18 maio 2009

A FIBRA ÓPTICA, UNHA NOVA MANEIRA DE TRANSMISIÓN DE DATOS

Andrea Pilar Olivera García

- DEFINICIÓN:
Medio de transmisión creado polo físico Narinder Singh Kpani apoiándose nos estudios de Jonh Tyndall que é empleado habitualmente en redes de datos; un fío moi fino de materiais trasparentes, vidro ou materiais plásticos, polo que se envían pulsos de luz que representan os datos a transmitir. Pero a fibra óptica non supera á utilización do cobre, debido a que os gastos de instalación, man de obra e compoñentes deste son máis baratos cós desta fibra.
- COMPOÑENTES DA FIBRA ÓPTICA:
a) Conetores; que segundo o uso, poden ser:
· FC: Transmisión de datos e en telecomunicacións.
· FDDI: En redes de fibra óptica.
· LC e MT-Array: Transmisión de alta densidade de datos.
· SCe SC-Dúplex: Transmisión de datos.
· ST ou BFOC: Redes de edificios e en sistemas de seguridade
b) Emisores de faz de luz: Que, como di a palabra, emiten o faz de luz para poder transmitir os datos, poden ser de dous tipos:
· LEDs: Utilizan unha corrente de 50 a 100 mA, a súa velocidade é lenta, só se poden utilizar en fibras multimodo, inda así o seu uso é fácil e teñen moito tempo de aguante e son baratos.
· Lásers: Utilizan corrente de 5 a 40 mA, son moi rápidos, pédense utilizar cos dous tipos de fibras, pero pola contra o seu uso é difícil, teñen menos tempo de aguante cós LEDs e son moito máis caros.
c) Conversores de luz: Converten os sinais ópticos que proceden da fibra en sinais eléctricos. Obteñen corrente a partir da luz modulada incidente, esta corrente é proporcional á potencia recibida , e polo tanto, á forma de onda do sinal modulador.
Fundaméntase no fenómeno oposto á recombinación, é decir, na xeración de pares electrón-oco a partir dos fotóns. O tipo máis sencillo de detector corresponde a unha unión semicondutora P-N.
- FUNCIONAMENTO:
Despois de que os datos se envíen polos pulsos de luz, o faz de luz queda completamente limitado e propágase polo núcleo da fibra cun ángulo de reflexión por enriba do ángulo de límite de reflexión total, na aplicación da Lei de Snell.
- USO:
Estas fibras son moi utilizadas en comunicacións debido á rapidez de transmisión de datos, en comparación ás que son por radio e cable. Este sistema básico de difundir mensaxes está composto nesta orde: comeza co sinal de entrada, amplificador, fonte de luz, corrector óptico, receptor, amplificador e remata co sinal de saída.
- TIPOS DE FIBRA ÓPTICA SEGUNDO O MODO DE PROPAGACIÓN:
1) Fibra multimodo: na que os faces de luz poden circular por máis de un modo ou camiño. Pode ter máis de mil modos de propagación de luz. Úsanse comúnmente en aplicacións de curta distancia (menos de 1km) sendo a súa distancia máxima de 2km. Utilizan diodos láser de baixa intensidade. E, debido ao seu grande tamaño do núcleo dunha fibra multimodo , é mais fácil de conectar e ten máis tolerancia a compoñentes de menor precisión . Dependendo do índice de refracción neste núcleo, hai dous tipos desta fibra: con índice escalonado ou con índice gradual.
2) Fibra monomodo: Só propaga un modo de luz, para isto redúcese o diámetro do núcleo ata un tamaño (8.3 a 10 micróns). A súa emisión é paralela ó eixe da fibra. Permiten alcanzar grandes distancias (100km como máximo) con lásers de alta densidade.
- APUNTAMENTOS A TER EN CONTA:
A mellor maneira de aproveitar a fibra óptica é instalándoa en terreos ou áreas planas e non en zonas montañosas ou escarpadas, xa que levaría unha maior inversión e os riscos serán tamén mayores na súa colocación, debido a que son zanas máis propensas a sufrir fenómenos naturais como deslaves, que afecten ao dispositivo.
- VANTAXES DA UTILIZACIÓN DA FIBRA ÓPTICA:
Ancho de banda do medio de transmisión, baixas pérdidas (nunha fibra óptica as pérdidas son as mesmas para calquera frecuencia do sinal ata moi altas frecuencias ) e ningunha pérdida de luz, seguridade pola carencia de señales eléctricas na fibra (polo que é moi utilizada en aplicacións militares), baixo peso a diferencia dun conductor de cobre, insensibilidade á interferencia electromanética , é compatible coa tecnoloxía dixital, facilidade de instalación…
- INCONVENINTES DA UTILIZACIÓN DA FIBRA ÓPTICA:
O seu alto custo, as fibras son moi fráxiles, dispoñibilidade limitada de conectores, dificultade de reparación dun cable de fibras roto no campo.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial