30 abril 2009

O AVANCE DOS ORDENADORES

Alba Rey Pazos

Un ordenador, ou computadora, é un dispositivo electrónico capaz de recibir un conxunto de instruccións e executalas realizando cálculos sobre os datos numéricos, ou ben compilando ou correlacionando outros tipos de información.
Ordenadores analóxicos e dixitais:
Os primeiros ordenadores analóxicos comezaron a construirse a principios do século XX. Os primeiros modelos realizaban os cálculos mediante eixes e engranaxes xiratorios.
Máis tarde, durante a II Guerra Mundial (1939-1945), un grupo de científicos e matemáticos crearon o primeiro ordenador dixital totalmente electrónico, chamado Colossus. En decembro de 1943 o Colossus xa era operativo. En 1939 xa construíran un prototipo de máquina electrónica. Este prototipo, e as investigacións posteriores realizáronse no anonimato, e máis tarde quedaron eclipsadas polo desenrrolo do Calculador e integrador numérico dixital electrónico (ENIAC)
en 1945. A finais da década de 1950 o uso do transistor nos ordenadores foi moito mellor, comparando co que podían facer as máquinas con válvulas, xa que os transistores consumían moita menos enerxía e tiñan unha vida útil e máis prolongada. O seu desenrrolo debeuse ao nacemento de máquinas máis perfeccionadas que foron chamadas ordenadores ou computadoras de segunda xeración.
A finais da década de 1960 apareceu o circuito integrado (CI). Isto permitiu unha posterior reducción do prezo, o tamaño e os porcentaxes de error.
O microprocesador convirteuse nunha realidade a mediados da década de 1970, coa introducción do circuito de integración a gran escala (LSI), e, máis tarde, co circuito de integración a maior escala (VLSI).
Evolución futura
:
As redes son grupos de computadoras interconectados mediante sistemas de comunicación. A rede pública internet é un exemplo de rede informática. As redes permiten que as computadoras conectadas intercambien rápidamente información.
Outra tendencia no desenrrolo de computadoras é o esforzo para crear computadoras de quinta xeración, capaces de resolver problemas complexos en formas que puideran chegar a considerarse creativas.
Unha forma de proceso paralelo que se está investigando é o uso de computadoras moleculares (mediante a “nanotecnoloxía”). Nestas computadoras, os símbolos lóxicos exprésanse por unidades químicas de ADN en vez de polo fluxo de electrones habituais nas computadoras correntes. As computadoras moleculares poderían chegar a resolver problemas complicados moito máis rápido que as actuais supercomputadoras e consumir moita menos enerxía.
As ventas de ordenadores persoais
crecerán este ano en España casi o dobre que a media europea. Todo apunta a que se venderán case cinco millóns de unidades.
Para o ano 2008, sen embargo, sí se espera que haxa unha reducción do crecemento, aínda que só sexa porque o tamaño do mercado español xa é moi importante na relación coa poboación. Os ordenadores pórtatiles
empuxan cun crecemento das ventas do 40% , habendo modelos por menos de 600 euros.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial