18 maio 2009

TECNOLOXÍA PARA INVIDENTES

Carmen Diz Fernández

Os problemas de visión, especialmente a cegueira, fan que a vida das persoas que a padecen sexa moito máis difícil que a vida dunha persoa normal. A estas persoas preséntanselles moitos retos que moitas veces non son fáciles de superar. A vida das persoas invidentes non é fácil. Os científicos pretenden desarrollar avances como pantallas táctiles con mellor tecnoloxía e maiores prestacións que as que existen actualmente. Para axudar a estas persoas a adaptarse ao modo de vida cotidiano da mellor maneira posible, creáronse múltiples recursos.
Entre os aparellos que se inventaron, encóntranse os teclados braille para PC, xa que os ordenadores xogan hoxe en día un papel moi importante na vida de calquera persoa. Este proxecto foi iniciado en 2004, pola proposta da ONCE, coordinado polo investigador do Departamento de Microelectrónica e Sistemas Electrónicos de UAB, Jordi Rosy. Estes teclados, permiten combinar as teclas funcionales dun teclado convencional, con oito teclas Braille que permiten escribir en calquera idioma. Estes teclados ofrécenlle ao invidente unha gran facilidade para traballar con fórmulas matemáticas e programas de edición musical. Outro aparello moi útil é o bastón que lles axuda ás persoas invidentes a desplazarse. A estes bastóns, agregáronselles dispositivos como sensores de proximidade, que cando detectan un obxecto cerca, poden facer que o bastón vibre por medio duns pequenos motorcitos que comezan a xirar. Os dispositivos pódense axustar para que, dependendo da proximidade de obxecto vibre máis o menos forte e persoa invidente poderá ubicar a distancia á que se atopa o obxecto. Tamén existen operacións que permiten recuperar a vista. Aínda non están moi extendidas, e moitas, están en fase de experimentación, pero algunhas delas deron bós resultados.
Unha das operacións que xa é posible facer é a de recuperar a vista insertando unha peza dental nun ollo. A peza dental ten que pertencer á mesma persoa e só se pode facer esta operación se o problema se dá nos dous ollos. O motivo polo cal se inserta unha peza dental, é porque poden ser utilizados como implantes de córnea artificial. Este tipo de operacións realízanse cando o paciente non pode recibir un transplante de córnea de forma normal. Outra das operacións, que está en fase preliminar, é a dos implantes de ollos biónicos para recuperar a vista. Fixéronse algunhas intervencións no Hospital Oftalmológico Moorfields de Londres que lles permitiron recuperar a vista a dous pacientes. Aplicóuselles unha tecnoloxía chamada Argus II que está desarrollada pola compañía estadounidense Second Sight. Ambos pacientes, recuperaron un nivel básico de visión e poden distinguir luces e sombras. Argus II está formando por unha pequena cámara de video incorporada a unhas pequenas gafas. Recollen a información do exterior e envíase unha unidade de procesamento que, a súa vez, transfórmaa en sinais eléctricas e devólveaa ás gafas. Os electrodos estimulan a retina que envía impulsos ao cerebro a través do nervio óptico.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial