30 abril 2009

A CAMUFLAXE ÓPTICA

David Núñez Gerpe

Os Xaponeses fan realidade un soño, a capa invisible ou camuflaxe óptica, esta capa é obra do xaponés Susumu Tachi e un grupo de científicos xaponeses. Esta capa permite atravesar coa mirada a quen a leva posta, o efecto non é total pero de momento so é un proxecto, quen sabe se nun futuro o efecto será total.

Está feita dun material “retro-reflexivo” cuberto, de arriba abaixo, con pequenas mostacillas que reflexan a luz. A capa tamén conta con cámaras que proxectan o que está detrás de quen a leva posta na parte dianteira e viceversa. O efecto, como demostrou o equipo xaponés na feria de San Francisco, é facer que quen leve posta a capa, fúndase co seu entorno. Ten un visor que combina imaxes en movemento e que as reflejarlas a distancia en prendas de roupa, crea a ilusión da transparencia da materia e da apariencia de invisibilidade. Utilizouse o material para recubrir unha bola, un ladrillo e unha capa. Pero para que esta capa de “invisibilidade” funcione, tendría que ter seis cámaras estereoscópicas incorporadas, e estar cuberta por 11,6 millóns de “hiperpíxeles” (cada un deles cun visor electrónico moi brillante) e ademais estar controlada por unha computadora super rápida que se alimente dunha fonte de enerxía incorporada no atuendo.
A técnica empleada é moi simple: proxéctase unha imaxe do que está detrás dunha persoa, sobre a roupa que viste nese momento, ou sexa, que hai cámaras detrás desta persoa grabando a imaxe que está detrás dela, logo, esta imaxe pasa por unha computadora e esta dalle a señal a un proxector que está diante da persoa, que reproduce a imaxe na súa roupa. O resultado do experimento é sorprendente, xa que gracias ó dispositivo óptico incorporado á roupa, engañase ó cerebro dándolle a impresión de que a persoa objeto do experimento é transparente.
Esta técnica pódese aplicar a una escena real en movemento a través dun retrorreflector (conxunto de espellos que reflexan desde diversos ángulos nun espacio determinado).
É este retrorreflector o que, estratéxicamente situado, reunifica o mundo separado por un objeto material, ofrecendo á vista unha imaxe estereoscópica do “outro lado” que fabrica a engañosa ilusión de que ese obxeto material é transparente.

O propósito destos traballos sobre a realidade virtual consiste, por un lado, en desenrolar un dispositivo que permita a un observador tocar un obxeto virtual como se fose real. Para este traballo emprégase tamén a “visión cristalina”, moi adecuada para conseguir un efecto de “realidade aumentada”. Esta realidade aumentada é a que permite confundir, ou unificar, una escena virtual cunha real, e é a que pode conseguir que unha man real poida ser observada intervindo nun espacio dixital.
Pero a investigación do profesor Tachi está todavía nunha primeira fase. Nun futuro, permitirá a creación de obxetos camuflados casi transparentes e podríase aplicar a distintas áreas, como a medicina e a aviación. Pero ten tamén outros usos como por exemplo, os cirurxiáns poderían ver a través dos seus dedos e do instrumental mentras operan. No caso da aviación, os pilotos poderían facer transparentes os chans das cabinas.
Actualmente está en proceso a segunda fase deste novidoso e sorprendente efecto óptico. Pretende incorporar a esta tecnoloxía óptica, membranas nanotecnolóxicas. A membrana en cuestión, incorporará a tecnoloxía óptica necesaria para este efecto estereoscópico.
Aínda que este camuflaxe óptico é unha mellora dun proxecto anterior, quédalle moito por evolucionar, quen sabe se nun futuro lonxá patentarase este camuflaxe, e venderase nas tendas locais.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial