30 abril 2009

A ENERXÍA XEOTÉRMICA

Mireia García

A enerxía xeotérmica é unha fonte de enerxía renovable ligada a volcáns, géiseres, augas termais e zonas tectónicas xeolóxicamente recentes, é dicir, con actividade nos últimos dez ou vinte mil anos na codia terrestre. Para poder obter esta enerxía é necesaria a presenza de xacementos de auga quente preto de esas zonas. O solo perfórase e extráese líquido, que sairá en forma de en forma de vapor se a súa temperatura é suficientemente alta e poderase aproveitar para accionar unha turbina que coa súa rotación move un xerador que produce enerxía eléctrica. A auga xeotérmica utilizada devólvese posteriormente ao pozo, mediante un proceso de inxección, para ser requentada, manter a presión e sustentar a reserva. Entre 1995 e 2002 a potencia xeotérmica instalada no mundo creceu de maneira continua, pasando de 6.837 a 8.356 megavatios, o que representa un aumento dun 22,3%.

Dependendo da temperatura á que sae a auga, pódense distinguir dous tipos de campos xeotérmicos:
·Enerxía xeotérmica de alta temperatura, que existe en zonas activas da codia terrestre, a súa temperatura está comprometida entre 150 e 400 graos centígrados e prodúcese vapor na superficie. Un campo xeotérmico debe constar dun teito composto por rochas impermeables, un depósito ou por un acuífero (este último de permeabilidade elevada, entre 300 e 2.000 metros de profundidade) e de rochas fracturadas para que permitan unha circulación de fluídos. A explotación dun campo de estas características faise mediante perforacións con técnicas case idénticas ás da extracción do petróleo.
·Enerxía xeotérmica de temperatura media, os fluídos dos acuíferos están a temperaturas menos elevadas, entre 70 e 150 graos centígrados. A conversión vapor-electricidade realízase cun menor rendemento e as pequenas centrais eléctricas poden explotar estes recursos. A enerxía xeotérmica de baixa temperatura é aproveitable en zonas máis amplias que as anteriores, por exemplo, en todas as concas sedimentarias.
·Enerxía xeotérmica de baixa temperatura, os fluídos quentan a temperaturas comprendidas entre 20 e 60 graos centígrados. Esta enerxía utilízase para necesidades domésticas, urbanas ou agrícolas. No mundo existen varias experiencias notables en este sentido en Italia, Nova Zelandia e Canadá, lugares nos que a enerxía xeotérmica apoia o consumo tradicional.
-As principais áreas xeolóxicas, ou tamén chamadas zonas quentes, son as áreas que bordean o Océano Pacífico: Os Andes de Sudamérica, México, Xapón, Canadá, Alaska, Rusia, Indonesia, Filipinas e Nova Zalandia. Respecto a España, Almería destaca polas súas numerosas zonas de elevado gradiente xeotérmico positivo, é dicir, propicias para instalar plantas xeotérmicas, aínda que polo momento o único uso que se explotou nesta provincia é de balnoterapia. Na illa canaria da Palma, estúdase tamén a posibilidade de instalar unha planta xeotérmica.

-Vantaxes da enerxía xeotérmica:
·O seu custe é moi baixo e non implica ningún risco.
·O fluxo de produción de enerxía é constante ao longo do ano.
·Non depende das variacións estacionais como a chuvia, os caudais dos ríos, etc…
·É o complemento ideal para as plantas hidroeléctricas.
·É unha fonte que evitaría a moitos países a dependencia enerxética do exterior.
·Os residuos que produce son mínimos e ocasionan menor impacto ambiental
que os orixinados polo petróleo, carbón…

-Inconvenientes da enerxía xeotérmica:
·Emite ácido sulfhídrico e de CO2.
·Posibilidade de contaminación de augas próximas con sustancias como arsénico, amoníaco…
·Contaminación térmica

·Deterioro do paisaxe.
·Non se pode transportar.

En Galicia, estase a investigar sobre a posibilidade de poder tratar con industrias xeotérmicas, de momento hai dúas liñas de investigación a seguir, unha liña xeotérmica, para estudar as capacidades para producir enerxía térmica dos solos de Galiza, e outra xeofísica, para a caracterización dos materiais que os compoñen.·A primeira liña baséase no estudo da condutividade térmica dos solos de Galiza. Mídense a temperatura e a condutividade térmica do solo. A finalidade é o uso da enerxía xeotérmica en instalacións de calefacción, aire acondicionado ou ambos.·A segunda liña permite unha caracterización do solo polo comportamento dos seus materiais, a partir da realización de perforacións. A recollida de datos permitirá a interpretación litolóxica dos materiais afectados pola perforación, obtendo información da súa densidade, porosidade, radioactividade, espesor e presenza de fluídos.
Segundo os responsables do proxecto, tanto en Galiza como no conxunto do Estado, non existen precedentes dunha investigación xeotérmica destas características, “polo que Galiza encabezaría a investigación na tecnoloxía de instalacións xeotérmicas”. O interese do estudo radica, como indican os investigadores, “na posibilidade de que as instalacións de calefacción se alimenten con enerxías renovables”, sendo a xeotermia “unha das posibilidades máis importantes para Galiza debido á súa xeoloxía e ao seu clima”.
O CTE
, estableceu en España moitas leis para que se reducise o consumo de enerxía, as instalacións de paneis fotovoltaicos e sistemas renovables. En Inglaterra, por exemplo, instaláronse case 2016 de enerxía cero, o que quere dicir que non podían cubrir todas as súas necesidades enerxéticas.
Unha das tecnoloxías máis importantes para o aproveitamento desta enerxía é a bomba de calor xeotérmica
ou bomba para calor de fonte terrestre, que aproveita a enerxía térmica almacenada entre cincuenta e trescentos metros de profundidade da codia terrestre, para producir calefacción no inverno e aire acondicionado no verán consumindo ao redor dun 70% menos ca unha instalación convencional de combustible fósil como o gasóleo.·O estudo é necesario, segundo afirma a empresa Ingeo, para coñecer as características que deben ter as perforacións nas que se instalen os captadores de enerxía no subsolo.

Etiquetas:

1 Comentários:

Às 3:52 da tarde, janeiro 13, 2014 , Anonymous Anónimo disse...

Grazas, moi amable , axudoue moito no traballo que tiña que facer .

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial