02 dezembro 2009

AS CÁMARAS DIXITAIS: EVOLUCIÓN E VANTAXES

Raquel Llerena

O 19 de agosto de 1839 anunciouse que Louis Daguerre descubriría un procedemento para fixar a imaxe da cámara escura
por acción da propia luz. Aínda que o proceso era bastante primario e esixía a exposición á luz durante media hora, causou un grande impacto. Terían que pasar 40 anos para que as fotografías fixeran acto de presencia en xornais ou páxinas de libros. Ata o 1839 todos os documentos visuais eran debuxos, grabados ou pinturas. Ao principio utilizábanse cámaras xigantescas, de sobre 20x16 pulgadas. A situación cambiou nos 70 e 80, coa introducción de cámaras pequenas e manexables que posibilitaban a toma de imaxes instantáneas en case calquera situación.

A cámara fotográfica foi perfeccionándose a través do tempo e converteuse nunha importante ferramenta científica e documental de gran importancia na vida do home. Existen dous tipos de cámaras: a analóxica e a dixital. Na súa estructura son similares. A cámara dixital ten un sistema que permite que entre a luz de maneira que se cree unha imaxe nítida. Este sistema pode ser automático ou manual, ou como por exemplo nas Reflex, alternar as dúas maneiras. Nestas cámaras tamén é posible intercambiar os obxetivos para aumentar a distancia focal ou o seu ángulo. Aínda que cámaras dixitais e analóxicas teñen un fotómetro, o sensor de luz das dixitais é moito máis completo.
No que si varían as cámaras dixitais é no método de almacenamento. Nas analóxicas levábase a cabo sobre unha superficie celulosa fotosensible e nas dixitais realízase sobre unha memoria interna ou externa. Por isto, a labor dos fotógrafos diminuiu, xa que se poden gardar un gran número de fotografías que se poden ver grazas a unha pantalla LCD. Neste sentido, a fotografía gañou inmediatez.
A primeira cámara dixital era un armatoste que se alimentaba de 16 baterías e precisaba de 23 segundos para tomar unha foto de só 100 píxeles de alto. As cámaras dixitais teñen moitas vantaxes: non necesitan películas, non hai custos de revelados, a cantidade de tomas que podes facer en cada saída practicamente non ten límites, toma imaxes de boa calidade, ten pouco peso, carece casi por completo de delicadas partes mecánicas, etc. De feito, hai toda una xeración que practicamente non coñece as cámaras de carrete.
A tecnoloxía das cámaras dixitais provén da tecnoloxía para gravar imaxes na TV. Tanto as cámaras de televisión como as cámaras fotográficas dixitais usan o mesmo elemento para capturar a intensidade da luz e a cor: o chamado CCD (Charged Coupled Device, dispositivo de carga acoplada).

Durante a década de 1960, na NASA, as sondas espaciales que sacaban fotografías da Lúa, en vez de realizar aquela conversión, comezaron a enviar á Terra directamente as señais dixitais. Texas Instruments patentou en 1972 a primeira cámara electrónica sen rolo. En 1981, Sony creou a primeira cámara de fotos electrónica que chegou ao mercado, chamada Sony Mavica. As imaxes gravábanse nun minidisc e despois visualizábanse nun aparato de televisión mediante un lector de vídeo ou imprimíanse cunha impresora de cor. Sen embargo, aquela primeira Mavica non podería considerarse unha cámara dixital como tal, xa que en realidade era unha videocámara que captaba imaxes "conxeladas".
O inventor da cámara dixital propiamente dita foi Steven Sassons, a mediados da década de 1970, un traballador de Kodak. O seu prototipo pesaba máis de 3’5 kg e sacaba as fotos en branco e negro cunha baixísima resolución. As fotos víanse nun monitor a parte, xa que aínda non existían as pantallas LCD. Así, Kodak, facíase cuns grandes ingresos. Hoxe Steve Sasson forma parte do Salón da Fama da Electrónica de Consumo, creado no ano 2000. Un merecido lugar para quen foi responsable dun dos inventos máis importantes da electrónica de consumo.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial