30 abril 2009

ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA

Borja Lorenzo

Calcúlase que as reservas coñecidas e estimadas de petróleo e gas natural serán suficientes só para a primeira parte deste siglo considerando o actual ritmo de crecemento no seu uso, polo que tamén os prezos deben ir en aumento. Por outra parte , a explotación dos combustibles fósiles debe frearse con urxencia polas afectacións que orixina ao planeta. Por estas razóns , grandes cambios na infraestructura do sistema enerxético están chamados a recurrir nun futuro non tan lonxano, á enerxía solar fotovoltaica.


Os paneis solares están formados por celdas fotovoltaicas
, unhas células elaboradas a base de sicilio puro con adición de impurezas de certos elementos químicos, sendo capaces de xerar cada un de 2 a 4 Amperios, a unha voltaxe de 0’46 a 0’48 voltios.

Para aumentar a eficiencia e disminuír os custos, continúan as investigacións nas celdas de sicilio monocristalino nos seguintes aspectos:
- Pasivación da superficie con estabilidade mellorada e recombinación superficial
reducida.
- Reducción da resistencia mellorando a metalización.
- Emisores de avanzada.
- Proceso de fabricación para reducir custos.
- Estructuras sobre sustratos de menor calidade ou máis fracas.
- Obtención de sustratos de baixo custo con maior calidade.

Plantéase polo tanto unha labor de investigación básica orientada ao desarrollo de novos materiais semiconductores que sirvan de base para unha nova xeración de células solares fotovoltaicas de eficiencias amplamente superiores as dispoñibles actualmente no mercado. Paralelamente trabállase na mellora de dous productos clave para a industria fotovoltaica: o vidro que recubre os paneis fotovoltaicos e o copolímero etileno-acetato de vinilo
que se emprega como encapsulante.
O vidro que se emprega usualmente para os paneis fotovoltaicos é un vidro templado extraclaro, que alcanza transmisións de ata o 91%, de 3-4 mm de espesor e texturado para minimizar a reflexión da luz e favorecer a transmisión cara o material semiconductor. O encapsulante resulta, ademáis de opticamente transparente , estable a altas temperaturas e altas doses de radiación ultravioleta.
O obxectivo é incorporar ao vidro e ao encapsulante, principios activos de mellorar a resposta da célula a radiación incidente. Ademáis preténdese estudar o comportamento dos novos sistemas baixo concetración da luz solar. Dado que os procesos de transicións electrónicas involucrados son fortemente non lineais, espérase un importante aumento da eficiencia conseguida empregando a luz solar concetrada.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial