolver un, de xeito que poderían ate provocar a morte.

Etiquetas: ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial