30 abril 2009

A RECICLAXE E OS SEUS DESPERDICIOS

Eva Limeres Riveiro

O reciclaxe trae consigo consecuencias positivas, xa que pode favorecer o medio ambiente, e polo tanto, beneficiar a nosa vida diaria. A natureza apórtanos moitos recursos, e se non coidamos e protexemos estas zonas naturais diminuirá a nosa calidade de vida. O que estamos facendo ó non reciclar é contaminar e malgastar de unha forma implacable ditos recursos, xerando vidro e residuos que son difíciles de eliminar. Cando se menciona a palabra reciclaxe a xente só pensa: que non é moi doado de facer. Pero se todo o mundo pensa iso estamos facéndolle un mal o medio ambiente e tamén a nos. Reducir unha soa lata o unha soa botella repercutira no mundo dos nosos fillos, xa que por exemplo tan só con reciclar unha lata de aluminio economizase enerxía para operar un televisor durante unhas 3 horas, ou como reciclar 5 botellas de plástico poden producir fibra para o recheo dunha chaqueta, estes entre outros. Se o desperdicio non se pode evitar quédanos a parte de reciclar, e pensaredes…,¿que podemos facer?

Pois e moi sinxelo:
- En primeiro lugar deberiamos facer unha reflexión de cómo queremos vivir e como queremos que sexa o mundo onde vivimos.
- Segundo, é convinte que reutilicemos todo o que nos poida ser útil.
- Terceiro, non debemos comprar compulsivamente, senón que debemos facelo pensando o que de verdade necesitamos.
- Cuarto, poderiamos recoller cadanseu lixo colocando por separado a materia orgánica, o papel, o vidro, etc., e así, mellorar o problema do reciclaxe e ademais obter beneficios para o medio no que vivimos.
Todos sabemos que reciclar é moi complicado, pero tamén sabemos que se un conxunto de persoas reciclan espéranos un futuro mellor para nós e para os nosos fillos. Algunhas persoas soen reciclar tan só residuos que lle parecen reutilazables, pero a verdade esta en que todos os productos son útiles aínda que non o parezan.

Para poder ter un entorno saudable e medio ambiente limpo debemos esforzarnos en xerar menos residuos, reciclar e reutilazar. Para conseguir que a xente se conciencie e recicle, unha primeira medida podería ser que nos envases dos productos aparecese o funcionamento de recollida selectiva de residuos. Nas mans de todos e de cada un esta conseguir este obxectivo denominado reciclaxe e así vivir nun mundo mellor. Debe ser un proxecto común, un animo de participación, de capacitación para o reciclaxe.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial