30 abril 2009

A videochamada nos teléfonos

Alba Rey Pazos

A videochamada, ou videoconferencia, é a comunicación simultánea de audio e video, permitindo manter reunións con grupos de persoas situadas en lugares alexados entre si.
A videoconferencia proporciona importantes beneficios como o traballo colaborativo entre persoas xeográficamente distantes e unha maior integración entre grupos de traballo.
Historia da videochamada:
En 1964 presentouse un prototipo de videoteléfono que podía transmitir video, e o seu coste era de máis de mil dólares un minuto. Nos anos 70 comenzou unha transición cara métodos de transmisión dixitais. A principios dos 80 utilizaron unha tecnoloxía coñecida como codificación da Transformada Discreta do Coseno ( DCT ). E a mediados dos 80 mellorou a tecnoloxía dos códecs e tamén se observou unha baixa dos costes. Nos anos 90 os equipos que se vendían eran máis lixeiros e reducidos. Agora, mercar un teléfono con videochamada non resulta moi caro.
A telefonía “3G” converteuse nunha importante liña de negocio para operadores e fabricantes. Dende un mesmo dispositivo o usuario pode acceder a innumerables funcionalidades, como a descarga de contidos de Internet, a videochamada ou a televisión.
¿Cómo funciona?
As videochamadas realízanse dunha forma similar as chamadas de voz. A única condición é que, tanto o emisor da chamada como o destinatario, teñan un dos terminales de terceira xeración.

Para mellorar a calidade da imaxen é importante:
+ Colocar o teléfono a uns 30 cm de ti, de modo que vexas na pantalla o teu rostro.
+ A luz ten que iluminar a túa cara sen deslumbrarte e non iluminar directamenta á camara.
+ O fondo no que te coloques debe de ser homoxéneo e claro.
+ A calidade de imaxe será moito mellor se non realizas movementos bruscos e mantés a conversación tal e como o farías habitualmente.

Normalmente o custo de establecemento da chamada é de 0.12€, e o coste da chamada é de 0.50€ por minuto.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial